"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • Tratado asinado en Åbo o 17 de agosto de 1743 entre Suecia e Rusia, polo cal Suecia renunciou á Savonlinna e ao territorio comprendido ata o golfo de Finlandia en favor de Rusia, que aseguraba deste xeito a protección de San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á administración.

    2. Categoría profesional de traballadores que realizan sobre todo tarefas de oficina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que determina unha influencia parcial sobre outra lingua veciña ou sobre un dialecto, feito que se explica por un período de convivencia das dúas linguas nun mesmo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en Campilla e en Ágreda o 27 e o 28 de marzo de 1281 entre Pedro II de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho. A cambio do recoñecemento deste último como herdeiro de Castela, Pedro obtivo diversas vilas. No tratado tamén se acordou a conquista e repartición de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado no ano 1136 na vila aragonesa de Alagón entre Afonso VII e Ramiro II de Aragón. Este, que quería evitar a desmembración do reino a raíz do testamento de Afonso I, ofreceu en feudo o Reino de Zaragoza ao rei castelán, que non aspiraba ao dominio. O nacemento dunha herdeira, Peronella, e a oposición dos nobres ás pretensións de Afonso VII obrigan a este, nun novo tratado, a quedar unicamente con Calatayud, Soria e Alagón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado no 1479 en Alcaçovas (Alentejo, Portugal), entre os Reis Católicos e Afonso V de Portugal. Este recoñeceu a Isabel I como Raíña de Castela e admitiu os dereitos da Coroa castelá sobre Canarias. Por outra banda, os Reis Católicos tiveron que recoñecer a Portugal a conquista e colonización da costa occidental de África e das illas dos Açores, Madeira e Cabo Verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado por Xaime ll de Aragón e Fernando lV de Castela no 1308 en Alcalá de Henares. Nel acordouse separar do Reino de Granada unha sexta parte (Almería), para o Rei catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de alianza e delimitación das respectivas zonas de conquista acordado entre Xaime I de Aragón e o infante Afonso de Castela, futuro Afonso X, en nome do seu pai Fernando III. Foi asinado o 26 de marzo de 1244 en Almirra (Alacant). As intromisións de Afonso, dende o Reino de Murcia, na zona de conquista reservada a Aragón polos Tratados de Tudellén e Cazola provocaron unha reacción de Xaime I cando o infante quería a rendición de Xàtiva, asediada polo Rei aragonés. En resposta, Xaime I apoderouse de Villena e doutros lugares da conquista castelá, actitude que motivou que o infante establecese negociacións, que remataron coa sinatura do Tratado. A liña divisoria entre os reinos de Castela e de València pasaba pola confluencia do Xúcar e o Cabriol, polas serras de Aiora, polo porto de Almansa e polo porto de Biar e saía ao mar ao L de Aigües de Busot; estivo vixente ata a concordia de Torrellas (1304).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de nubes situada a unha altura de entre 2.000 e 6.000 m, constituída por un veo fibroso ou estriado, a través do que son visibles os discos do Sol e da Lúa como a través dun vidro máis ou menos opaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fertilizante mineral composto de nitrato amónico e pedra calcaria, finamente moída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz firmado en Andrusovo, preto de Smolensk, o 20 de xaneiro de 1667 entre Polonia e Rusia, que puxo fin á guerra iniciada en 1654. A cambio de renunciar a Lituania e á Rusia Branca, Rusia obtivo Smolensk, a Ucraína da esquerda do Dniéper e Kiev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748 entre España e Francia por unha parte e Austria, Gran Bretaña e as Provincias Unidas por outra, co que se pon fin á Guerra de Sucesión de Austria. As cláusulas principais foron a restitución mutua das conquistas coloniais efectuadas durante a guerra, a confirmación da Pragmática Sanción e o recoñecemento da soberanía prusiana sobre Silesia. En conxunto, a súa finalidade foi restablecer o statu quo anterior ao 1740.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de alianza asinado en Aranjuez polos plenipotenciarios de España (conde de Floridablanca) e de Francia (conde de Montmorin) o 12 de abril de 1779, que unía a ambos os dous países na guerra que Francia mantiña contra Gran Bretaña. Ademais de intentar manter a alianza con Francia, España aspiraba a revogar as concesións feitas a Gran Bretaña nos tratados de Utrech (1713) e París (1763).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que depende do arbitrio.

    2. Relativo ou pertencente ao árbitro ou xuíz árbitro, arbitral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo pactado entre Carlos VII, Rei de Francia, e Filipe o Bo, duque de Borgoña, asinado en Arras o 20 de setembro de 1435. Carlos VII cedía os condados de Artois e Boulogne e as cidades de San Quintín, Amiens, Abbeville, Roye e Montdidier. Filipe o Bo abandonaba a alianza mantida durante máis de tres lustros cos ingleses, inimigos de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo pactado entre Luís XI de Francia e Maximiliano de Austria, asinado en Arras en decembro do 1482, polo que Francia renunciaba a Flandres e obtiña o ducado de Borgoña. A cambio, Margarida, filla de María de Borgoña e de Maximiliano de Austria, comprometíase co delfín de Francia, Carlos, fillo de Luís XI, recibindo en dote a rexión de Artois e o Franco Condado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Colombia. Nace na Cordillera Occidental, ao L de Quibdo, e desemboca no golfo de Urabá, no mar das Antillas, logo dun percorrido duns 700 km. No seu curso atópanse xacementos auríferos e de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO