"fāti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 31.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos fosfolípidos naturais chamados plasmaloxen polos histólogos. Difiren quimicamente da lecitina polo feito de que a función alcohol primario do glicerol non é esterificada por un ácido graxo, senón que está unida a un aldehido graxo formando non exactamente un acetal, senón un éter a-etilénico.
-
-
Dise dos compostos orgánicos acíclicos.
-
serie alifática
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etiqueta que designa, na traxedia clásica, a determinación coa que o heroe afronta o seu destino para desenvolver o papel que lle corresponde e dar sentido á súa vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da Teoloxía en que toda afirmación sobre Deus é fundamentalmente unha definición do que Deus non é. Por proceder mediante negacións, é tamén coñecida polo nome de Teoloxía negativa.
-
-
Calidade de apofático.
-
Corrente teolóxica que propugna a Teoloxía apofática, tamén chamada negativa.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación santiaguesa editada en marzo de 1961 co nome de Fátima e co subtítulo “Boletín de la Comunidad parroquial de nuestra señora de Fátima del Castiñeiro-Santiago de Compostela”. A partir do número 6 de 1961 titulouse Fátima en Santiago de Compostela, ata que en xuño de 1969 se nomeou Boletín interparroquial Fátima en Santiago de Compostela, e en xaneiro de 1976 Boletín interparroquial, Boletín Fátima en Santiago de Compostela, “Unha xeira nova do Boletín interparroquial”. Nos primeiros anos os artigos non ían firmados ou só levaban iniciais ou apelidos como Gómez, Casas ou Ro Pe Vi. Co tempo colaboraron Roberto Pereira, Xoán Casas, Manuel Romero Regenjo, Carlos Losada, Mario López, Camilo Nogueira, Xosé Ferreiro e Xulio Galego Barreiro, entre outros. Incluíu as seccións: “Cartas”, “Calendario”, “Libro de la vida”, “Correo del corazón”, “El Barrio”, “Cáritas”, “El Santuario” e outras. A medida que esta publicación evolucionaba, introduciu novas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora e filóloga. Licenciouse en Historia Antiga e doutorouse en Filoloxía Clásica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Las Ninfas en la literatura y en el arte de la Grecia arcaica (1996). Foi investigadora visitante na Harvard University (1992-1994), profesora de bacharelato e dende 1998 profesora do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo español do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (1988-1996). Colaborou en Cuadernos de Filología Clásica, Gallaecia e Revista de Literatura, e escribiu, entre outros, Imágenes para un texto. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2000), Imágenes para un texto II. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2002) e Lecturas del mito griego (2002) con J. C. Bermejo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endolinfa.
-
-
-
Que ten ou denota énfase.
-
Aplícase á persoa que se expresa con énfase.
-
-
Aplícase ás partículas ou expresións gramaticais que se intercalan na linguaxe para acentuar a expresión. Por exemplo, poden ter valor enfático as formas pois, non si? ou algúns usos dos pronomes persoais (Ela o contou).
-
Aplícase ás consoantes, características das linguas semíticas e especialmente do árabe, que se articulan mediante un estreitamento da farinxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira sura ou capítulo do Alcorán, que significa ‘a que abre o libro’. Componse de sete versículos, que os musulmáns recitan ao comezo de cada oración (17 veces ao día).
-
-
Que anuncia ou prognostica o porvir.
-
Que é desgraciado ou funesto ou que ten malas consecuencias.
-
-
-
-
Estado de cansazo xeral como consecuencia dunha actividade moi intensa ou prolongada, física ou intelectual.
-
Diminución da capacidade funcional dun órgano, especialmente os pulmóns, a consecuencia da súa actividade excesiva.
-
fatiga de estimulación
Diminución da excitabilidade dun nervio a causa dun estímulo repetido.
-
-
Traballos ou penalidades polas que pasa unha persoa. OBS: Normalmente úsase en plural.
-
-
Diminución da resistencia á rotura dun material elástico sometido a tensións dunha intensidade de signo variable. Os primeiros estudios levounos a cabo A. Wöhler, en 1869, ao investigar as causas da rotura dos eixos dos vagóns. Experimentalmente demostrouse que a fatiga depende do tipo de tensión aplicada, dos valores máximos e mínimos desta e do número de aplicacións. Por outra parte, depende da forma, das dimensións e das propiedades do material que se somete a estas tensións.
-
ensaio de fatiga
Ensaio polo que se somete unha probeta a unha serie de tensións de signo alterno e no que se mide a diminución do límite elástico en función do número e da amplitude das tensións aplicadas. Os resultados represéntanse nas curvas de fatiga, tamén denominadas curvas de Wöhler, nunha escala logarítmica ou semilogarítmica, e indica o réxime de traballo para o que o material presenta propiedades elásticas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa fatiga.
-
-
Causar fatiga.
-
Sentir fatiga.
-
-
-
Que causa fatiga.
-
Que implica ou denota fatiga.
-
-
LOCALIDADES
Localidade do distrito de Santarém, Portugal (6.000 h [1980]). As orixes da vila están nas presuntas aparicións da Virxe María na Cova da Iria a tres pequenos, de entre 10 e 7 anos de idade: Lúcia de Jesus Santos e Francisco e Jacinta Martos. Segundo o seu relato, a primeira aparición tivo lugar o 13 de maio de 1917; os tres nenos videntes declararon que, dende a primavera de 1916, un anxo os visitara 8 veces. Segundo eles, a Virxe indicoulles que as aparicións se sucederían durante 6 meses o día 13 de cada mes. A Igrexa estudiou con cautela os testemuños, pero xa en 1918 se erixiu unha capela na cova de Iria. Trala destrución dese primeiro templo por unha bomba, construíuse unha gran basílica (1928-1953). En 1930, a Igrexa declarou as aparicións marianas de Fátima “dignas de creto” e pasou a converterse nun dos principais centros de peregrinación cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe toponímica. O topónimo portugués deriva do árabe Fâtimat, nome da irmá do profeta Mahoma, e significa ‘a que desteta os meniños’, ou ben ‘doncela’. Este nome musulmán fíxose cristián a partir do primeiro terzo do s XX, a causa das aparicións da Virxe na Cova da Iria, preto do lugar de Fátima. Na iconografía a Virxe represéntase vestida con túnica e manto brancos, coas mans xuntas en actitude orante e un rosario entre elas, xeralmente sobre unha árbore con tres pastores de xeonllos aos seus pés. A Nosa Señora de Fátima, titular dunha parroquia e patroa dos concellos de Abadín, Crecente, O Irixo e A Mezquita, celébrase o día 13 de maio.
-
PERSOEIRO
Filla de Mahoma e de Hadī Palatino; ǧ a. Casou con ‘Alī ibn Abī Palatino; Ṭ ālib e tivo dous fillos, Palatino; Ḥ assan e Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:Ḥ usayn.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos fatimitas.
-
Membro da dinastía fatimita.
-
Arte propia do período califal fatimita. Relacionouse coa arte árabe de Persia e de Sicilia. Caracterizouse pola construción nas mesquitas dunha fachada monumental con pórtico e dous minaretes de planta cadrada, polo emprego da bóveda de aresta e dos mocárabes, e pola abundancia de nichos. Utilizou o perpiaño e a columna. No Cairo consérvanse as mesquitas de Al-Azhar, al-Ḥākim (s X-XI), al-Aqmar e al-Ṣālih Ṭalā’, e uns cantos mausoleos do s XII. As fortificacións tiñan un acceso recto de dobre fachada e estaban enmarcadas por torres. Con respecto ás artes menores destacaron na realización de cerámicas con reflexos metálicos, os vidros tallados, pintados e estampados, a talla en marfil, o traballo en madeira e a fabricación de ṭirāz de liño con bordados de fíos de seda.
-
Dinastía árabe xiíta de califas que gobernou no N de África (909-973), en Exipto (969-1171) e en Oriente Medio. Xurdiu en Tunisia no s X cando ‘Ubayd Allāh, membro do movemento ismaelita e suposto descendente de Fátima, se proclamou mahdī e obtivo o apoio das tribos bérberes. Os seus sucesores proclamáronse califas e estenderon os seus dominios ata Exipto, onde se trasladaron no 969. O novo imperio, con capital no Cairo desde o 972, acadou, durante o reinado do Califa al-Azmīz, a súa máxima extensión territorial, ao controlar Sicilia, Siria, Palestina, Mesopotamia e Ḥaḋramawt. A súa decadencia iniciouse en tempos do Califa al-Ḥākim e continuou ata que no 1171 Saladino depuxo o último califa fatimita e estableceu a dinastía aiúbida en Exipto. A época fatimita foi, en xeral, unha época de prosperidade económica e de gran tolerancia relixiosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido fosfórico ou aos fosfatos.
-
Que contén ácido fosfórico ou fosfatos.
-