Falcón

Falcón

Estado de Venezuela, situado entre o golfo de Venezuela, ao O, e Punta Tucacas, ao L (24.800 km2; 684.062 h [estim 1995]). A capital é Coro. A principal fonte de riqueza do estado é o refinado de petróleo, cunha produción que supón o 67% do total do país. Arredor das refinerías sitúanse importantes industrias especializadas na elaboración de derivados do petróleo. Outros recursos son a cría de gando caprino, bovino e o cultivo de millo, plátanos e cacao.