Baden, Escola de
Baden, Escola de
Círculo filosófico creado por Wilhelm Windelband (1848-1915) e dirixido máis tarde por Heinrich Ricket (1863-1936); xunto coa Escola de Marburgo representou a dirección predominante do Neokantismo alemán nos primeiros anos do século XX. Profundizou na comprensión da Filosofía como unha teoría do coñecemento, aínda que refutando do pensamento de Kant o excesivo Racionalismo, o Formalismo e a inclinación polas ciencias Matemáticas. Así mesmo, inclinouse cara á filosofía da cultura e da historia, nun primeiro momento, para finalmente profundar na teoría do coñecemento dos valores.