"Rey" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Palencia, Castela e León, na beira do río Pisuerga (1.334 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.240 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereal, oliveira, vide) e gando lanar. Pertenceu á Orde de Calatrava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formado no taller paterno, aproxímase á tradición da imaxinería popular en Galicia cunha técnica e un estilo relacionados co escultor Asorey. Participou en diversas exposicións e obtivo unha bolsa pola Deputación da Coruña en Roma para ampliar estudios. Entre 1956 e 1967 foi profesor de modelado na Escola de Artes e Oficios de Santiago, á que se incorporaría logo dunha pequena paréntese dous anos despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e estudoso de temas lingüísticos e filolóxicos na Arxentina. No 1896 propúxolle ao goberno deste país a elaboracion dun texto oficial que solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa idea foi aprobada dous anos máis tarde mediante a convocatoria dun concurso co fin de escoller eses textos básicos de ensino. Formou parte da Xunta Protectora da Academia Galega, fundada no 1906, e defendeu a creación dun idioma universal. Escribiu diversas obras e artigos relacionados con cuestións lingüísticas como: Ortografía, Fonética. Justificación de la usual española (1896) ou Correspondencia sobre cuestiones gramaticales (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de aluminio, magnesio, silício e ferro, de gran condutividade, utilizada na fabricación de cables telefónicos e de alta tensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eséxeta franciscano. Colaborador nas revistas madrileñas Verdad y Vida e El Universo. Da súa produción literaria destacaVida popular de San Francisco e Estudiando a Jesús. EmManuel. Jesucristo Mesías e Hijo de Dios. Su mensaje. Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Remata os seus estudios na Escola de Arquitectura de Madrid no ano 1932 e a partir de aí inicia unha carreira que o converterá nun dos modernizadores da arquitectura galega da posguerra civil. Gracias ás súas viaxes por Hispanoamérica e Europa, entrará en contacto co racionalismo da Bauhaus ou coas experiencias sudamericanas dos anos corenta e cincuenta. Na súa obra mestúrase a introdución de elementos e proxectos renovadores co eclecticismo da realidade arquitectónica galega. Desenvolve a súa actividade no Ourense dos anos cincuenta e sesenta. Obras como a Granxa de Valverde (Allariz, 1965) ou a emblemática Torre de Ourense, marcaron a construción galega destes anos. Ademais, Álex Reylén compaxinou a súa faceta creativa coa presidencia da Deputación de Ourense, desde onde impulsou a renovación da arquitectura institucional, e do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial entre os anos 1950 e 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eugène Bonaventure Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal británico e barón de Amherst. Xefe das forzas británicas en Canadá, rematou a súa conquista coa toma de Louisbourg (1758) e de Montreal (1760). Foi Gobernador xeral deste país e, xa en Gran Bretaña (1763), Comandante en xefe do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa portuguesa. O seu primeiro libro foi Poesia (1944), ao que seguiron Dia do mar (1957), Coral (1950), Mar Novo (1958), O Cristo cigano (1961) e O nome das coisas (1977), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi Catedrático de Obstetricia, decano da Facultade de Medicina de Santiago e estudoso do saber filosófico. Publicou: Estudios de filosofía médica o Crítica de todas sus doctrinas y exposición de los dogmas hipocráticos considerados como elementos fundamentales de la ciencia y base firme de su certidumbre, reconstitución, progresos y perfeccionamiento (1861), verdadeira defensa de Hipócrates e do Hipocratismo en resposta ao discurso inaugural realizado por Pedro Mata na Academia de Medicina e Cirurxía de Castela a Nova en 1859; Instrución popular contra el cólera-morbo-asiático (1865), onde analiza esta enfermidade así como o seu posible tratamento e prevención; e Memoria presentada al Claustro de la Facultad de Medicina por su decano el Dr. D..., sobre las bases en que han de establecerse las relaciones de las salas de enseñanza con las generales del Hospital, declarado recientemente provincial (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Divulgador científico, novelista, dramaturgo e guionista cinematográfico. Nos anos trinta participou en movementos sociais que o levaron a reflexionar sobre as relacións raciais en EE UU, reflectidas na súa obra Jeb (1946); así mesmo, comezou a traballar como guionista en Hollywood en 1938. Entre as súas obras como guionista cómpre salientar The four horsemen of the Apocalipse (Os catro xinetes do apocalipse, 1961) e Khartoum (1966). Gracias aos seus estudios científicos axiña principiou a súa tarefa de difusión da etoloxía, polo que se inclúe no grupo de “etólogos populares” xunto con Morris, Fox, etc. Entre as súas obras cómpre destacar African genesis (Xénese africana, 1961), The territorial imperative (Imperativo territorial, 1967), The social contract (O contrato social, 1970) e The hunting hypothesis (A hipótese do cazador, 1976), nas que expuso a súa polémica teoría de que o home é de xeito innato unha criatura agresiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na Tierra de Alhama (2.065 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Aos 14 anos trasladouse a Barcelona, alí estudiou no colexio dos Salesianos de Sarriá onde se iniciou como escultor á sombra do Novecentismo. En 1916 marchou para Barakaldo coa intención de traballar como mestre de debuxo no Colexio dos Salesianos. En 1917 foi a Madrid por mor do servizo militar. Ao longo deste período formativo entrou en contacto coa obra de Rodin e Bourdelle, tendo ademais a oportunidade de participar nos movementos renovadores de Catalunya e Madrid, e no espertar dunha nova sensibilidade que o encamiñou cara á estética medieval, reafirmada coa súa volta a Galicia en 1918 -logo de gañar a praza de escultor anatómico da Universidade de Santiago de Compostela-, onde descubriu o Románico compostelán. Ata a súa chegada a Santiago de Compostela a súa obra segue unhas reminiscencias decimonónicas e rodinianas, manifestando certa preferencia polas formas esvaídas e polas materias brandas, coas que modelou as súas primeiras obras; sen embargo, a súa escultura é claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos. Foi xefe da construtora Eman, director técnico na fábrica de prefrabricados Bein, director técnico do estudo de arquitectura e enxeñería Aricsa e secretario do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia. É profesor titular de Cálculo Estrutural na Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña, profesor de Ampliación de Física na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e enxeñeiro municipal do concello de Oleiros. Realizou obras no xardín de Santa Cristina, a urbanización P P 5 3 en Santa Cruz, o cuartel da Policía Municipal, o adro de Santa Eulalia de Liáns, a nova lonxa de peixe da Coruña, o proxecto das oficinas de Acopesca e o deseño dun panel de formigón aparafusado á cimentación que soporta empuxes de graneis de ata 4.000 m de altura. Elaborou o inventario de pontes antigas para a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta, estudios sobre o Camiño Portugués a Santiago e artigos sobre temas de enxeñería histórica. Entre os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anticuario. Foi un dos máis famosos anticuarios do século XVII e traballou principalmente na zona de Wiltshire. Confeccionou as primeiras descricións de Stonehenge e Avebury, e sostivo a idea de que eses monumentos prehistóricos podían ser templos druídicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Cantabria, situado á esquerda da ría de Allo e drenado polos ríos Solorzano e Solorga (1.704 h [1996]). A súa capital é Allo. Turismo e pesca son as súas actividades principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante inglés de formación autodidacta. Iniciou a súa andaina pictórica inspirándose nos renacentistas italianos, no prerrafaelismo, na estampa xaponesa e na pintura de cerámica grega, creando un estilo característico do decadentismo inglés. Nas ilustracións para Salomé (1894), de O. Wilde, acadou o seu estilo típico. Trazados cunha precisión depurada, evitando os sombreados a fin de adecualos ás posibilidades da tipografía, os seus debuxos eran dun erotismo refinado e corrosivo. O elemento decorativo das súas obras tórnase luxurioso en The rape of the lock (Forzar a fechadura, 1896), de Pope, e Volpone (1897-1898), de Ben Jonson, e pornográfico en Lisístrata (1896), de Aristófanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hispanista inglés. Formouse na Universidade de Oxford, e exerceu o cargo de asistente bibliotecario no British Museum (1905-1908). Despois dunha longa estancia na Península Ibérica, fixou a súa residencia en Portugal, país no que viviu ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Establecido na Península Ibérica foi correspondente do Morning Post e crítico literario en The Times Literary Supplement. Investigou especialmente as literaturas española e portuguesa: Fray Luís de León, Cervantes, Gracián, Fernão Lopes, Camões e Gil Vicente figuran entre os autores que estudiou. Destacan os estudios monográficos e as traducións das obras dalgúns deles publicadas en Lyrics of Gil Vicente (Poesías de Gil Vicente, 1914, 1921, 1925), Lyrics of Luis de León (Poesías de Luís de León, 1928), The Ship of Hell de Gil Vicente (O buque do Inferno de Gil Vicente, 1929). A súa importancia para a cultura galega vén dada por centrar a súa investigación no eido da lírica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que establece que unha fonte luminosa relucente, de luminescencia L feble, con escintileos dunha duración t moi curta e dunha frecuencia pequena, determina sobre o ollo o mesmo efecto ca unha fonte luminosa constante de luminescencia aparente La=Lt/(t+t0), onde t0~0,2 s.

    VER O DETALLE DO TERMO