"even" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

    1. Relativo ou pertencente ao Benevento ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Benevento.

    3. Escritura chamada tamén beneventano-casinesa (e antes, por erro, lombarda, napolitana, etc), usada na Italia meridional e en Dalmacia dende o s VIII ata o inicio do s XV. A orixe vén da minúscula cursiva documental. A evolución vai ligada especialmente á abadía de Montecassino. Caracterízase polas letras de trazado anguloso e en zig-zag, polo uso de determinadas abreviaturas e pola súa peculiar forma de puntuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Benevento, na Campania, Italia, situada na confluencia dos ríos Sábato e Calore (63.367 h [1998]). A súa industria dedícase á transformación dos produtos agrícolas. Cidade de orixe samnita, antigamente chamada Maleventum, os romanos cambiáronlle o nome polo de Beneventum e déronlle o estatuto de colonia romana despois das Guerras Samnitas (343-290 a C). Cando se produciu a caída do Imperio Romano, os godos apoderáronse axiña da cidade. No 571 pasou a mans dos lombardos, que a converteron nun ducado no 573 e despois en principado independente. En 1081 Robert Guiscard conquistouna e entregouna á Santa Sé, converténdose en feudo dos Estados Pontificios. En 1860 foi anexionada ao Reino de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión da Campania, Italia (2.071 km2; 294.083 h [1998]). A capital é Benevento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade romana das boas colleitas, que se converteu no deus da boa sorte e dos éxitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. En 1970 iniciou a súa formación universitaria en Berkeley para trasladarse en 1978 ao Bells Lab como investigador, onde estudiou a transferencia de enerxía no rubí e a espectroscopía óptica do positrón. Dende 1987 traballa na University of Standford, onde compaxina a actividade docente coa investigadora. En 1997 outorgóuselle, xunto con C. Cohen-Tannoudji e W. D. Phillips, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento de métodos para arrefriar e atrapar átomos con láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de prevención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Overijssel, Países Baixos, na beira do río Ijssel (68.004 h [estim 1992]). O sector industrial constitúe a base da súa economía, principalmente a metalurxia, as químicas, as construcións mecánicas e os pequenos estaleiros. Conserva unha igrexa románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio de parede que se atopa entre dúas fiestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence á familia lingüística tungusa do phylum altaico, que se fala en Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do latín eventu ‘acontecemento’, e de aí Eventius ‘que ten éxito, famoso’. Houbo dous santos con este nome: un mártir en Zaragoza, que se celebra o 16 de abril, e outro mártir en Roma baixo Adriano (s II), que se celebra o 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. De orixe belga, formouse na Académie des Beaux-Arts de Bruxelas (1889-1890) e na École des Beaux-Arts de París (1892) con P. V. Galland. En 1893 converteuse en discípulo de Gustave Moreau. Fixo composicións ao aire libre caracterizadas por un sintetismo cromático que anunciaba o fauvismo. Entre outras obras destacan L’espagnol à Paris (O español en París, 1899) e Promenade du dimanche (Paseo do domingo, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador de moedas. Xunto con Cimón, traballou na ceca de Siracusa. Asinou as súas obras, entre as que destacan unha cabeza feminina rodeada de golfiños e unha cuadriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence á familia lingüística tungusa do phylum altaico, que se fala en China, Mongolia e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acontecemento posible.

    2. Cousa que sucede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hernia das vísceras abdominais nun punto do organismo onde non existe orificio preexistente, xeralmente nunha cicatriz cirúrxica ou traumática.

    2. Ascenso cara á cavidade torácica dunha metade do diafragma, xeralmente da esquerda, xuntamente coa pleura e o peritoneo, que se produce por atrofia, traumatismo indirecto ou aumento da presión abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode suceder ou non.

      1. Aplícase ao traballo que non é fixo.

      2. Aplícase ao traballador que non ten un emprego fixo.

    2. Que depende dunha circunstancia incerta e conxectural.

      1. Aplícase a cada un dos dereitos ou xustificacións anexos ao exercicio dun cargo fóra da dotación fixa.

      2. Aplícase aos fondos destinados nalgunhas oficinas a gastos accidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eventual.

    2. Feito ou circunstancia de realización incerta ou conxectural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Canarias, ao SO de Lanzarote, illa da que está separada polo estreito de Bocayna (1.659 km2, 42.938 h [1996]). De orixe volcánica, ofrece un relevo montañoso, aínda que de escasa altitude (Jandía, 802 m). As rochas volcánicas e as cinsas ocupan a maior parte da illa, polo que é moi pobre e improdutiva. Puerto del Rosario é o seu núcleo máis importante. A agricultura e o turismo son as principais fontes de riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO