4 cal

4 cal

(< lat canale)

  1. s f

    Canalización artificial pola que corre a auga.

    Ex: Tivemos que reparar a cal do muíño porque estaba picada. Están a construír unha cal para abastecer de auga as casas da aldea. 

    Sinónimos: canle.
  2. s f

    Parte profunda do suco que fai o arado ao romper na terra.

    Sinónimos: canle.