"Perón" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Caperucha aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que ten a cabeza cuberta por un chaperón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gres de cemento silíceo ou arxiloso empregado na construción ou en pedras de afiar.

    2. Pedra grande para afiar, especialmente a empregada en carpintería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barión de estrañeza non nula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación semántica que se establece entre un termo máis xeral e o seu correspondente de sentido máis específico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao termo que ten o significado máis xeral nunha relación de hiperonimia. Por exemplo, animal é un hiperónimo respecto de paxaro, recipiente de bote, músico de gaiteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política arxentina. Coñecida como Isabelita, en 1961 casou en Madrid con J. D. Perón. En 1973, cando este recuperou a presidencia de Arxentina, foi nomeada vicepresidenta (1973) e presidenta trala morte do seu marido en 1974, cargo que ocupou ata 1976, por mor dun golpe de estado militar. Exiliouse a España en 1981 e coa volta da democracia a Arxentina mantivo a presidencia dos peronistas ata 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade xenética que contén un certo número de xenes estruturais (responsables da síntese ordenada de enzimas de función relacionada), un operador que os activa e ás veces un represor. É o responsable de regular a síntese dunha fibra longa e continua de ARN mensaxeiro, de xeito que se sintetizan todos os enzimas necesarios para o sistema ou non se sintetiza ningún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sil que nace e desemboca na parroquia de San Xusto (Carballeda de Valdeorras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Dirixente do Grupo de Oficiales Unidos, foi un dos organizadores do golpe de estado de 1943, favorable ás potencias do Eixe. Pasou dun neutralismo militar a un conservadorismo fascista que desembocou nun populismo nacionalista prooccidental (1945). En 1945 converteuse en vicepresidente e ministro de Guerra, e en 1946 gañou as eleccións á presidencia de Arxentina. Instaurou un réxime ditatorial de corte populista asentado no Partido Único de la Revolución. Foi reelixido en 1951, pero a morte da súa muller, Eva Duarte, a corrupción e a crise económica (1953-1955) derivaron na súa destitución (1955) e exilio en Madrid. En 1973 os peronistas volveron gañar as eleccións e Perón volveu a Arxentina, pero esta segunda etapa presidencial foi curta e ineficaz. En 1961 casara con María Estela Martínez de Perón, quen á súa morte o sucedeu na presidencia, ata que foi derrocada polo golpe de estado militar de marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óso dos vertebrados terrestres situado na parte externa do segundo segmento das extremidades posteriores, ao lado da tibia, que ocupa a parte interna. É un óso fino que representa sobre todo unha zona de inserción muscular, xa que a función de aguantar a extremidade lle corresponde á tibia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao peroné.

    2. Que está próximo ao peroné.

    3. Músculo que está situado nas extremidades posteriores do corpo e que ten como funcións a eversión e flexión do pé. Existe o músculo peroneo anterior, o músculo peroneo lateral longo e o músculo peroneo lateral curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e guionista de cómics. Coñecido como Perogatt, creou guións imaxinativos para os seus propios debuxos. Ilustrou o libro Le avventure di Pulcinella (1947) e, en 1948, comezou a colaborar en Il Giomalino. Na revista L’Aspirante iniciou a serie Lillo, Lallo, Lello e en 1951 apareceron as súas viñetas cos personaxes Leo e Poldo, Gambalesta e Gervasio. En 1960 publicou a serie fantástica Sand e Zeos, en 1969 fundou a revista Tilt e en 1971, para o Corriere dei Picoli, creou o personaxe Gianconiglio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento socio-político instaurado polo presidente Juan Domingo Perón en Arxentina tras a súa vitoria electoral en 1946. Creou un corpo de leis laborais e sociais moi avanzadas que lle proporcionou un grande apoio da xente e permitiulle organizar un movemento popular que pretendía ser equidistante entre o capitalismo e o comunismo. Coa destitución de Perón (1955) o peronismo continuou como forza, pero aliado a sectores burgueses. Durante a ditadura militar (1966-1973) o movemento dividiuse en múltiples correntes internas. En 1973, co triunfo peronista nas dúas eleccións presidencias, Perón retornou do seu exilio en Madrid, pero a súa rápida morte (1974) entregoulle o poder aos seus seguidores máis reaccionarios e corruptos. Despois da nova ditadura militar (1976-1983), dividido e desprestixiado, o peronismo perdeu as eleccións de 1983 ante a Unión Cívica Radical (UCR) e escindiuse. En plena recuperación, o peronismo derrotou ao UCR nas eleccións lexislativas (1988) e dous anos despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Perón e ao peronismo.

    2. Partidario de Perón e do peronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos peronosporais.

    2. Fungo da orde dos peronosporais.

    3. Orde de oomicetos constituída por fungos xeralmente parasitos de plantas, de reprodución sexual oógama, con anteridios que forman tubos copuladores cara aos oogonios, e de reprodución asexual mediante zoósporas ou conidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido aromático bicíclico, de olor agradable a flores, particularmente de heliótropo. Emprégase en medicina e en perfumaría como aromatizante e na composición de bronceadores.

    VER O DETALLE DO TERMO