"bot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 225.

  • PERSOEIRO

    Astrofísico norteamericano, director do Observatorio de Washington. Estudiou a distribución da enerxía no espectro solar ao cuantificar mediante o pirheliómetro o valor e a temperatura do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury (1611-27). Fillo dun tecedor, estudiou na Universidade de Oxford, da que chegou a ser Vicechanceler (1600, 1603 e 1605). Foi un dos redactores da Biblia anglicana patrocinada por Xaime I de Inglaterra. Coroou a Carlos I (1625) pero opúxose ao seu absolutismo, polo que foi destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador norteamericano. Pastor da Igrexa Cristiá Congregacional, propugnou a conciliación do Cristianismo co evolucionismo: The theology of an evolutionist (Teoloxía dun evolucionista, 1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento exipcio adquirido no 1854 polo inglés H. Abbot e arquivado no British Museum. Conservado en moi bo estado, mide 2.180 m de lonxitude. Está escrito en hierático polas dúas caras. O texto do anverso corresponde ao reinado de Ramsés XI; o do reverso ao de Ramsés IX, datado no ano 16 (1125 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización inglesa, fundada por Cecil Reddie en Derbyshire no 1889. Inspirada no Philanthropinum do alemán Basedow (1774), foi a primeira que se chamou escola nova. Situada no campo, tentou un equilibrio entre o traballo e o xogo, de acordo co principio do interese continuado, para fortalecer o corpo e formar o sentido da responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa norteamericana. Estudiou debuxo e escultura en Nova York. En París colaborou con Man Ray (1923-1925) e introduciuse de cheo na actividade fotográfica grazas a Eugène Atget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Formou parella cómica co actor Lou Costello (Abbott & Costello). O seu primeiro filme foi Buck Privates (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relacionados con esta caste están os apelidos Abotoador, Abotoadura e Abotoar. As súas armas levan, en campo de goles, un abrigo de azur abotoado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que abotoa.

    2. Persoa que fai ou pega botóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de abotoar.

    2. Conxunto de botóns que forman parte dunha peza de vestir.

    3. Conxunto de botóns que unen dous cabos ou dúas pernadas dun mesmo cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar unha prenda de vestir introducindo os botóns nos ollais.

    2. Coser ou prender os botóns a unha peza de vestir.

    3. Unir por medio de botóns un cabo a outro ou dúas pernadas do mesmo cabo.

    4. Botar gromos ou botóns as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    2. Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    2. Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudios e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos, ben directamente (restos de madeira: antracoloxía), mediante o peneirado fino ou flotación das terras en auga (sementes: carpoloxía) ou mediante a extracción no laboratorio de mostras do sedimento (fitolitos, pole: palinoloxía). Así mesmo, cómpre distinguir entre restos microbotánicos (pole, cutículas, fitolitos ou diatomeas) e restos macrobotánicos (sementes, froitos, madeira e outros vestixios vexetais). O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio ambiente no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico. Posto que as plantas se encontran na base da cadea alimenticia, a análise da comunidade vexetal dunha rexión é unha boa metodoloxía para o coñecemento de datos sobre a dieta alimenticia e as actividades económicas dos ocupantes dun xacemento. A comunidade vexetal dunha rexión e dunha época determinadas, ademais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización socio-laboral fundada en abril de 1932 en Vigo. Estaba conformada por maquinistas e patróns de pesca da cidade e non se establecía a afiliación de mariñeiros. A fins de 1932 ingresou na UGT baixo a denominación de Sociedad de Patrones, Habilitados y Fogoneros, sendo unha das poucas organizacións de traballadores do mar afiliada ao socialismo, xa que a CNT exercía, por eses anos, un total dominio sobre o sector mariñeiro galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeobotánica que se ocupa do estudo de cada taxon particular, en oposición á sinxeobotánica.

    VER O DETALLE DO TERMO