"Valeria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
PERSOEIRO
Matemático finés nacionalizado norteamericano. Profesor na Universidade de Harvard especializado en análise matemática. No ano 1936 concedéuselle a medalla Fields.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exerceu na Cátedra de Antropoloxía da Universidade de Comillas (Santander). Nos anos cincuenta foi unha das primeiras voces que, dentro do estamento relixioso, comezou a preguntarse polo limo terrae nun sentido científico. A súa obra Hacia el origen del Hombre (1956) exerceu unha grande influencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Valeriano Domínguez Bécquer.
-
PERSOEIRO
Historiador de arte. Especialista en Arte Contemporánea, realiza as súas investigacións dende unha perspectiva sociolóxica. Entre as súas publicacións destacan: El realismo plástico en España de 1900 a 1936 (1967), Historia del Arte en España (1972), El arte del siglo XX. La construción de la vanguardia (1978), La ilustración gráfica del XX en España (1979), Sátira y tragedia: las imágenes de Castelao (1987), Arte y ciudad en Galicia, s XIX (1990) e Arte del siglo XX en España (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Membro dunha familia de pintores, adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome foi Valeriano Domínguez Bastida. Formouse co seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Cunha pensión outorgada por Alcalá Galiano en 1865, viaxou por España para pintar e debuxar os tipos populares cun realismo matizado polo romanticismo. Trala Revolución de 1868 retiróuselle a pensión e comezou a realizar ilustracións en xornais como El Museo Universal e La Ilustración de Madrid. Entre as súas obras destacan El Presente, El leñador, La fuente de la ermita ou Retrato del conde de Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Foi bispo auxiliar do arcebispo Miguel Payá i Rico en Toledo (1887-1894), bispo de Tui (1894-1914) e arcebispo de València (1914-1916). Destacou pola súa aberta oposición ao carlismo. Escribiu Otra historia (1899) e A los asociados de El despertar del Tea en Buenos Aires (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romana, muller do Emperador Claudio I. Atribuíronselle todo tipo de libertinaxes e foi proverbial a súa lascivia e crueldade, unida ás súas ambicións e intrigas. O emperador fíxoa axustizar xunto co seu amante Caio Silio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. En Roma foi alumno de Canova e Thorwaldsen. Conservador do Museo del Prado (1829), realizou a parte escultórica da fachada. Das súa sobras destacan os sepulcros do cardeal Luís María de Borbón na catedral de Toledo e o da condesa de Chinchón no palacio de Boadilla del Monte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia romana comprendida durante o Baixo Imperio (s IV) na diocese de Roma, entre o Piceno, a Umbria e a Campania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir. Bautizada, segundo a lenda, por san Marcial, bispo de Limoges, morreu decapitada. Segundo a tradición, colleu a cabeza entre as mans e dirixiu a vista dos verdugos ao altar, onde san Marcial estaba oficiando. Represéntase coa cabeza entre as mans. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.
-
PERSOEIRO
Mártir. Muller de san Vidal, foi nai dos santos Xervasio e Protasio. A súa festividade celébrase o 28 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 1,5 m de altura, cun rizoma curto e fibroso e follas opostas, pinnaticompostas ou pinnatisectas, de 5-25 folíolos. As flores son pequenas, sésiles, tubulosas de cor rosa pálida ou abrancazada, dispostas en corimbos densos e apicais. O froito é un aquenio oblongo-ovado con vilano. Florece entre a primavera e o verán en bosques e zonas húmidas e pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 2.000 m, no N da Península Ibérica e sistemas montañosos do centro. En Galicia atópase fundamentalmente en zonas do interior. Emprégase coma planta medicinal polas súas propiedades sedantes e hipnóticas. OBS: Tamén se denomina herba bendita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas, da familia das valerianáceas, que está representado por unhas 200 especies con ampla distribución nas rexións temperadas, subtropicais e tropicais. En Galicia están presentes diversas especies, entre elas V. officinalis, V. pyrenaica, V. dioica e V. montana.
-
-
Relativo ou pertencente ás valerianáceas.
-
Planta da familia das valerianáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou raramente arbustivas con follas opostas, simples ou pinnadas, flores pentámeras, asimétricas, xeralmente hermafroditas, con poucos estames e entomófilas, e froitos en aquenio con vilano. Son propias do Hemisferio Norte e dos Andes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido valeriánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das valerianáceas, con follas en roseta, flores hermafroditas, pequenas de cor branca ou azulada e dispostas en inflorescencias terminais e froito sen vilano. En Galicia está presente a especie V. locusta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido monocarboxílico alifático presente no aceite de valeriana, que se emprega na preparación dos seus derivados, de aromas e perfumes.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (253-260). Cónsul antes de 223, á morte de Treboniano Galo foi proclamado emperador polo exército e, a seguir, recoñecido polo senado. Continuador da política relixiosa de Decio, promulgou dous editos (257 e 258) contra os cristiáns. Asociou ao trono o seu fillo Galieno e derrotou os persas, que invadiran Siria, pero tivo que enfrontarse novamente aos ataques persas e en Edesa sucumbiu e foi feito prisioneiro. Morreu en catividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Esposo de santa Icía, morreu xunto co seu irmán san Tiburcio. A súa festividade celébrase o 14 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Valerianus, derivado de valere ‘estar ben de saúde, estar san’.