"at*" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Budismo hīnayāna, é o home digno que obtén o nirvana para el mesmo, a diferenza do bodhisattva do Budismo mahāyāna, que retrasa o seu paso para poder levar a salvación aos outros.
-
-
Termo inglés que antigamente se empregaba para referirse a un adorno musical. Co tempo foi aplicado ao tipo de música basicamente rítmica xurdida en Inglaterra a comezos dos anos sesenta, con grandes influencias do rythm and blues. Foron os seus máximos expoñentes The Beatles e The Rolling Stones. Na terminoloxía de jazz, derivou como sinónimo do swing.
-
Etiqueta que identifica a un grupo de escritores norteamericanos composto fundamentalmente por novelistas e poetas, nacido en 1950 e que persistiu ata os anos sesenta. Encabezados polo poeta Allen Ginsberg, voceiro do movemento, toman o termo beat do argot dos músicos negros. A xeración beat naceu nos anos corenta da amizade dalgúns mozos da Universidade de Columbia e do seu trío principal: Allen Ginsberg, Jack Kerouac e William S. Burroughs, que escribiron as obras máis representativas do movemento, respectivamente: Howl and other poems (Ouveos e outros poemas, 1956), On the road (No camiño, 1957), e The naked lunch (O almorzo nu, 1959). Identificáronse polo rexeitamento do conformismo e por unha dispoñibilidade total para lanzarse ás máis desaforadas aventuras e ás experiencias máis radicais. Coñeceron a prisión e o hospital psiquiátrico, probaron multitude de drogas, e leron a Nietzsche, Freud, Lautréamont, Spengler e Blake, e textos gnósticos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa (equivalente a provincia) de Tailandia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charla electrónica escrita e en directo entre dous ou máis internautas desde ordenadores diferentes. As mensaxes poden enviarse de xeito privado a certos usuarios ou de xeito público a todas as persoas que nun determinado momento estean nunha canle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida elaborada con ron, augardente, café, pel de limón, azucre e especias. Antes de bebela, flaméxase ata a combustión case total do alcohol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade xenética provocada por unha delección no brazo curto do cromosoma 5. Detectada por primeira vez en 1963, un dos seus signos característicos é a emisión dunha especie de miaño durante a infancia, de onde lle vén o nome. Outros síntomas son a presenza de ollos moi separados con dobramentos epicánticos, trazos faciais únicos e varios atrasos físicos e mentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución diplomática imposta a un inimigo derrotado. Empregárona os alemáns para designar o Tratado de Paz de Versailles (28.6.1919) co que concluíu a Primeira Guerra Mundial, e amosar así que fora unha imposición dos vencedores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de ballet que consiste nun salto durante o que o bailarín ou bailarina cruza os pés, normalmente non máis de oito veces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
transbordador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda inglesa de prata cun valor de catro peniques, que comezou a cuñarse en 1351. Empregouse ata o reinado de Carlos II (1660-1668).
-
-
Arbusto de follas alternas unifoliadas, flores aromáticas e froitos pequenos (2,5-3,2 cm de diámetro), agrupados en acios, de cor amarela dourada, semellantes a unha laranxa pequena; teñen a polpa ácida e as sementes pequenas, e son consumidos frescos, como froita de mesa, ou en conserva. Procedente do Leste asiático, cultívase en California, onde se dá tamén unha variedade de froitos ovais (F. margarita).
-
Froito do arbusto homónimo, de tamaño similar a unha oliva grande e redondeado, de cor alaranxada e de pel lisa e comestible; é moi rico en vitaminas B 1 , B 2 , C e E.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal de Myanmar. Divídese en 100 pyas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de goberno implantado en Francia durante algúns períodos do Antigo Réxime, que se baseaba na preponderancia dun ministro que dependía directamente do rei. Instaurado en 1624 por Luís XIII e o cardeal Richelieu, desapareceu baixo o reinado de Luís XIV e reapareceu con Luís XV e o cardeal Fleury (1726-1743).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula latina que se escribe de acordo co dereito canónico, nos libros e noutras publicacións que requiren licenza da autoría eclesiástica. A expresión completa é nihil obstat quominus imprimatur, ‘non hai impedimento para que sexa impreso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
iño de alta graduación rico en taninos, fino e relativamente baixo de extracto seco, producido no Priorat (Catalunya) e municipios limítrofes, e elaborado con uvas de cariñena e garnacha tinta (o tinto), e garnacha branca e macabeo (o branco). A súa denominación de orixe está protexida desde 1954.
-
VER O DETALLE DO TERMO
uombat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esmola legal estipulada polo Islam.