"usca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 62.

  • Institución fundada en Florencia (1582) coa finalidade de purificar a lingua italiana. No 1612 publicou un Vocabolario que, con varias reedicións e ampliacións, acadou sona internacional. Fusionada coa Accademia degli Apatisti no 1783, emancipouse dela no 1811, perdurando ata 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fabricante con sede en Mónaco e creador da tecnoloxía de corrección intelixente de cor (RECO). Coa súa aplicación ColorPro ofrece unha solución completa para a xestión de cor desde a obtención da imaxe ata a súa inclusión nun documento para a súa impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curvatura transversal convexa da cuberta dun barco para facela máis sólida e facilitar o desaugue.

    2. Ramaxe que se aplica ardendo ao fondo exterior da embarcación para enxugar a madeira e carenala.

    3. Pintura que se quenta antes de aplicar para darlle maior consistencia á embarcación.

    4. silbarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa afeccionada a facer que outros se poñan a mal, fomentando discordias, liortas e alborotos.

    2. Acción e efecto de buscar.

    3. Investigación coidadosa que se realiza nun traballo policial ou científico.

      1. Conxunto de persoas que percorren o monte cos seus cans, antes ca os cazadores, para que saian as presas da caza.

      2. can de busca

        Can de caza.

    4. Método para localizar un elemento particular desde unha lista de elementos que se atopan en orde alfabética ou numérica. Supoñendo que se necesite encontrar a posición dunha palabra particular nunha lista de palabras ordenadas alfabeticamente, execútase unha busca binaria localizando primeiro a palabra que se atope exactamente no centro da lista. Se a palabra que se busca está antes ca a palabra central, sábese que está na primeira metade da lista. En caso contrario, estará na segunda metade. Unha vez que se determine en qué metade da lista se debe buscar, úsase o mesmo método para determinar en qué cuarta parte se debe buscar, despois en qué oitava parte e así sucesivamente.

    5. Unión de consultas máis sinxelas con operadores denominados booleanos, entre outros and, or e not en inglés. Con estas palabras indícaselle a un buscador que encontre documentos que inclúan dúas ou máis palabras das que se lle indican (and), que busque os que conteñen unha palabra ou outra (or) e que non conteñan unha ou máis palabras indicadas (not).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de buscar.

    2. Investigación coidadosa que se realiza nun traballo policial ou científico.

      1. Conxunto de persoas que percorren o monte cos seus cans, antes ca os cazadores, para que saian as presas da caza.

      2. can de busca

        Can de caza.

    3. Método para localizar un elemento particular desde unha lista de elementos que se atopan en orde alfabética ou numérica. Supoñendo que se necesite encontrar a posición dunha palabra particular nunha lista de palabras ordenadas alfabeticamente, execútase unha busca binaria localizando primeiro a palabra que se atope exactamente no centro da lista. Se a palabra que se busca está antes ca a palabra central, sábese que está na primeira metade da lista. En caso contrario, estará na segunda metade. Unha vez que se determine en qué metade da lista se debe buscar, úsase o mesmo método para determinar en qué cuarta parte se debe buscar, despois en qué oitava parte e así sucesivamente.

    4. Unión de consultas máis sinxelas con operadores denominados booleanos, entre outros and, or e not en inglés. Con estas palabras indícaselle a un buscador que encontre documentos que inclúan dúas ou máis palabras das que se lle indican (and), que busque os que conteñen unha palabra ou outra (or) e que non conteñan unha ou máis palabras indicadas (not).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada a facer que outros se poñan a mal, fomentando discordias, liortas e alborotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen busca.

    2. Tubo cun xogo de lentes, de pequenas dimensións e de campo visual moi grande, que se fixa a un telescopio e que ten por función localizar con máis facilidade os astros que se queren observar.

    3. Programa que permite atopar direccións ou determinados contidos na Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno afluente pola marxe esquerda do río Limia; nace na parroquia de Illa, no concello de Lobios. Bordea os cumios da Cabeza e da Candela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo de rapaces que consiste en ir facendo círculos grandes no chan onde se van colocando o distinto número de xogadores, excepto un que queda fóra, de pandote. Este diríxese a un xogador e faille a seguinte pregunta: “nesta casa hai lume?”; el debe responder, dirixíndose a outro distinto: “Non, naquela que hai fume”, entón o pandote debe dirixirse ao xogador sinalado e mentres tanto todos se cambian de sitio, perdendo o que queda fóra dos círculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘buscar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de comunicación por medio de ondas radioeléctricas consistente nun centro emisor e nun ou varios receptores portátiles persoais.

    2. Receptor dun sistema buscapersoas. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma apocopada busca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal satírico de Pontevedra que se presentou por primeira vez ao público o 6 de maio de 1886. Saía todas as semanas en marca maior de dobre vitela, en catro páxinas e ao prezo de dez reais por trimestre. Confeccionábase na Imprenta del Siglo, que era propiedade de Arturo Tiscar e Xoaquín Buceta Solla, sendo o responsable da súa edición Esteban Sanz. O prelo e a administración estaban situadas na praza da Constitución 5 e 14 da cidade do Lérez. Saíu co subtítulo de “Periódico satírico, de noticias y anuncios” e nesta primeira etapa tivo un carácter festivo, ridiculizando determinadas necesidades sociais e locais. Aparecían redactores e colaboradores que empregaban con frecuencia un pseudónimo (El Consabido, Saca-Trapos, El Buscapié, La Sombra, El Diputado Local). Posiblemente detrás destes sobrenomes estiveran os que se coñecen como fundadores e redactores do xornal, é dicir, Luís Rodríguez Seoane, Claudio Cuveiro e Xoaquín Buceta Solla. Máis tarde a esa nómina de colaboradores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo empregado para identificar os dous polos, positivo e negativo, dun xerador de corrente continua ou de dous bornes dun circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de san Paio.

    2. Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.

    3. Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.

    2. Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ordes. baixo a advocación de San paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Ordes, construída a finais do s XII e de estilo románico, aínda que o interior foi moi modificado. A ábsida é de planta rectangular e o arco triunfal é de medio punto. No exterior do testeiro hai unha fiestra, con dúas columnas de capiteis vexetais aínda que nun deles se representa unha cara humana, que remata nun festón de sete arquiños de ferradura dispostos arredor dun bocel. No oco da xanela consérvase unha curiosa imaxe pétrea de San Paio, dos primeiros anos do s XVIII, vestido ao xeito da época, coa palma do martirio e co coitelo co que foi degolado. Na fachada principal ábrese unha porta con estilizadas columnas e arquivolta lixeiramente apuntada.

    VER O DETALLE DO TERMO