"seoane" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 33.
-
GALICIA
Compositor, musicógrafo, organista, investigador musical e director de corais. Dirixiu a coral Cantigas da Terra e a da Fábrica de Tabacos da Coruña. Como compositor foi sobre todo harmonizador de obras corais. Compuxo as escenas corais A romairía, Foliada, Brétemas e raiolas e unha canción no estilo da mélodie francesa titulada Soedade. Deixou un arquivo con abondosa información sobre a vida musical galega desde o s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Vinculado á compañía Sarabela Teatro, traballou nos espectáculos Madame de Sade (1991), A Esmorga (1995), Afección (1997), Os soños de Caín (1999), Romance de Micomicón e Adhelala (1999), O lapis do carpinteiro (2000) ou Sexismunda (2001). Co Centro Dramático Galego traballou no espectáculo Leoncio e Helena (1994). Ademais do seu labor actoral, desenvolveu unha intensa actividade no terreo do deseño de iluminación e no deseño escenográfico, fundamentalmente para Sarabela Teatro. Destaca o traballo realizado en O lapis do carpinteiro como iluminador, polo que recibiu o Premio María Casares á Mellor Iluminación no ano 2001. Cómpre tamén destacar o seu continuo traballo con grupos universitarios, escolares e da terceira idade, ben como escenógrafo ou iluminador, ademais de ser un importante colaborador na dinamización teatral que Sarabela Teatro realiza na cidade de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Realizou estudios na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Membro colaborador do equipo investigador da Universidade de Vigo O vestixio do tempo, realizou exposicións en Ourense e participou, entre outras, na sección Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1992, 1994), Expo Ourense, pintores y escultores ourensáns (1996), IV Premio de Pintura José Malvar (2000) e Estadio de sitio (Madrid e Barcelona, 2001). Recibiu, entre outros, o primeiro premio Arte Xoven Galega (1993) e o primeiro premio do VII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista. Realizou numerosos estudios sobre fauna e contribuíu ao establecemento do coñecemento científico na Galicia da súa época. Mantivo contacto con moitos científicos notables da época, como Darwin, cos que colaborou dunha forma activa. Das súas obras destacan Fauna Mastológica de Galicia (1861-1863), Reseña de la historia natural de Galicia (1870), Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis, var Gadwii (Boulanger) e investigaciones herpetológicas de Galicia (1884), Bosquejo histórico de la botánica española (1897) e Nouvelle espece de batracien anoure des Iles Philippines (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cooperativa teatral creada na Coruña en 1980. En 1981 abriu a Sala de Teatro Luís Seoane, onde ofreceu unha programación cultural permanente centrada no teatro, na música e nas artes plásticas, e presentou ao público compañías como Zascandil, Georoa, Karraka, Teatro de la Ribera, Márgen ou Guirigay. Dos espectáculos presentados pola compañía, e dirixidos por Manuel Lourenzo e Xosé Manuel Rabón, destacan Dansen (1980), A casa das tres lúas (1981), A esperar por Godot (1982), Edipo rei (1983), Fausto (1984), A larva furiosa (1985) e Forzas eléctricas (1986).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1996, despois da firma dun protocolo entre o concello da Coruña e a viúva de Luís Seoane, en que esta cedeu á Fundación un conxunto do legado do artista formado por máis de douscentos óleos, a totalidade da obra gráfica, libros, documentos e obxectos persoais. Estivo presidida pola viúva de Seoane, Maruxa Fernández, ata a súa morte o 26 de marzo de 2003 e desde febreiro de 2004 por Silvia Longueira. O 9 de maio do 2003 abriu as súas portas no antigo cuartel de Macanaz.
-
GALICIA
Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político, irmán de Xosé Rodríguez Seoane. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, foi deputado nas Cortes pola sección de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884); e senador polas provincias de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. En 1871 foi nomeado gobernador en Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán. Das súas obras de temática médica destacan Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas (1878), Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar (1880) e Varela de Montes y la Escuela Médica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e filósofo, irmán de Luís Rodríguez Seoane. Tivo un papel destacado no provincialismo que se interrompeu, así como o seu labor literario e xornalístico, pola súa morte prematura. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en La Oliva, La Perseverancia, El Miño e Revista de Instrución Pública. Destacan as súas obras póstumas Artículos y novelas (1899) e Lembranzas da terriña (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi redactor e guionista da TVG, e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Membro da Fundación Castelao e do equipo de redacción de A trabe de ouro, colaborou en diversos medios. Publicou, entre outras obras, Compostela, camiño de encontro (1994) e Anxel Casal (1995), e, con outros autores, Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía (1981), A memoria de Santiago: álbum de postais (2000) e Para ler a Castelao (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
verbasco.
-
estraloque.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de catro aspas de ouro, unha en cada cantón do escudo. Outro trae, en campo de goles, un castelo de prata deitado de dúas pólas de seoanes de sinople, onde está resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man dereita e superado todo dunha flor de lis de azul no medio do xefe e unha estrela de ouro de oito raios en cada cantón, as tres figuras colocadas en faixa; bordo de prata, cargado dun guerreiro de prata no centro do xefe e de sete cabezas de lobo de sable, colocadas unha en cada cantón do xefe, unha en cada flanco e tres en punta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Desde moi novo dedicouse ao teatro, onde acadou un gran prestixio. Encargouse dos principais papeis na Compañía do Teatro Español. O seu debut cinematográfico produciuse en La doncella de la duquesa (1941), de G. Delgrás, e destacou en Mariona Rebull (1946). Ao longo da súa carreira simultaneou os traballos en teatro co cine e interveu tamén nalgúns dramas televisivos dos primeiros anos. Casado coa tamén actriz Rosita Yarza, retirouse dos escenarios a comezos da década de 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -