"UAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida, Catalunya, á dereita do río Noguera Ribagorçana (2.825 h [1996]). Ten cultivos de cereais, árbores froiteiras, plantas forraxeiras e horta. Industria de conservas de froita e téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento do Paraguai (82.349 km2; 12.156 h [1992]). A capital é Fuerte Olimpo (1.867 h [1982]).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do Brasil, afluente do Tocantíns pola ribeira esquerda (2.640 km). Nace na serra de Caiapó, no estado de Goiás. Os seus aluvións son diamantíferos e auríferos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou a carreira de filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que abandonou para ingresar na Escuela de Periodismo de la Iglesia en Madrid. O seu primeiro traballo xornalístico desenvolveuse no Diario SP. Da man de Raimundo García Rodríguez, Borobó, entrou a formar parte da revista Chan como redactor, e ademais, escribiu artigos para o Diario de Noticias Médicas. Posteriormente, colaborou na revista Triunfo e noutras publicacións como Actualidad Económica ou Gaceta Universitaria. Xunto co editor Silverio Cañada, en calidade de director editorial, participou na publicación da Gran Enciclopedia Gallega, que comezou a súa edición en 1974. Traballou no centro da TVE en Galicia e na revista Teima. A partir de 1976 principiou o seu labor como correspondente do xornal El País e como delegado da revista Interviu en Galicia, publicación á que estivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do O de Bretaña, Francia, que ocupa os departamentos de Finistère, Côtes d’Armor e Morbihan (1.996.920 h [1990]). Na súa economía predominan a agricultura, a industria alimentaria e a artesanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Nord, Francia, situada nunha importante conca hulleira, á beira do río Scarpe (42.175 h [1990]). A industria do automóbil, a de equipamento para o ferrocarril e o sector químico son as principais actividades económicas. O seu porto fluvial permite establecer importantes relacións comerciais cos portos do mar do Norte. Identificada co Castrum Duacense romano, converteuse no centro da industria de panos flamenga durante a Idade Media. Incorporada aos territorios dos Habsburgo (1477), pasou a formar parte do Reino de Francia pola Paz de Aquisgrán. Do seu patrimonio destacan a casa do concello, de estilo gótico flamíxero (s XV), o palacio de Xustiza (s XVIII), e as igrexas de Notre Dame (s XIII-XVI), Saint-Pierre (ss XVI-XVIII) e Saint-Jacques (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de pintores franceses. Hubert Drouais (Saint-Samson-de-la-Roque, Eure 1699 - París 1767) realizou retratos ao pastel e miniaturas. Foi nomeado membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture (1730) e pintor de cámara (1744). O seu fillo, François-Hubert Drouais (París 1727-1775) formouse co seu pai e con Boucher. Pintor de cámara dende 1755, foi retratista de Luís XV e da nobreza, á que representou nun artificioso ambiente campesiño. Entre as súas obras destacan Le jeune élève, Flora (A alumna nova, Flora) e Madame de Pompadour (1793-1794). Membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture dende 1758, foi nomeado conselleiro en 1774. O seu fillo, Jean-Germain Drouais (París 1763-Roma 1788) foi discípulo de David e recibiu o Prix de Rome en 1784.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión da orde franciscana (OFM), coñecidos tamén como fraticelli, que interpretaba rigorosamente a regra e o testamento de san Francisco. Xurdiu ao redor de Pierre Olieu, Ubertino de Casale e Pietro de Macerata, entre outros, que protestaron no Concilio de Lion (1274) contra a interpretación que a orde franciscana facía da pobreza, que cualificaban de laxa. En 1294 Celestino V permitiulles segregarse da orde e formar a congregación dos pobres eremitas celestinos, disolta rapidamente por Bonifacio III. Mesturáronse coas doutrinas escatolóxicas de Gioacchino de Fiore, e na súa prédica da pobreza evanxélica, propugnaron unha reforma da Igrexa, viciada segundo eles polos intereses temporais. Foron condenados polo papa en 1317.
-
PERSOEIRO
Gravador grego. Dedicouse á gravación de moedas en Siracusa, Catania e Camarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Guaiacu
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter monometílico do pirocatecol, que se obtén por destilación da resina de guaiaco ou por oxidación da lignina con óxido de mercurio. Emprégase coma expectorante e antiséptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mbyá.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘casa’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘fonda’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alcaldía’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisaría de Colombia (72.238 km2; 37.162 h [estim 2000]). A capital é Inirida (3.555 h [1985]).
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Paraguay, na Región Oriental (3.846 km2; 173.070 h [estim 1998]). A capital é Villarrica (27.812 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Hawaii, de orixe volcánica (1.427 km2; 46.300 h [estim 1986]). A súa economía baséase no cultivo de cana de azucre e ananás.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Membro do consello editorial da Revista Galega de Educación, foi coordinador, xunto con Gonzalo Navaza, do Dicionario Xerais da Lingua (1986) e director dos libros O libro de Merlín (1985), O noso galego (1985), Nobelos de papel (1988), Ámote, mundo! (1988) e Canles (1989). É coautor do libro Animación á lectura (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe Antoine Merlin.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”, “O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).
VER O DETALLE DO TERMO