combarro
combarro
-
s
m
Piso de madeira que se estendía sobre as cortes da casa rural galega para gardar a comida dos animais e, ao mesmo tempo, ser aproveitado como leito, por mor da calor.
Ex: Dorme toda a familia no combarro porque é o lugar máis quente da casa.
Sinónimos: barrelo. -
s
m
Dependencia da casa tradicional, construída co teito inclinado e suspendido, onde se acostuma gardar a leña ou os utensilios agrícolas.
Ex: Busquei a fouce no combarro, pero non a dei atopado.
Sinónimos: alboio, alpendre, cabana, cabanel, chapitel, pallote, pendello.