"deus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

    1. adiviñanza.

      1. Expresión de despedida, especialmente axeitada para dirixirse a unha persoa a quen se trata de ti.

      2. Expresión utilizada para denotar impresión por un accidente súpeto ou un desgusto.

      1. Despedida.

      2. canto de adeus

        Canto escocés moi difundido en ambientes de scouts, entoado como despedida colectiva e de irmandade en moitas xuntanzas ou reunións, tomados todos das mans e formando unha roda.

    VER O DETALLE DO TERMO

  • Marca de viño que pertence á adega vitivinícola do Ribeiro, elaborado principalmente con treixadura. Etiqueta herdeira do Bradomín, ao que substituíu por problemas legais ao non autorizar o emprego de tal nome o herdeiro do título de marqués de Bradomín, fillo do escritor Carlos Valle-Inclán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago salgado de Australia, no territorio setentrional. Ten unha superficie que oscila entre os 5.000 e os 8.000 km2 segundo o réxime estacional de choivas. Atópase entre as cordilleiras de Macdonnell e Musgrave, a 450 m de alt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario sueco. Formado no Prerromanticismo sueco, constituíuse en abandeirado do grupo literario Auroraförbundet. Toda a súa obra é unha procura da arte en si mesma, da poesía pura. Compuxo unha serie de poemas dramáticos recollidos baixo os títulos de Fagel Bla (O paxaro azul, 1814) e Lycksalighetens Ö (A illa da felicidade, 1824-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Orixinalmente autor de estilo Neoclásico, evolucionou cara ás técnicas dodecatónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tadeusz Zelẹński.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de santo Agostiño de Hipona escrita entre os anos 413 e 426 como contestación ás acusacións dos pagáns sobre os cristiáns. Alarico, rei visigodo, saqueou Roma no 410 e os pagáns culparon destes males aos deuses que, enfadados polo avance do culto cristián, estaban a vingarse da poboación. Nos dez primeiros libros refutou esta teoría e nos doce restantes elaborou unha grandiosa concepción filosófi-co-teolóxica da historia universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha persoa deixe de crerse superior aos demais.

    2. Deixar alguén de crerse superior aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume moi frecuente na Idade Media. A súa orixe está no apelativo de Deus que, como apelido administrativo, se adoitaba engadir ao nome de bautismo para os nenos orfos e que despois pasou a ser empregado como alcume. Rexístrase desde moi cedo en documentos en latín e máis tarde en romance: “Michaelis de Deo” (doc ano 1188 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 499), “Maria de Deus” (doc ano 1281 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 132). Variantes deste apelido son De Deus e Deus de, mentres que De Dios e Dios son formas castelás ou galegas castelanizadas.

  • Expresión latina que alude a un instrumento mecánico (machina) que se empregaba na posta en escena do teatro grego clásico para facer posible a entrada dun deus ou dun ser sobrenatural descendendo das alturas, que contribuíse coa súa intervención a solucionar un conflito irresoluble para os homes. O procedemento foi criticado por Aristóteles, quen defendía o desenvolvemento natural da acción, a partir dos resortes internos da propia intriga. Igualmente, foi criticado no Crátilo de Platón. Por extensión e de xeito figurado, alude á intervención inesperada e providencial dun personaxe ou dalgunha circunstancia que axuden a resolver unha situación complicada; como por exemplo, unha carta inesperada que aclara unha dúbida ou unha herdanza que se descoñecía. Adoita utilizarse cando o dramaturgo ten dificultade en atopar unha conclusión lóxica á súa trama. O recurso foi empregado frecuentemente no Barroco, pero o teatro moderno prescindiu del por consideralo demasiado artificial e inverosímil,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmandade de carácter relixioso fundada en Pontevedra (1935), que tomou o seu nome do lema utilizado polos irmandiños no s XV. Tiña como obxectivo a difusión dos ideais e valores do catolicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. En Coimbra estudiou dereito e comezou a prepararse en avogacía e xornalismo, estudios que continuaría en Beja, Évora e en Lisboa. Cultivou unha poesía simple e popular, de temática amorosa, contra os excesos do romanticismo final. Da súa produción destaca Cartilha maternal (1876), método de lectura para nenos, e a colección de poemas Campo de flores (1893), editada por Teófilo Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Carlos Casares en 1996. Ambientada nos anos anteriores e posteriores á Guerra Civil española, combina a temática amorosa coa crónica político-social e a reflexión filosófica. A través da perspectiva externa dunha muller innominada (“Ela”), que observa desde a ventá da súa casa o protagonista (“El”), nárrase a historia dun triángulo amoroso en dous tempos: lembranzas do pasado e sucesos do presente. O “Deus” é un intelectual co que “Ela” tivo unha intensa relación amorosa na súa xuventude. A identificación do protagonista coas aspiracións do novo réxime franquista fan que “Ela” torne progresivamente a súa admiración inicial polo desprezo absoluto. Non obstante , co paso dos anos, “El” evoluciona desde o entusiasmo inicial á frustración e á perda de fe nos ideais que apoiara ata chegar á postración do presente, símbolo de illamento e decadencia. A indagación ética sobre a condición humana e o compromiso do intelectual co tempo que lle tocou vivir, así como a reflexión...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeiro xornal editado en Barcelona. Fundado por Pedro Ángel Tarazona, publicouse nunha primeira etapa entre o 7 de xaneiro e o 30 de abril de 1762, e presentaba unha estrutura semellante á do Diario de Madrid. Reapareceu o 2 de xuño de 1772 e desapareceu definitivamente o 30 de maio de 1773. Coñeceuse popularmente co nome de Diari d’En Tarassona. Dos seus obradoiros tipográficos saíron un total de 53 números.

    2. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto. As deidades máis salientables do hinduísmo son as śakti -potencia divina ou poder inmanente, a miúdo identificado coa deusa suprema ou Gran Deusa-, relacionadas con Śiva -un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Brahmā-, entre as que destacan Kālī e Durgâ. As diversas denominacións das divindades femininas da Antigüidade son: a boa deusa, como caracterización de Cibeles; a deusa nai, como representación, moi estendida no Mediterráneo Oriental (Exipto, Fenicia, Frixia e Grecia), da fecundidade vexetal, animal e humana (Isis, Cibeles, Rea, etc); e a gran deusa, como cualificación de pertenza ao grupo dos deuses de máis alta categoría (Afrodita, Hera, Atenea, Ártemis, Deméter, etc). En numerosas mitoloxías, principalmente a grega e a romana, permitíaselles aos deuses casar con mortais -aínda que estes se visen obrigados por isto a vivir menos tempo-...

    3. Ser supremo. OBS: Escríbese en maiúscula cando se emprega como nome propio.
      Concepto de Deus
      O concepto de Deus, nacido como resposta ao misterio da existencia (percibido con inquietude polo home), pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou pola contra, pode atribuírse ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo). Esta variedade de posibilidades de aplicación do termo faino susceptible de recibir as máis diversas significacións que, incluso, poden contrapoñerse unhas ás outras, feito que implica a imposibilidade de definilo segundo unha expresión única, clara e determinada. Non obstante , o deus das relixións monoteístas, creador do universo, independentemente da tradición cultural na que se enuncie, reúne na súa natureza algunhas características ineludibles: infinidade, unidade e simplicidade. Escolas filosóficas como a de Viena afirman a existencia inicial dun monoteísmo moi rudimentario que derivaría en...

    4. Persoa ou cousa pola que se sente especial admiración e veneración. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O deus do usureiro é o diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto. As deidades máis salientables do hinduísmo son as śakti -potencia divina ou poder inmanente, a miúdo identificado coa deusa suprema ou Gran Deusa-, relacionadas con Śiva -un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Brahmā-, entre as que destacan Kālī e Durgâ. As diversas denominacións das divindades femininas da Antigüidade son: a boa deusa, como caracterización de Cibeles; a deusa nai, como representación, moi estendida no Mediterráneo Oriental (Exipto, Fenicia, Frixia e Grecia), da fecundidade vexetal, animal e humana (Isis, Cibeles, Rea, etc); e a gran deusa, como cualificación de pertenza ao grupo dos deuses de máis alta categoría (Afrodita, Hera, Atenea, Ártemis, Deméter, etc). En numerosas mitoloxías, principalmente a grega e a romana, permitíaselles aos deuses casar con mortais -aínda que estes se visen obrigados por isto a vivir menos tempo-...

    2. Ser supremo. OBS: Escríbese en maiúscula cando se emprega como nome propio.
      Concepto de Deus
      O concepto de Deus, nacido como resposta ao misterio da existencia (percibido con inquietude polo home), pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou pola contra, pode atribuírse ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo). Esta variedade de posibilidades de aplicación do termo faino susceptible de recibir as máis diversas significacións que, incluso, poden contrapoñerse unhas ás outras, feito que implica a imposibilidade de definilo segundo unha expresión única, clara e determinada. Non obstante , o deus das relixións monoteístas, creador do universo, independentemente da tradición cultural na que se enuncie, reúne na súa natureza algunhas características ineludibles: infinidade, unidade e simplicidade. Escolas filosóficas como a de Viena afirman a existencia inicial dun monoteísmo moi rudimentario que derivaría en...

    3. Persoa ou cousa pola que se sente especial admiración e veneración. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O deus do usureiro é o diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor en Berlín e Kiel. Discípulo de Arthur Schopenhauer, chegou ao convencemento da identidade fundamental de todas as relixións. Entre as súas obras destaca Allgemeine Geschichte der Philosophie, mit besonderer Berücksichtigung der Religionen (Historia xeral da filosofía, con especial consideración ás relixións, 1894-1917) en 6 volumes, dedicados os tres primeiros á filosofía india.

    VER O DETALLE DO TERMO