"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Médico. Exerceu dende 1859 nos balnearios de Arteixo e posteriormente no de Caldas de Besaya. Publicou a novela curta Una temporada en el más bello de los planetas (1870), baixo o pseudónimo de Tirso Arguimena de Vaca. Presentou algúns estudios sobre o sistema nervioso nas publicacións madrileñas El Siglo Médico e Boletín de Medicina, Cirugía y Farmacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo profesional e coordinador de exposicións no Museo de Pontevedra. Participou nos proxectos O mar da memoria da Consellería de Pesca e Historias con data da TVG. Obtivo o premio “Foto Profesional” (1979) e bolsas da fundación Barrié de la Maza e da Consellería de Cultura. Entre as súas obras destacan: Imaxes do patrimono arquitectónico desaparecido e As imaxes do traxe en Galicia, xunto cos libros Pintos, unha vida na fotografía e Impresions dans le Galice des années 30 (Impresións na Galicia dos anos 30).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta, durante corenta anos exerceu humildemente o oficio de porteiro do seu convento mallorquino. A lenda atribúelle que recibiu unha zorrichada de sangue do seu propio corazón, apertado por Cristo e a Virxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso Rodrígues .
-
PERSOEIRO
Político, enxeñeiro e home de negocios, fillo de Arturo Alessandri Palma. Gañou as eleccións presidenciais de 1958. En 1964 foi substituído por Eduardo Frei. Actuou como vicepresidente do Banco de Sudamérica e como director e accionista dunha rede de fábricas de papel e de refinerías de azucre; colaborou coa ditadura do Xeneral Pinochet cando era presidente do Consello de Estado ata que demitiu (1976-1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Titulado pola Escola de Enxeñería Técnica de Ferrol, licenciado en Xornalismo e en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid, ten unha longa traxectoria como autor, adaptador e director de escena. Iniciou esta carreira artística en Madrid, onde creou o grupo Teatro Zoo. De volta en Galicia, fundou Andrómena (1979), participou na creación de Teatro do Estaribel (1980-1981), puxo en marcha o Centro Dramático Galego (1994-1995) e creou, finalmente, Producións do Noroeste (1986-1991) e Teatro do Noroeste (1991).
VER O DETALLE DO TERMO
Autor de textos dramáticos, moitos deles en castelán e orientados ao público infantil e dalgún inédito en lingua galega, realizou numerosas adaptacións de textos clásicos, unhas veces en compañía de Cándido Pazó (As vodas de Fígaro, de Carón de Beaumarchais, ou Rei Lear, de William Shakespeare)... -
GALICIA
Poeta, escritor, publicista e estudoso da cultura galega. Logo de estudar bacharelato en Tui e Vigo publica no 1950 o seu primeiro libro Cantos de Cotovía, poemario en castelán e no mesmo ano emigra a Bos Aires, inciando a súa andaina como escritor e xornalista vencellado aos círculos galeguistas. Na emigración fundou a revista Mundo gallego e dirixiu Airiños do Carballiño, órgano da Casa de Galicia en Bos Aires, na década dos cincuenta. Desenvolveu o labor de articulista para xornais da Arxentina, Galicia, Montevideo, Madrid e O Brasil, obtendo en Bos Aires varios premios xornalísticos e o Premio Minerva polos seus poemas. Foi tamén corresponsal de El Hogar nas provincias arxentinas e traballou como redactor en La Prensa, ademais de colaborar en case todos os xornais rioplatenses, ao tempo que enviaba ao vigués El Pueblo Gallego as súas crónicas “Aquí Buenos Aires”. De volta a Galicia en 1958, colabora en Faro de Vigo, Industrias...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. Profesor de Historia da Música, Historia da Arte, Estética Musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid (1987-1988). Como compositor estreou as obras Monodias mélicas, para viola e piano (1993); El sueño de una noche de verano, obra para orquestra (1996); Suite para piano (1996) e a musicalización do conto infantil Os paxaros cantores (1997). Outras obras da súa autoría son La leyenda de Azalequia y Nirostán, para piano (1981); Tres canciones sobre poemas de F.G. Lorca y una canción popular, para soprano e piano (1985); Nocturnos para once instrumentos (1987); Danza báquica y sentimental, para piano (1991); El cuerpo y el alma, para barítono e piano (1993); Sinfonietta en fa, para orquestra (1998). Pertence á Asociación Galega de Compositores dende 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou Arrendamientos rústicos según el Tribunal Supremo. Jurisprudencia de las leyes de 15 de marzo de 1935 y 28 de junio de 1940 e, en colaboración con Faustino Rodríguez Penas, Arrendamientos rústicos. Jurisprudencia. Enero 1946 febrero 1947 (1947).
-
PERSOEIRO
Mestre. Exerceu como mestre en distintos lugares de Ourense. Foi un destacado membro da ATEO que no 1936 participou no primeiro Congreso Rexional de Galicia organizado pola Federación de Traballadores do Ensino, sección local de Vigo. Neste congreso presentou un relatorio con Xosé Meis Martínez e Roberto Panero sobre un proxecto para a organización do ensino público en réxime socialista (“Bases para una Ley de Instrución Pública”). Participou das vangardas pedagóxicas e colaborou en La República. Cando exercía como mestre en Amoeiro foi fusilado co triunfo do golpe militar de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid. Foi vicerrector adxunto da Universidad Internacional Menendez y Pelayo na Coruña e director de Cooperación Económica do Instituto de Cooperación Iberoamericana. Participou na organización das mostras colectivas de creación galega en Santander, no marco da Universidad Internacional Menéndez y Pelayo co título Fuerzas atroces del noroeste e en Bos Aires con Galegos somos nós. Escribiu, entre outras obras: Efecto de la adhesión de España a la CEE, Características y estrategias de la empresa exportadora española frente a Iberoamérica y la CEE e El sector exteriror.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e líder agrarista. Estudiou o bacharelato en Ourense. Posteriormente ingresou no Seminario Conciliar de San Fernando, onde foi ordenado sacerdote. Pouco despois principiou unha intensa actividade pública, colaborando en múltiples xornais como La Nueva Época, El Eco de Orense ou La Galerna. Foi alentador do ourensán Círculo Católico de Obreiros. Exerceu por primeira vez como abade rural en Parada de Laviote (O Irixo) onde no 1904 escribiu o seu primeiro folleto independente El cura rural. No 1907 marchou a Madrid para se establecer como capelán do marqués de Urquijo. Alí vencellouse aos círculos galeguistas, colaborando nas actividades do Centro Galego e coa revista Galicia, que dirixiu a partir do 1908. Publicou unha colección de contos titulados Por los agros celtas (1907). Xunto con Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, Luís Antón de Olmet, Prudencio Canitrot e outros fundou o movemento Acción Gallega, que dende 1910...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi presbítero e profesor de latín no Seminario de Santiago de Compostela. Interveu na polémica que no s XIX enfrontou os defensores da evolución cos da creación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborou na prensa local ferrolá (El Correo Gallego e Diario Ferrolano) e americana; así mesmo, foi fundador dos semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco. En castelán escribiu as novelas Sorpresa amorosa (1902), Misterios del lupanar (1906) e El santiño (1911). Como dramaturgo escribiu a peza titulada Un viaje por Ferrol (1901) e propuxo unha renovación da escena na obra titulada El Hombre-Galicia. Poesía. Música. Pintura. Cantos. Declamación. Arte de nuestra Tierra (1912). Dentro da poesía destaca o seu poema en galego titulado “A carta do quintorro”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico, especializado en tecnoloxía de audio. Cursou estudios na Rutgers University (Universidade do Estado de Jersey) e no Institute of Audio Research (NYU). Exerce o cargo de director adxunto de CTV SA, compañía produtora de televisión en Compostela. Director e realizador de programas de televisión, especialmente para a TVG, documentais e espots publicitarios. Entre os programas realizados ou dirixidos destacan: Galicia inédita, Gran Casino, O xogo da Reoca, Supermartes e Ban ban club.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, dramaturgo e director teatral. Correspondente en África do xornal El País e subdirector da revista Teatra. Comezou a súa andaina no mundo da escena co grupo Ditea de Compostela, co que participou en diversas producións. Dende 1987 é director da compañía de teatro Koyaanisqatsi coa que estreou todas as súas pezas dramáticas, entre as que destacan Carmencita jugando, La balsa de La Medusa, El alma de los objectos (Premio Ojo Crítico), Cabaret de la Memoria (1987), Sin Maldita Esperanza e La edad de oro de los perros (1989). En lingua galega publicou O tempo e as palabras, Unha película do país, A praia do Bob Wilson, Carmiña xogando (1997), Pita velenosa, porta dos azares (2002), Haikús da Costa da Morte (2007), TSC....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, político e pintor. Foi catedrático de Anatomía Artística na Escola de Belas Artes de Barcelona. Publicou Anatomía y Fisiología para uso de los Artistas (1906-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Barítono. Iniciou na Coruña a súa formación e continuouna na Escuela Superior de Canto de Madrid (1984). Bolseiro pola ACSE, asistiu ao primeiro curso de Interpretación da Música Contemporánea onde traballou as técnicas vocais de vangarda. Ofreceu o seu primeiro recital acompañado ao piano por Maximino Zumalave (1983). A partir de 1986 realiza gravacións para Radio Nacional de España, Radio 2 e TVE. Ademais de participar nas temporadas de ópera (Madrid, A Coruña, Oviedo, entre outras), xunto a figuras da lírica mundial como Alfredo Kraus, Renata Scotto, Teresa Berganza ou Plácido Domingo, interpretou o papel protagonista na estrea da ópera El Secreto Enamorado, de Manuel Balboa e Ana Rossetti (1993) e foi solista no Concerto de Fin de Ano da Orquestra Sinfónica de Galicia (1998). En 1999, baixo a dirección de James Ross, interpretou os Rückert Lieder de Gustav Mahler.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e crítico musical. Como crítico, centrou a súa investigación no teatro musical de Occidente e na historia da música española e galega, tema sobre o que publicou a obra 150 anos de música galega (1979), en colaboración con X. M. Carreira. Como compositor, desenvolveu a súa actividade tanto na música de concerto como na escénica e cinematográfica. A súa obra instrumental foi dirixida por mestres de sona internacional, como Helmut Rilling, José Luis Temes ou Maximino Zumalave. Recibiu o Premio Fundación Guerrero pola ópera de cámara Romeo o la memoria del viento (1988), baseada en textos propios e de Álvaro Cunqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa produción cómpre sinalar: Invención del día (1990), para piano e orquestra de corda; Dous poemas dramáticos (1992), para soprano e piano, con textos...