concordancia

concordancia

(

  1. Antónimos: contraste, desacordo, oposición.
    1. s f

      Acción e efecto de concordar.

      Ex: Non houbo concordancia entre os asistentes ó pleno.

      Sinónimos: acordo, coincidencia. Antónimos: contraste, desacordo, oposición. Confrontacións: conformidade.
    2. s f

      Estado de conformidade ou de correspondencia entre dúas ou máis cousas que concordan.

      Ex: Déronse varias concordancias entre os asistentes á reunión.

      Sinónimos: acordo, coincidencia. Antónimos: contraste, desacordo, oposición. Confrontacións: conformidade.
    3. concordancia dos evanxeos [RELIX]

      Confrontación das pasaxes relativas a un mesmo feito nos catro evanxeos.

  2. s
    1. [RELIX]

      Orde alfabética de todas as palabras da Biblia (hebrea, grega ou Vulgata), con citas dos lugares onde aparecen. Este método aplicouse a diversas traducións da Biblia e doutras obras.

    2. pl

      Índice alfabético que mostra os lugares dun texto nos que se pode atopar cada palabra principal e que se pon ao final do mesmo.

      Ex: Este libro non ten índice de concordancias.

  3. [LING]
    1. s f

      Fenómeno polo que dous ou máis elementos dunha lingua presentan algunhas características gramaticais comúns. Estas características comúns poden referirse, segundo os elementos relacionados, ao xénero, ao número ou á persoa e chámanse accidentes gramaticais. O substantivo, o adxectivo, o artigo e o pronome manifestan a concordancia a través dos morfemas de xénero e número (

      Ex: Aquelas boas mulleres). O verbo presenta morfemas de número e persoa que determinan o substantivo que actúa como suxeito (Ex: Elas bailaban). Así pois, a concordancia supón unha interrelación entre distintas palabras.

    2. concordancia temporal

      consecutio temporum.

  4. s f [ESTRATIG]

    Relación de paralelismo entre dúas capas sedimentarias. En xeral, presenta unha continuidade ininterrompida na sedimentación.

  5. concordancia de fase [FÍS]

    Estado de dúas ondas sinusoidais do mesmo período en fase. As fases na orixe das dúas son iguais e, polo tanto, a diferencia de fase (ou desfasamento) entre elas é nula.

Palabras veciñas

Concord | concordable | concordador -ra | concordancia | concordante | concordar | concordato