"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • Rama da paleontoloxía que estudia certos fósiles comparándoos con organismos vivos semellantes, observables na actualidade, dos que se analiza a influencia sobre o contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1973. Desenvolveu diversos traballos de investigación arqueolóxica aproveitando a súa experiencia en escavacións e os diferentes cargos como directora do Museo Arqueolóxico de Valladolid e do Museo das Peregrinacións de Santiago. Dende 1983 actúa como directora dos Museos Estatais. O seu labor está orientado cara ao tratamento, á investigación e á exposición dos fondos arqueolóxicos. Publicou numerosos traballos entre os que destacan: Esculturas militares romanas de España y Portugal I. Las esculturas thoracatas (1975); Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Galicia Baixorromana (1983) e Financiación y patrocinio del Patrimonio histórico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos da clase dos trilobites, integrada por especies de pequenas dimensións, duns 8 mm, característicos do Cámbrico medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno, fillo dun inmigrante italiano. En 1920 chega á presidencia como candidato da Alianza Liberal, opoñente da coalición das dereitas. Tentou unha serie de reformas, pero as cámaras, controladas polos conservadores, impedíronlle toda actuación coherente, dificultada ademais pola inestabilidade do goberno, a crise económica e as reivindicacións obreiras. En 1924 un comité militar fíxose cargo do poder. Alessandri exiliouse en Europa, pero pouco tempo despois un novo golpe militar de tendencia liberal devolveuno á presidencia (marzo de 1925) o que lle permitiu a aprobación dunha nova constitución presidencialista e laica (agosto de 1925). Alessandri demitiu en outubro do mesmo ano. Despois da denominada república socialista (1931), foi elixido de novo presidente nunha coalición de concentración nacional (1932-1938). Neste mandato creou a milicia republicana (1933) e puxo fin á lexislación social instaurada no decenio 1920-1930 (leis do salario vital e de medicina preventiva)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nicea 1258 - Constantinopla 1332) Emperador de Bizancio (1282-1328). Fillo de Miguel VIII. Asociado ao imperio polo seu pai, tomou ao seu servizo a Compañía Catalana de Roger de Flor contra os turcos ( almogáver). Anexionou a rexión de Valaquia (1318) e protexeu a colonia xenovesa contra Venecia. Desfixo a unión con Roma (Lión 1274) e depuxo ao seu partidario, o Patriarca de Constantinopla Xoán XI. Despois da guerra civil que mantivo co seu neto Andrónico III, foi vencido e deposto (1328).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1328-1341). Fillo de Miguel IX, morto no 1320. Deposto do seu dereito á sucesión pola morte do seu irmán Miguel, orixinouse unha guerra civil (1321) que rematou coa abdicación do seu avó Andrónico II (1328). Entregou o goberno a Xoán VI Cantacuceno. Durante o seu reinado proseguiu o avance dos turcos e serbios, pero logrou restablecer a autoridade bizantina sobre Quíos e Lesbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1376-1379). Destituíu ao seu pai Xoán V e gobernou ata que este recuperou o trono (1379).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio situado entre o corredor e un palco do teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para previr a gripe ou para combater os seus síntomas.

      1. tratamento antigripal

        Os medicamentos que hai actualmente no mercado actúan para paliar ou diminuír os síntomas da gripe: calafríos, febre, dor de cabeza e muscular, irritación das vías respiratorias, fatiga, etc, e permitir que o paciente poida continuar facendo vida normal mentres a infección non desaparece. O tratamento habitual nos casos leves é o repouso na cama nun cuarto temperado e con boa ventilación. Para aliviar as dores e reducir a febre poden administrarse analxésicos e en casos máis graves utilízanse antibióticos para combater as infeccións bacterianas secundarias.

      2. vacina antigripal

        Tipo de vacina que contén cepas mortas dos virus da gripe tipos A e B máis frecuentes. Ofrece tan só entre un 60% e un 70% de protección e ademais a inmunidade que se adquire é de curta duración, o que fai necesario efectuar unha nova vacinación cada ano, xusto antes de comezar a tempada de gripe. A vacina antrigripal recoméndase soamente a anciáns e persoas que padecen enfermidades respiratorias ou circulatorias e aqueloutras que están frecuentemente expostas ao seu contaxio (grupos de risco).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita ou combate o paludismo ou a malaria.

    2. Medicamento ou axente que combate o paludismo. O tratamento inclúe dous tipos de fármacos: os esquizonticidas sanguíneos, que actúan sobre o parasito no interior dos eritrocitos, e os esquizonticidas hísticos, que destrúen o parasito no interior dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.

    2. Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concertar un trato ou negocio de palabra, acordar verbalmente.

    2. Obrigarse, comprometerse baixo palabra para un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Apalaches.

    2. Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de dobramento de América do Norte, aproximadamente paralelo ao litoral NL. Vai desde a península de Gaspé e Nova Brunsvic, no Canadá, ata as chairas do S-L de Alabama, nos EE UU (máis de 2.600 km de lonxitude e 200-300 km de anchura). O sistema montañoso pode dividirse en tres partes: A zona setentrional vai desde Terranova ata o río Hudson e inclúe as montañas de Shieckshock, de Notre-Dame, as White Mountains de Nova Hampshire e as Green Mountains de Vermont. A zona central comprende a rexión do Great Valley, os altiplanos de Allegheny de Nova York, o oeste de Pensilvania e de Virxinia e unha gran parte do Blue Ridge. A zona meridional está formada por unha grande extensión da plataforma de Piedmont. O pico máis elevado dos Apalaches é o Mitchell (2.037 m). As rochas que a compoñen son esencialmente de dous tipos: ígneas (granitos) e sedimentarias do Paleozoico, ás veces fortemente metamorforseadas por intrusións graníticas, con representación de todos os pisos dende o Cámbrico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda de sentido vibratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actuar ou comportarse coma un pallaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar en montóns ou palleiros a herba seca ou a palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De aspecto ou textura semellante aos da palla.

    VER O DETALLE DO TERMO