"Virú" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • Grupo de virus de DNA de cadea dobre que producen afeccións, a miúdo asintomáticas, en mamíferos e aves, denominadas adenoviroses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación destinada a detectar e, no seu caso, eliminar virus informáticos, así como a corrixir calquera problema provocado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA de cadea única, con cuberta protectora. Infectan artrópodos hematófagos que, á súa vez, infectan animais vertebrados por picadura (arbovirose). O seu hábitat sitúase nas zonas cálidas e húmidas, especialmente as que se atopan dentro da área mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus RNA de cadea sinxela que presenta un gran pleomorfismo, con nucleocápside de simetría complexa e envoltura externa, dun tamaño que oscila entre 50 e 300 mm de diámetro. Os seus hospedeiros habituais semellan ser rilladores; algúns poden infectar o home, como os causantes de certas febres hemorráxicas (Tacaribe, Machupo, Junin, Tamiami e outras) e a febre de Lassa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Virus da familia dos baculovirus.

    2. Familia de virus de ADN, de morfoloxía semellante a un báculo, que só afectan aos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico duns virus de ADN do grupo dos herpes virus. Causan infeccións, en xeral frecuentes e asintomáticas. En individuos coas defensas diminuídas poden ser graves e xeneralizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus que ten como material xenético moléculas de ARN dunha soa cadea e no que os virións, de 80 a 130 nm de diámetro, presentan unha envoltura externa lipídica e unha serie de expansións polipeptídicas que lles dan un aspecto coroado. Pertencen a este grupo os virus que orixinan o arrefriado común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus de xenoma dividido en varias unidades que precisan de coincidir no hospedeiro para dar lugar á replicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de distintos tipos de virus propios do tracto dixestivo, que teñen o ARN como material xenético e que causan infeccións nos sistemas respiratorio, intestinal e nervioso, como a meninxite aséptica non bacteriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico que designa distintos tipos de virus, ás veces patóxenos, que teñen como característica común o hábitat e o lugar de replicación que é o tracto intestinal humano, onde son estables durante unha ou tres horas a un pH entre 3,0 e 5,0. Son virus de pequeno tamaño (20-30 nm) e unha única cadea de ARN, que presentan unha cápside proteica icosaédrica e non teñen envoltura. Con moita frecuencia producen infeccións asintomáticas, pero poden causar infeccións do sistema nervioso central (como a meninxite, a encefalite ou a poliomelite), do aparato dixestivo (como a pancreatite) e do respiratorio (como a pneumonía ou o arrefriado común); tamén se relacionan con malformacións conxénitas ou algunhas formas de diabete. O home é o único reservorio coñecido e a transmisión é fundamentalmente por contacto fecal ou oral e por vía respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herpesvirus humano, presente en todas as poboacións do mundo, que se transmite pola saliva. O seu xenoma está constituído por unha molécula de ADN bicatenario cunha lonxitude dunhas 172 kbp. A infección primaria adoita producirse na primeira infancia; se ten lugar durante a adolescencia pode desenvolver unha mononucleose infecciosa. Está asociado a certos tipos de cancros como o linfoma de Burkitt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus que utiliza como hospedeiro unha célula de alga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus das aves e dos mamíferos, constituídos por RNA e cunha envoltura proteica. Poden ser axentes causantes de leucemias, sarcomas e outras enfermidades non neoplásticas, mentres que outros leucovirus semellan inocuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA dunha soa cadea e unha cápsida con simetría helicoidal. Os mixovirus causan doenzas nos condutos respiratorios do home e doutros vertebrados, e inclúen os virus da rabia, a gripe e o do sarampelo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por unha dobre cadea de ADN e unha cápside núa, de simetría icosaédrica, con 72 capsómeros; a maioría destes virus poden causar tumores cando están dentro de hóspedes vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA da cadea simple, con cápsida núa e simetría icosaédrica, normalmente presente nos condutos respiratorios e gastrointestinais do home e doutros vertebrados. Son os causantes de infeccións gastrointestinais e respiratorias, poliometile, meninxite aséptica e infeccións que causan lesións cutáneas e nas mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea dobre de ADN, orixinada pola transcrición inversa dunha molécula de ARN viral procedente dun retrovirus, que necesita integrarse nos cromosomas da célula hospedadora para poder expresar os seus xenes e sintetizar novas moléculas de ARN virais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus de ARN bicatenario, icosaédrico e sen envoltura lipoproteica. Son saprófitos do aparato respiratorio e dixestivo e provocan unha serie de enfermidades infecciosas graves en animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus ARN de infección lenta que se caracterizan por transcribir o seu xenoma de ARN a ADN. Realízano grazas ao enzima transcriptase inversa, como primeiro paso da infección celular, despois da que o virus é fixado e o xenoma vírico se introduce no xenoma celular, onde se replica utilizando o mesmo mecanismo celular ou se mantén en forma latente durante un tempo variable e indefinido. O máis coñecido dos virus deste grupo é o da inmunodeficiencia humana, causante da SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Presidente do IGAEM e catedrático de Literatura Española, foi xefe do departamento de linguas estranxeiras en The College of Staten Escand de Nova York. Autor de diversos artigos sobre a colectividade galega en EE UU, especializouse na obra de Eduardo Pondal, polo que editou algunhas das súas obras, como Eduardo Pondal: Novos poemas (1971), en que incluíu algunhas composicións inéditas; e Os Eoas (1992), en que insire moitas das correccións do autor. Ademais é autor do estudo biográfico Eduardo Pondal (1981) e de Estética poética de Eduardo Pondal (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO