"edito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 74.

  • Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No mes de maio de 1977 principia a súa actividade, en Lugo, Alvarellos Editora Técnica. A nacente editorial abre as súas portas coa novela Botei corenta anos, da que é autor Enrique Alvarellos Iglesias, fundador e director da propia empresa. Dous firmes obxectivos centran a actividade desta editorial: dar a coñecer a escritores novos da nosa narrativa, e, por outra banda, recuperar, por medio de edicións facsímiles, obras dos séculos XVIII e XIX, hoxe moitas delas esquecidas e que configuran parte da historia da nosa Terra. Durante os primeiros anos de funcionamento da editorial, o esforzo concentrouse na nova narrativa galega daqueles días: Xabier Alcalá, Manuel María ou Xabier Rodríguez Barrio foron algúns dos autores editados, xunto con outras obras de ensaio como El Mariscal Pardo de Cela, de Eduardo Pardo; Lugo en sus Orígenes, de Narciso Peinado; ou Onomástica Persoal do Noroeste Hispano, de Eligio Rivas. No eido das publicacións facsímiles, destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que foi dito ou referido anteriormente. OBS: Emprégase sobre todo no discurso escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial de Pamplona (Navarra) fundada en 1929 polo xurista Manuel de Aranzadi e Irujo (Lizarra 1882 - Pamplona 1942). Publica desde 1930 os repertorios de xurisprudencia e lexislación española: Repertorio cronológico de Legislación, Repertorio de Jurisprudencia, Índice progresivo de legislación e Índice progresivo de jurisprudencia, actualizados periodicamente. Nesa mesma liña, Estanislao de Aranzadi, fillo do fundador, publicou a primeira edición do Dicionario de legislación (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1983 por iniciativa de Bieito Ledo Cabido como director-xerente da editorial Galaxia. Na mesma participaron Carmen Brochs, Enrique Iglesias, Bieito Ledo, Fernando Abraldes, José Luís Veleiro, Olegario Sotelo Blanco, Carlos Blanco Yáñez, Salvador García Bodaño e Antón Patiño. Ten as finalidades de defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega; os seus estatutos foron presentados para a súa aprobación oficial o 27 de setembro de 1983, sendo publicado o anuncio do referido depósito no DOG nº 143 de 7 de outubro de 1983. A primeira xunta directiva, elixida na xuntanza mantida en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1983, estivo presidida por Bieito Ledo Cabido. Por orde cronolóxica, presidiron a Asociación Galega de Editores Luís Mariño, Antonio Díaz Díaz, Bieito Ledo Cabido, Carlos Blanco Yáñez e Damián Villalaín. En cumprimento das súas finalidades a Asociación Galega de Editores vén desenvolvendo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo, constituído en Madrid no ano 1962 como sucesor do Instituto de Crédito para a Reconstrución Nacional, creado no ano 1939 para financiar a reparación dos danos materiais da Guerra Civil española. No 1982 foi disolto debido á súa absorción polo Banco Hipotecario de España (BHE); en 1991 á súa vez integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1964 como continuadora do Servicio Nacional de Crédito Agrícola, fundada no ano 1925. Ata o 1962, o servizo actuou con cartos da banca privada e das caixas de aforros, e tiña por obxecto conceder préstamos para investimentos no agro. No ano 1964, cando cambiou o seu nome para Banco de Crédito Agrícola, quedou subordinado ao ministerio de Finanzas; en 1991 integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding bancario creado no 1972 polo paquistaní H. Abedi. Con presenza en sesenta e sete países, foi suspendido no 1991 e conducido á liquidación por mor das súas actividades fraudulentas e ilícitas (droga, terrorismo, corrupción, branqueo de diñeiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a medio e longo prazo constituído no ano 1920 en Madrid. O seu obxectivo é o de conceder préstamos para novas industrias ou para a ampliación das existentes. Operou ata que foi absorbido polo estado (1962), mediante contribucións do tesouro e pola emisión de cédulas. Dende entón depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1925 coa finalidade de facilitar créditos ás corporacións locais. Ata a lei de reforma bancaria do 1962 o banco estivo financiado mediante a emisión de cédulas de crédito local. Depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1902 en Madrid, como continuadora do Crédito Mobiliario Español, de capital francés, e estreitamente conectada coa Banca de París e dos Países Baixos ata a Primeira Guerra Mundial, cando as accións pasaron ás mans españolas. No 1963 creou o seu banco industrial, o Banco de Desenvolvemento Económico Español (BANDESCO). No 1979 acadou o control do Banco de Madrid e do seu filial, o Banco Catalán de Desenvolvemento, nos cales tiña xa unha participación minoritaria. En decembro do 1993, como consecuencia das necesidades de saneamento do banco, foi intervido polo Banco de España que destituíu ao seu consello de administración e nomeou un novo. No ano 1994 foi mercado polo Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Fundou en Madrid a orquestra que levaba o seu nome (1916), e o primeiro gran coro mixto de Madrid (1918). Foi un destacado pedagogo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial barcelonesa creada en 1942. Sucedeu á editorial El Gato Negro, fundada en 1912 por Joan Bruguera i Teixidó. En 1954 constituíuse en sociedade anónima. Publicou, principalmente, novela rosa, policíaca e libros e revistas infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial de ámbito estatal aparecida en 1898 que posúe unha delegación territorial na Coruña. Está dirixida por Francisco Fernández Cilleruelo, David García García e José Ramírez del Hoyo. Especializada nas publicacións e nos materiais educativos complementarios para uso escolar, tenta potenciar o desenvolvemento das diferentes linguas do estado a través das súas coleccións de libros de texto e literatura. Dentro desta liña, en lingua galega cómpre destacar as edicións dirixidas á Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, amais dun apartado dedicado á Literatura Infantil e Xuvenil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1870 en Barcelona por Ramón Casals Lamarca. Especializada en libros de texto e materiais complementarios para os niveis de infantil, primaria, ESO e bacharelato, publica tamén literatura infantil e xuvenil en lingua galega, castelá, catalana, valenciana e euskera. A ela están asociadas a Editorial Magisterio Español, a Editorial Onda e Combel de Editorial ESIN. En lingua galega e baixo a colección Trolebús publicou, entre outros libros: O pirata da illa de prata, A cidade de Aldara e A princesa e o dragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1945 en Madrid por Amparo Soler Gimeno. Dirixida por Federico Ibáñez Soler, está especializada en literatura clásica española. As súas coleccións máis destacadas son: Clásicos Castalia, dirixida por Alonso Zamora Vicente e con máis de 250 títulos publicados, Castalia Didáctica, Odres Nuevos, Castalia Prima, Literatura y Sociedad, Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica, Castalia Instrumenta, Historia y Textos e Antología comentada de la Literatura Española, dirixida por Andrés Amorós. A súa Biblioteca de Escritoras, con máis de cincuenta títulos editados, conta cun consello editor formado por Marina Mayoral, Amparo Soler e Elena Catena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial Céltiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que edita conxuntamente con outro editor ou editores.

    VER O DETALLE DO TERMO