"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autor de principios do s XX que deu ao prelo Carta abierta al Sr. D. Manuel Murguía impugnando la fundación de la Academia del dialecto gallego, y dedicada al Sr. Martín Echegaray (Bos Aires, 1907); Carta abierta del innominado Santiago Abella al esclarecido académico y secretario de la Real Gallega don Eugenio Carré Aldao impugnando su fundación y objetándole su discurso del Ateneo (Bos Aires, 1909); Disertaciones de un estoico (Santiago de Compostela, 1910), Notas de un viaje a Palestina (Santiago de Compostela, 1910) e La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres (Bos Aires, 1912).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Santiago de Compostela en 1841 por un grupo de escritores novos, estudiantes ou residentes nesa cidade. A súa primeira sede estaba no antigo mosteiro de San Martiño Pinario, pero no 1843 trasladouse, por problemas coas autoridades, ao ex-convento de Santo Agostiño. O seu presidente foi Domingo Díaz de Robles e o secretario Miguel Rúa Figueroa, quen deu a coñecer os discursos e os traballos en prosa e en verso realizados polos membros da Academia en Trabajos de la Academia Literaria de Santiago pertenecientes al primer terzo del año 1841. Tamén foron membros da Academia Antolín Faraldo, Antonio Neira de Mosquera e Xosé Mª Carracido. A revista El idólatra de Galicia recollía algúns dos traballos qaue se presentaban e lían na Academia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter conservador, fundada en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 1931. Apareceu como resposta da dereita galega ao rexime nacido o 14 de abril; asumindo así a nova situación, e alentando ás asociacións conservadoras a participar no sistema democrático dun xeito unificado. Dependeu directamente da tamén recén fundada Acción Nacional de Madrid (alentada polos sectores monárquicos da capital) e foi o núcleo da futura Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) en Galicia. A Acción de Santiago, foi promovida por catro persoas de gran de influencia local: o comerciante Xulián Pérez Esteso; o farmacéutico Ricardo Bermejo Pena; o arquitecto Xesús López de Rego; e o catedrático de Dereito Político, e verdadeiro líder do grupo, Carlos Ruíz del Castillo. Dentro dos propósitos inmediatos da organización non estaba o de presentarse ás primeiras eleccións de deputados ás Cortes (28 xuño de 1913), pretendendo antes conseguir un grande apoio popular e recuperando...
-
GALICIA
Publicista e comerciante. Xunto co ferrolán Bernardo Antonio Lluch, publicou na Habana a segunda edición da Historia de Galicia, do padre Pascasio Seguín, cun apéndice titulado Adición a la Historia del Reino de Galicia, desde el año 1800 hasta el 1842. Sucesos más notables de dicha época. Adornada con citas y documentos oficiales, tomados de los autores más conocidos (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Levantado sobre a ermida da Nosa Señora da Cerca, erixida por Bieito González de Araujo en 1595. En 1617, o Arcebispo Xoán Beltrán de Guevara concedeulle o control da ermida aos agostiños de Arzúa co obxectivo de instalar alí un convento e de colaborar coa Universidade Compostelá. No primeiro terzo do s XVII, Bertomeu Fernández Lechuga realizará as trazas do claustro da igrexa, que executou Francisco González Araujo. A igrexa segue as propostas emanadas da Contrarreforma, mantendo unha planta de cruz latina inscrita nun rectángulo, cunha soa nave cuberta por bóveda de canón. O retablo maior, obra do entallador Pedro Taboada, amosa unha clara influencia estilística do taller de Andrade, referencia do Barroco compostelán. Trala desamortización (s XIX), e logo de albergar diversas actividades civís, pasou á Compañía de Xesús, que en 1918 merca as ruínas do convento e adquire do arcebispado o usufruto perpetuo da igrexa. Na actualidade o edificio alberga unha comunidade de xesuítas que rexenta...
-
GALICIA
Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.
-
PERSOEIRO
Político castelán. Foi secretario xeral da Unión Nacional, posteriormente ingresou no Partido Liberal de Moret. Ministro de Finanzas do goberno de Romanones (1916). No 1918 fundou Izquierda Liberal, de tendencia monárquica. Exiliouse en París durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Proclamada a Segunda República (14 abril 1931), afíliase ao Partido Republicano Radical e preside as Cortes durante o bienio 1933-1934. Emigrou ao estranxeiro antes de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Albá, (Palas de Rei). De fábrica románica moi alterada por modificacións posteriores, motivo polo que só conserva a nave. Destacan as portadas meridional e occidental, especialmente a primeira, que ten a súa única arquivolta de medio punto decorada con casetóns, motivo xeométrico só empregado nos arcos dalgúns templos do centro de Galicia. A porta oeste é abucinada, con dúas arquivoltas que se ornamentan con cadrados e con círculos afundidos e separados entre si. Polo seu estilo decorativo, debeu ser construída contra o 1200.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou Ortigueira: crónica gráfica de la Villa Condal (1987).
-
PERSOEIRO
Xornalista. Colaborou en El Eco de Orense, de Valentín Lamas Carvajal, na sección “Mostacillas”, no que permaneceu ata 1894 para pasar despois a El Noticiero. Fundou e dirixiu en Ourense as revistas literarias As Burgas e El Miño. A súa produción está espallada por numerosas publicacións da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fundador do Partido Comunista de Galicia. Nado nunha familia labrega, dedicou toda a súa vida á actividade política, na que comezou aos catorce anos, ao participar na sega en Castela e ter as súas primeiras experiencias na conflitividade campesiña. No mesmo ano en que se afiliou ao Partido Comunista de España (1931), foi elixido Secretario Xeral do primeiro sindicato de labregos de Vilamartín, organización adscrita á Federación de Traballadores da Terra da UXT que, canda outras organizacións similares, será o xermolo da Federación Campesiña Provincial. Froito da súa actividade política e sindical e como consecuencia da represión da Revolución de Outubro de 1934 na comarca de Valdeorras, sufriu a súa primeira detención.
VER O DETALLE DO TERMO
Na época da Fronte Popular intensificou a súa actividade política acudindo por vez primeira a... -
PERSOEIRO
Director de cine cubano. Director do Noticiario ICAIC Latinoamericano, creado o ano 1960 na Habana, é autor de numerosas curtametraxes, que o converteron nun dos mellores documentalistas do mundo. Tamén realizou longametraxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 19 de xullo 1784 por Antonio Páramo y Somoza, cóengo da catedral de Santiago, xunto con outros eclesiásticos, universitarios, comerciantes, militares e nobres. A guerra e a inestabilidade política do país no primeiro cuarto de século motivaron a súa inactividade ata 1934. Os seus obxectivos ían encamiñados a arranxar os problemas da sociedade galega e as necesidades dos composteláns en todos os campos: educación, industria, pesca, agricultura ou gandería. Elaboraron informes e publicaron semanarios para denunciar a situación de atraso e explotación que sufrían os galegos -sobre todo no campo, na pesca e na emigración- co fin de buscar solucións xurídicas prácticas. Promoveron o establecemento do ferrocarril en Galicia e a creación da Caja de Ahorros de Santiago (1880). Estableceron, así mesmo, academias de debuxo, música, comercio, artes e oficios ou escolas de adultos, entre outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.
-
PERSOEIRO
Igrexa románica dunha nave e ábsida semicircular que tamén é coñecida como Santiago da Monxa. No interior destaca o arco triunfal de medio punto coa rosca menor sostida por columnas rematadas por capiteis cubertos de follas, entre as que aparecen facianas humanas e paxaros afrontados. Polo exterior, conserva no lado sur un pórtico lateral, sostido por trabes sobre pés dereitos, e baixo o beiril atópase unha colección de canzorros de proa, con rolos e con tacos en dameiro. A súa cronoloxía sitúaa na última década do século XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antón de Santiago Montero.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago no ano 1856, que contaba con informes e datos referidos á propia Universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.