"Xudá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 22.
-
VER O DETALLE DO TERMO
antisemitismo.
-
-
Acción e resultado de axudar.
-
O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.
-
-
Antigamente, acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao Rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais. Transformouse nun imposto sobre a carne, o viño e outros produtos.
-
Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos que exercían un cargo.
-
-
Aplicación, opción dun programa ou documentación destinada a facilitar o emprego correcto dunha aplicación ou dun aparato informático.
-
enema.
-
Sistema de radionavegación, co que se asiste os avións durante o voo.
-
Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragaren os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.
-
En deportes colectivos de oposición, acción simultánea dun xogador en defensa da acción dun compañeiro de equipo; diríxese contra un contrario que non é o seu opoñente directo.
-
...
-
-
-
Que ofrece axuda ou que serve para axudar.
-
Persoa que ofrece a súa axuda para solucionar un problema ou situación.
-
-
-
Que axuda.
-
-
Persoa que axuda ou asiste a alguén nalgún quefacer.
-
Cabo ou oficial que, dentro da súa unidade, cumpre determinadas funcións e determinados servicios.
-
Técnico adxunto ao realizador, xefe de produción, operador, enxeñeiro de son, decorador ou montador, encargado de prestarlles colaboración directa e auxilialos nas súas funcións.
-
Profesor adxunto.
-
-
Persoas que participan nos labores relacionados coa pesca realizada pola compañía; executan todos aqueles traballos de complemento necesarios e que non implican unha participación directa nas actividades de extracción. Teñen unha condición de socios dentro das compañías á parte.
-
Cabo que cumpre as funcións de secretario e de auxiliar no mando xeral a quen serve.
-
Cargo das congregacións da curia romana. Constitúe o grao máis elevado de oficiais menores, poñentes e executores, no referente aos asuntos que lle son confiados.
-
Oficial de máquinas durante o período de prácticas regulamentarias para obter o título de maquinista naval.
-
...
-
-
-
Cargo de axudante.
-
Oficina do axudante.
-
Delegacións que en portos de determinada importancia representaban a autoridade de Mariña; dependían directamente da Armada, e eran rexidas por un oficial da propia Mariña militar que recibía o nome de axudante de Mariña. As competencias das axundantías eran as de vixiar e regulamentar o desenvolvemento das actividades pesqueiras, do mesmo xeito que representaban a autoridade naval ante os mariñeiros da localidade. A Lei de Portos de 1992 rematou con esta institución nacida no s XIX, ocupando o seu lugar a Capitanía de Mariña, rexida por un capitán da mariña mercante, perdendo así o seu carácter militar.
-
-
-
de axugar.
-
Colaborar con alguén nun asunto, traballo ou semellante.
-
Socorrer a unha persoa para que mellre a súa situación.
-
Prestar colaboración para que alguén consiga aquilo que se propón.
-
Servir algunha cousa para que outra cousa sexa máis fácil de acadar ou teña un mellor resultado.
-
Realizar algo, do que se vai obter algún beneficio co máximo interese e esforzo.
-
alerse para realizar algunha cousa cos medios dos que se dispón, especialmente cando estes medios escasean.
-
-
-
Colaborar con alguén nun asunto, traballo ou semellante.
-
Socorrer a unha persoa para que mellre a súa situación.
-
Prestar colaboración para que alguén consiga aquilo que se propón.
-
Servir algunha cousa para que outra cousa sexa máis fácil de acadar ou teña un mellor resultado.
-
Realizar algo, do que se vai obter algún beneficio co máximo interese e esforzo.
-
alerse para realizar algunha cousa cos medios dos que se dispón, especialmente cando estes medios escasean.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, fillo de Xacob e Lea. O nome, que designaba a rexión montañosa que rodeaba a Belén converteuse en epónimo dunha das doce tribos de Israel.
-
REINOS
Reino hebreo que xurdiu cara ao S de Palestina da división entre as tribos do N e do S despois da morte de Salomón (s X a C). David fora xa proclamado rei de Xudá en Hebrón. Coa conquista de Xerusalén, a súa expansión e a transformación estatal en tempos de Salomón, puxeron as bases do futuro Reino de Xudá. Este mantivo unha certa estabilidade interior grazas á perpetuidade da dinastía davídica e da tradición administrativa de Salomón, mentres que no exterior buscou o equilibrio cos seus veciños. A hostilidade con Israel durou ata a destrución deste reino (722 a C) e as intervencións dos imperios asirio, desde 734 a C, e babilónico, a partir de 605 a C, perpetuáronse ata a destrución do Reino de Xudá en 586 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos xudeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión dos xudeus, fundada por Abrahám e fundamentada na alianza entre Iavé e os patriarcas. Enfrontada ao naturalismo politeísta dos pobos veciños, o pobo de Israel propuxo un monoteísmo estrito. A alianza entre Iavé e o pobo de Israel establecía a protección do primeiro sobre o pobo, que a cambio lle ofrecía a propia imposición dun sinal (circuncisión) e o sometemento a unha lei, a Tora que, explicada no Pentateuco, constituíuse como un código que recollía os principais textos do xudaísmo. Ademais da Tora e dos outros libros do Antigo Testamento aceptados polo xudaísmo, transmitíronse un conxunto de tradicións xurídicas coñecidas como Mišnà, como complementarias. Tanto esta coma os comentarios rabínicos posteriores (Guemará), constituíron o Talmud. As principais festividades xudías son o sabbath, a Pesa ḥ (Pascua), o Sabu’ot (Pentecoste) ou o Sukkõt (festa dos Tabernáculos)....
-
-
Que xudaíza.
-
Xudeu converso que mantiña a práctica do xudaísmo, privada ou publicamente, en España e Portugal.
-
-
-
Converter ao xudaísmo.
-
Practicar os ritos do xudaísmo.
-
-
AFLUENTES
Afluente do Eo pola dereita que nace na serra do Pousadoiro, na parroquia da Órrea (Riotorto), e desemboca na de Vilaoudriz (A Pontenova).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pontenova baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barrio en que habitaban os xudeus, especialmente durante a Idade Media. En Galicia, o seu esquema organizativo foi semellante ao dos antigos concellos cristiáns. Estaban constituídos polos anciáns, representantes da autoridade patriarcal, os adiantados e os cabezas de familia, e as súas funcións abarcaban os asuntos internos da aljama ou xudaría, o cobro de impostos e a representación da comunidade. A figura suprema recaía no rabb maior ou sacerdote supremo, de nomeamento rexio e con autoridade sobre varias comarcas e bispados e a administración de xustiza estaba en mans dos hedines, os dayanes e os chamados anciáns maiores, maxistrados que exercían nos grandes distritos. A cúspide correspondía ao gaón ou nassí, figura prescrita no Talmud que velaba pola integridade das leis civís e criminais e interviña nos asuntos relixiosos. A instrución dos preitos realizábana os escribas, encargados tamén da redacción de todo tipo de documentos...
-
Contribución que pagaban os xudeus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa traidora ou desleal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do hebreo Yehudah ‘león’, ou ben ‘louvanza (de Deus)’, a través do grego Ioúdas. Presenta as variantes Xuncras e Xúcaras.
-
PERSOEIRO
Apóstolo. Traiciounou a Xesús revelando ao sanedrín o lugar onde pasaría a noite antes de morrer, a cambio de trinta moedas de prata. Cun grupo armado, achegouse ata o Monte das Oliveiras onde oraba Xesús e deulle un bico, que era o sinal para identificalo e prendelo. Posteriormente arrepentiuse, arroxou as moedas ao templo e aforcouse. Con elas, os inimigos de Xesús mercaron un campo (Haceldama), que serviu de cemiterio dos estranxeiros.
VER O DETALLE DO TERMO