"mH" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
RIOS
Río de Irlanda, que nace preto de Oileán Ciarraighe, no condado de Ciarraighe, pasa por Mala e Fir Maighe ata Eochaill, onde desemboca no Atlántico logo dun percorrido de 164 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo, poeta e estadista hindú. Escribiu un léxico versificado moi importante para o estudo do sánscrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome teóforo exipcio que significa ‘o deus Ammón está diante (dos outros deuses?)’, e que foi levado por catro faraóns da XII Dinastía. Prefírese a forma grega Ammenemes.
-
REXIÓNS
Rexión dos altiplanos de Etiopía, que comprende a conca do Atbara e os arredores do lago Tana. A capital da rexión é Gondar. Foi residencia da corte de Etiopía ata o ano 1854.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos amharas.
-
Individuo dun pobo abisinio dominante en Etiopía. Presentan as características físicas dos etíopes. Habitan o centro e o norte do altiplano. Son agricultores e gandeiros, e falan amhárico, unha lingua semita. Son aproximadamente uns 7.000.000 h. Atribúeselle tamén o nome de amharas ao conxunto formado polos amharas, os tigrés, os tigriñas e os hararis.
-
Lingua semítica do grupo de linguas etíopes, oficial de Etiopía, falada por uns 7 millóns de persoas das zonas centrais. O amhárico, con fonda influencia do substrato cuixítico, desenvolveuse a partir do galla ou etíope antigo, a raíz da constitución, no s XIII, do novo imperio. É fundamentalmente unha lingua falada e só se coñecen uns poucos restos literarios: os máis antigos datan do século XIV e son de carácter popular.
-
-
PERSOEIRO
Mariscal británico e barón de Amherst. Xefe das forzas británicas en Canadá, rematou a súa conquista coa toma de Louisbourg (1758) e de Montreal (1760). Foi Gobernador xeral deste país e, xa en Gran Bretaña (1763), Comandante en xefe do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sal que resulta da reacción do ácido bromhídrico cunha base orgánica nitroxenada.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido bromhídrico.
-
En estado anhidro, gas de cheiro picante constituído por moléculas covalentes de bromuro de hidróxeno, que se obtén por unión directa dos seus elementos en presenza de catalizadores de platino. É moi soluble en auga, coa que produce solucións fortemente ácidas. Emprégase para a obtención de bromuros e derivados orgánicos do bromo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección caracterizada por unha secreción abundante de suor que ademais contén substancias fedorentas.
-
CONDADOS
Condado de Irlanda, Leinster (2.025 km2; 102.683 h [1996]). A capital é Cill Mhanntáin (5.299 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, en Connacht (6.149 km2; 188.854 h [1996]). A capital é An-Gaillimh (57.363 h [1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma
FORMULA
A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Hamgyŏng Meridional, República Democrática Popular de Corea (709.730 h [1993]). Situada ao L do país, preto da costa do mar de Xapón, é un mercado agrícola e un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Ecuación diferencial en derivadas parciais que ten por expresión
FORMULA
onde K é un escalar. Aparece á hora de buscar solucións das ecuacións dadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Función termodinámica F definida pola ecuación F = U - TS, onde U é a enerxía interna, T a temperatura absoluta e S a entropía. Denomínase tamén enerxía libre de Helmholtz e, cando un sistema sofre unha transformación isotérmica reversible, a correspondente diminución da función de Helmholtz é igual ao traballo total efectuado polo sistema.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudiou medicina en Berlín, impartiu anatomía na academia de Belas Artes de Berlín (1848), fisioloxía nas universidades de Königsberg (1849), Bonn (1855) e Heidelberg (1858). Destacou por apoiar e desenvolver a incipiente teoría da conservación da enerxía proposta por Mayer. En 1852 logrou medir a velocidade de transmisión do impulso nervioso e os tempos de reacción. Na súa actividade como fisiólogo realizou importantes descubrimentos sobre a vista e o oído. Inventou o oftalmoscopio, espectrofotómetro e o telestereoscopio, estableceu a fórmula coñecida en óptica como invariante de Helmholtz. Na óptica xeométrica, determinou o límite de potencia dos microscopios ópticos. Explicou a derivación da percepción das cores por combinación das tres cores primarias, formulada inicialmente por Young. Na acústica fisiolóxica fixo un estudo da natureza e calidades do son realizando experimentos sobre combinacións de sons, harmonías e discordancias. Inventou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente esférico, con dúas aperturas, de xeito que aplicando á orella se poden escoitar, cun notable aumento de intensidade, os sons de frecuencia igual á frecuencia característica de vibración da masa de aire contido no recipiente. A frecuencia de resonancia depende das dimensións da cavidade e da velocidade de propagación do son. Como filtro de cavidade resoante pertence ao grupo dos filtros denominados silenciadores activos usados no control dos ruídos pola súa capacidade de absorber vibracións das baixas frecuencias nun rango de frecuencias moi selectivo. Utilízanse nos sistemas de transporte de gases onde as pas dos ventiladores xeran ruído de baixa frecuencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría segundo a que, cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente, créase unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.
-
PERSOEIRO
Derradeiro faraón da dinastía XVIII. Oficial do exército, chegou a gran comandante a partir do reinado de Tutankhamon. Correxente no reinado do faraón Ay, accedeu ao trono despois do seu matrimonio coa princesa Mutnodjem. No seu reinado mantivo unha política exterior prudente e emprendeu reformas no interior destinadas a corrixir os abusos da administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, filósofo e arquitecto exipcio. Documéntase a súa existencia entre 2778 e 2600 a C. Deseñou a pirámide de chanzos de Sakkara. Venerado como un deus da medicina, os gregos identificárono con Asclepio.
VER O DETALLE DO TERMO