"Spirit" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con sede social en Lisboa fundada o 9 de novembro de 1880 por José Maria Espírito Santo Silva, a partir dunha oficina de cambios, reconvertida en banco en 1884. A fusión en 1937 co Banco Comercial de Lisboa creou o grupo Banco Espírito Santo e Comercial de Lisboa; a partir dese momento iniciou unha fase expansiva adquirindo participacións en sectores claves da economía portuguesa. En 1973 iniciou un proceso de internacionalización que o levou a abrir unha oficina de representación en París. Esta internacionalización acelerouse en 1974, cando a Revolução dos Cravos principiou unha política nacionalizadora, que o levou a organizar as súas actividades dende diferentes países como Brasil, EE UU, Suíza ou Francia. A partir de 1986 reiniciou a súa actividade en Portugal coa creación do Banco Internacional de Crédito e de Espírito Santo Sociedade de Investimento, que máis tarde se converteu en Banco ESSI. O retorno definitivo a Portugal produciuse en 1992, cando o grupo adquiriu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que se basea na crenza da existencia e manifestación dos espíritos, segundo a que, o home está constituído por tres elementos principais: a alma, inmaterial e inmortal, o corpo físico, elemento material, e o periespírito, co que se une a alma despois da morte; e que se pode comunicar cos espíritos da zona terrestre a través dun médium. O espiritismo representa unha forma actualizada da antiga práctica da evocación dos mortos. O movemento naceu en 1848 en Hydesville (Nova York), na casa da familia Fox, de relixión metodista, ao pórse en contacto cos fillos da casa, Margaret e Katie, o espírito dun morto que fora enterrado na adega polo seu asasino, o antigo inquilino. Favorecido polas cerimonias cuáqueras, non tardou en estenderse polo resto dos EE UU. No ano 1852, unha misión de médiums percorreu Inglaterra, onde suscitou un grande interese; ao ano seguinte chegou a Alemaña, e de alí pasou a Francia, onde xurdiron figuras tan importantes como Allan Kardec, gran sistematizador...
-
-
Relativo ou pertencente ao espiritismo.
-
Persoa que profesa o espiritismo. Na tradición galega recibe o nome de corpo aberto, e pode referirse tanto á persoa que é posuída polo demo, ou polo espírito dun familiar, como ao médium que pode invocar os espíritos e transmitir as súas mensaxes. Cando o corpo aberto posuído é exorcizado, pasa a recibir o nome de corpo pechado.
-
-
-
-
Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles. Nas distintas concepcións relixiosas, o concepto de espírito ligouse co de alma, xa que os dous son principios vivificadores. Afirmouse a existencia de espíritos na natureza, reflexo da actividade física e psíquica da persoa. Para algúns, este animismo sería o primeiro estadio histórico na formación dos sistemas relixiosos. As súas características serían a natureza incorpórea ou sutil, o carácter de transcendencia sobre a morte, e a facultade de dotar de vida a un ser e facelo un individuo. Na tradición filosófica occidental contrapúxose a idea de espírito á de natureza, no senso de que este é o principio ordenador e comprensible daquela. O espírito interpretouse como πεῦμα ou principio animador ou como νοῦζ, pensamento, razón e explicación. Na filosofía...
-
Espírito Santo
Unha das tres persoas do Deus cristián ( Trindade).
-
-
-
Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
espírito infernal/maligno/das tebras
demo.
-
espíritos vitais/animais
Na filosofía antiga, espíritos que levaban a vida do corazón e do cerebro ao resto do corpo. Na tradición galega podían actuar como medio para transmitir o mal de ollo.
-
-
Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.
-
Ánimo ou valor para actuar.
-
Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL do Brasil, situado nos contrafortes orientais da Serra dos Aimorés (46.184 km2; 2.802.707 h [estim 1996]). A capital é Vitória. Está drenado por numerosos ríos, entre os que destacan o São Mateus e o Doce. O clima, cálido e húmido, favorece a existencia dun denso bosque tropical con madeiras preciosas, como a do loureiro negro, da que é o primeiro exportador nacional. A poboación é máis densa cara ao S, con terras máis fértiles. A principal actividade económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de café, no val do río Doce, o cacao, a cana de azucre, o arroz e o millo. A aplicación de novas técnicas de cultivo situaron este estado entre os primeiros produtores de café do país. En canto ás industrias, existen pequenas fábricas do sector téxtil e alimentario, principalmente na capital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde suprema de cabalería do Reino de Francia, fundada por Enrique III en 1578 coa divisa Duce et aspide. Composta orixinalmente por cen cabaleiros escollidos polo monarca, que tiña o rango de gran mestre, dividíase en tres clases de individuos: grandes oficiais comendadores, oficiais e cabaleiros. Para formar parte dela esixíanse probas de nobreza. Suprimiuse en 1789 pero, trala Revolución Francesa, Luís XVIII confirmouna. Desapareceu despois da Revolución de 1830.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza bucal que se enrola en espiral plana, propia dos lepidópteros, que serve para libar o néctar das flores ou calquera outro zume nutritivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica española realizada en 1973. Foi dirixida por Víctor Erice e interpretada por Ana Torrent, Fernando Fernán Gómez, Teresa Gimpera e Isabel Tellería. É a historia dunha nena moi sensible que queda impactada pola proxección dunha película. Destaca a fotografía de tipo impresionista e por ser a primeira película española en conseguir a Concha de Oro do Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico escolar aparecido na vila do Carballiño en 1935. Editárono os alumnos da escola graduada da localidade.
-
ILLAS
Illa da República de Vanuato, no Océano Pacífico, a máis grande do arquipélago, cunha superficie de 5.000 km2. De orixe volcánica, a maior parte da illa está cuberta por bosques e só o 9% da súa superficie está cultivada. A principal actividade económica é a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión da orde franciscana (OFM), coñecidos tamén como fraticelli, que interpretaba rigorosamente a regra e o testamento de san Francisco. Xurdiu ao redor de Pierre Olieu, Ubertino de Casale e Pietro de Macerata, entre outros, que protestaron no Concilio de Lion (1274) contra a interpretación que a orde franciscana facía da pobreza, que cualificaban de laxa. En 1294 Celestino V permitiulles segregarse da orde e formar a congregación dos pobres eremitas celestinos, disolta rapidamente por Bonifacio III. Mesturáronse coas doutrinas escatolóxicas de Gioacchino de Fiore, e na súa prédica da pobreza evanxélica, propugnaron unha reforma da Igrexa, viciada segundo eles polos intereses temporais. Foron condenados polo papa en 1317.
-
-
-
Relativo ou pertence ao espírito.
-
Que non é material.
-
-
Que ten un carácter relixioso.
-
Que é delicado ou que revela gran sensibilidade.
-
Membro do grupo dos Espirituais.
-
Salmos relixiosos afroamericanos que cantaban os negros cristianizados dos estados do sur dos EE UU no s XIX. Inicialmente baseados na escala pentatónica, propia da África Occidental, sufriron fortes influencias do canto coral luterano e do gregoriano. Adoptaron unha estrutura dual na que un solista canta un verso e é respondido co mesmo texto por un coro. No s XX tiveron unha difusión universal e adquiriron carácter de música de espectáculo en mans de intérpretes como Golden Gate Quartet, Rosetta Tharpe ou Mahalia Jackson.
-
-
-
Calidade de espiritual.
-
-
Sensibilidade polos valores espirituais.
-
Desenvolvemento da dimensión espiritual, fronte á natureza material ou corporal. A partir deste concepto xurdiron moitas escolas de espiritualidade, na maior parte dos casos vinculadas a unha personalidade ou a unha orde relixiosa concreta: así dentro do ámbito cristián, fálase, por exemplo, de espiritualidade franciscana, ignaciana ou beneditina, entre outras.
-
-
-
-
Doutrina que formula que o espírito é unha realidade substancial e, ao mesmo tempo, o substrato último das cousas e do mundo. Afirma tamén que na base espiritual do mundo prodúcese simultaneamente a inconsciencia total e a consciencia máis absoluta. Desenvolveron sistemas espiritualistas monistas G. W. Leibniz e R. H. Lotza, mentres que R. Descartes desenvolveu un espiritualismo dualista e G. Berkeley, un espiritualismo inmaterialista.
-
Doutrina que afirma a primacía do espírito na explicación das funcións psíquicas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao espiritualismo.
-
Que ou quen segue o espiritualismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de espiritualizar.
-
-
Facer espiritual algo ou a alguén.
-
Considerar algo como espiritual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén alcohol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado aos salmos relixiosos dos negros estadounidenses cristiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento que no espiritismo funciona como intermediario entre o mundo material (corpo) e o inmaterial (espírito), e que participa da natureza de ambos.