"Xoán X" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 30.

  • GALICIA

    Escritor. Cultiva o relato, a poesía e o ensaio. En 1970 publicou o libro O paseo, mestura de relatos e novela. En 1979 saíu do prelo A palabra da terra, recompilación de poemas publicados en Grial e outros inéditos de tinte intimista, social e político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Fillo natural de Filipe IV de Castela e da actriz María Calderón, chamada La Calderona. No ano 1642 foi recoñecido polo seu pai. Vicerrei de Sicilia (1648-1651), entre o 1651 e o 1652, xunto co marqués de Mortarra, dirixiu o asedio de Barcelona. Nomeárono lugartenente de Catalunya no 1653-1656 e gobernador de Flandres no 1656-1659; ademais exerceu sen éxito o mando do exército de Portugal (1661-1664). No 1676 foi nomeado Primeiro Ministro. Durante o seu goberno asinouse a Paz de Nimega (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista ilustrado, conde de Maceda e Fefiñáns, marqués de Figueroa e da Atalaia e grande de España. Desempeñou o cargo de alguacil maior do Santo Tribunal da Inquisición do Reino de Galicia e vogal perpetuo da Xunta de Comercio e Navegación. Nas súas obras, defendeu que o comercio e a industria non deberían estar gravados con demasiadas cargas tributarias. A súa actividade económica comezou en 1792, cando fundou unha fábrica con once teares para obxectos de seda, ouro e fío. En 1797, por mor da súa defensa ante o rei do porto de Ferrol, foi nomeado pola corporación da cidade rexedor perpetuo da vila. Publicou: Representación (...) sobre el estado de las pesquerías nacionales, causas de su decadencia y medios de establecerlas (1807) e Reforma que deberá darse a la Marina española para que llegue a florecer entre las primeras naciones de Europa (1814). Foi membro da Sociedad Cantábrica, da Sociedade do Reino de Galicia e cabaleiro da orde de san Xoán de Malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Iniciou a súa formación artística na Escola de Debuxo da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. En 1829 ingresou na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi discípulo de Vicente López. Regresou a Santiago de Compostela en 1834 e obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedad Económica de Amigos del País. O seu estilo caracterízase por un naturalismo cheo de detalles que o levou ao romanticismo. Cultivou a temática mitolóxica en Diana cazadora; a relixiosa en A Dolorosa e   Ecce Homo, realizados para o retablo da desaparecida capela da Soidade da catedral compostelá; e o retrato en Vicente López e Don Lope Gómez de Marzoa. Publicou dúas obras de divulgación pedagóxica tituladas Definiciones de las líneas y figuras geométricas (1859) e Tratado de los cinco órdenes de arquitectura de Vignola, para uso de los jóvenes dedicados al dibujo lineal (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e luthier. Emigrado a Montevideo aos 6 anos, estudiou música na Escuela de Artes y Oficios desa cidade. Posteriormente se instalou en Bos Aires onde exerceu como violoncellista nos teatros Colón e na Ópera, e participou na fundación da Sociedad Musical de Mutua Protección. Acadou especial recoñecemento como luthier especialista na fabricación de arcos para instrumentos de corda, tarefa á que se dedicou especialmente nos seus últimos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e profesor. Licenciado en Ciencias Sociais, Filosofía e Teoloxía, foi profesor de doutrina social da Igrexa, ética e socioloxía no seminario maior de Santiago e profesor de ensino secundario no instituto compostelán Arcebispo Xelmírez. Foi delegado episcopal de socioloxía e estatística do arcebispado de Santiago, consolidario diocesano da xuventude obreira católica e delegado episcopal de Caritas en Santiago de Compostela. Foi coautor de El trabajo manual del clero (1968) e Encuesta R.M.A. (religiosa, axiológica, moral): a jóvenes de 14-15 a 19-20 años (1985). Publicou unha serie de guías turísticas entre as que destacan Santiago (1971), Santiago y Galicia: Guía turística (1976), Guía para visitar los santuarios marianos de Galicia (1989) e Santuarios de Galicia (1991). Entre os seus estudios destacan Prostitución y Sociedad (1977), Juventud gallega: actitudes religioso-morales (1987), Una escuela para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e propagandista libertario. Comezou traballando no Instituto coruñés e posteriormente se vinculou á escola laica da Antorcha, na que se dedicou á súa reorganización e a impartir clases. En 1898 fundou a Sociedad Cooperativa de Obreros e mantivo unha intensa actividade como asesor e inspirador de diversas sociedades de resistencia e do primeiro agrarismo nos arrabaldes da Coruña. Como secretario da Sociedad de Oficios Varios acusárono de ser o principal responsable dos sucesos de maio de 1901 e condenárono a 12 anos de cadea. Indultado no 1902, fundou o cadro de declamación do Centro de Estudios Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Iniciou a súa carreira militar na Academia de Artillería (1869-1873), pero tivo que abandonala por problemas de saúde cando xa acadara o grao de comandante. Dedicouse ao ensino das matemáticas e dirixiu un colexio preparatorio para o ingreso no exército e na Escuela General de Ingenieros y Arquitectos. Investigou no campo das matemáticas e realizou numerosos traballos que publicou en diferentes revistas, como Gaceta de Matemáticas, El Progreso Matemático, Science, Archiv des Mathematik und Physik e Journal des Mathematiques. Foi membro da Real Academia de Ciencias e da Real Academia Galega, e profesor honorario do Real Instituto de Lisboa e da Universidade Libre de Tempio (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de maxisterio e dereito e posteriormente residiu en Venezuela ata 1972. De regreso a Galicia, foi mestre en Ortigueira e colaborou en distintas publicacións, como Dorna ou Encrucillada. Publicou os poemarios Poemas gallegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (1976) e Escolma de poemas. Espigueo lírico (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e político. Na segunda década do s XX trasladouse a Santiago de Compostela, onde alternou o traballo de canteiro cos estudios de maxisterio. Fundou o semanario El País Gallego (1927), publicou unha peza de teatro, poesías, ensaios e varias novelas curtas, e fixo a carreira de Dereito. Na Segunda República creou a Agrupación Nacionalista Independente en compañía de Luís Seoane, R. Carballo Calero e S. González García-Paz, e iniciou a súa militancia no PSOE local, que abandonou para formar en 1931 a Unión Socialista Gallega, coa intención de conciliar agrarismo, marxismo e galeguismo; nesta época escribiu Regionalismo, Nacionalismo y Separatismo e a novela A modelo de Paco Asorey, editada por Nós en 1933. Fracasada a experiencia logo das eleccións de novembro de 1933, achegouse a posturas da esquerda republicana e autonomista, exerceu a avogacía e rexentou a librería Niké, que compartiu con Arturo Cuadrado. Ao producirse o golpe militar de xullo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Residente en Barcelona desde 1966, onde traballa como produtor de programas de Radio Nacional de España, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destaca Antoloxía da poesía surrealista de expresión francesa (1981), Ucronía. Os anos agochados de Manuel-Antonio (1988), co pseudónimo de Carlos Posada, Álvaro Cunqueiro, tradutor (Premio Literario Ánxel Fole, 1990), Manifesto das vangardas europeas (1995), Teatro e surrealismo (1999), O Teatro de Charles Baudelaire. Proxectos. (2000), Unha montaxe de “Os vellos non deben de namorarse” en español (2001), A lingua secreta (2002) e A novela policial (2002). Así mesmo, traduciu Antígona (1989), de Salvador Espriu; Poncio Pilatos (1992), de Roger Caillois; O tesouro dos Xesuítas (1996), de Louis Aragón e André Bretón; Nun pregue de veludo (2001), de Alexandre Ballester; Desertos (2002), de Josep Pere...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e economista. Foi economista no Banco Popular Español (1972-1973) e no Grupo Banco Central (1973-1974). Director económico financeiro en SODIGA, foi deputado do Parlamento galego na III lexislatura polo PSdeG-EG. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (1977) e Excedente agrario e modo de produción: unha aproximación á lóxica da historia (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo e político, irmán de Antonio e Luís Rosón Pérez. Foi secretario do Sindicato Español Universitario (1962-1964), conselleiro nacional de Educación (1964-1965), e director-coordinador e secretario xeral de Televisión Española (1964-1970). Foi gobernador civil de Madrid (1976) e ministro de Interior (1980-1981). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Cisneros e a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Economía e profesor da Universidade de Vigo, foi director da Sección de Terminoloxías de Irmandades da Fala de Galicia e Portugal e responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Colexio de Economistas de Pontevedra. Membro dos consellos de redación e consultivo de Nós, escribiu O problema galego da fala (1971) e Galicia ante el Mercado Común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e de Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855 e 1856-1865). Foi alcalde de Santiago de Compostela, deputado nas Cortes (1840-1841, 1843-1849 e 1851-1852) e senador como reprensentante da Universidade de Santiago de Compostela (1877-1878), pero non tomou posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (914-928). De nome Xoán de Tossignano, venceu os sarracenos en Garigliano. Coroou emperador a Berenguel I de Friuli (915) e, tras a súa morte, aliouse con Hugo de Provenza. Detido e aprisionado por Marozia, morreu violentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (931-935). Foi elixido grazas á influencia da súa nai Marozia, no nome de quen gobernou. Apoiou a Odón, bispo de Cluny, nos seus intentos de reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (955-964). De nome Ottaviano dei Conti di Tuscolo, para defenderse de Berenguel II apoiou a Odón I, quen lle concedeu o privilexio que ratificaba os Estados Pontificios. Foi deposto por un sínodo romano.

    VER O DETALLE DO TERMO