Baden, cultura de

Baden, cultura de
[PREHIST]

Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.

Palabras veciñas

Baden | Baden | Baden, Casa de | Baden, cultura de | Baden, Escola de | Baden-Baden | Baden-Baden