3 cal
(< lat qualis)
-
adx e pron rel
Forma relativa que vai precedida dun artigo determinado que marca o seu xénero e número: o cal, a cal, os cales e as cales. Xeralmente se rexistra na lingua culta, mentres que na fala se prefiren outras construcións. Este relativo composto equivale a que en cláusulas explicativas, ou a que ou o que cando aparecen precedidos de preposición ou de locucións prepositivas sempre nun rexistro formal (
Ex: Esas son decisións para as cales/que se require a autorización correspondente). Cando cal se emprega con valor neutro pode ir determinado por todo (Ex: Escribiu varios artigos sobre etnografía ó longo da súa vida, todo o cal se recompila neste novo volume). Cal tamén pode actuar como complemento do substantivo precedido da preposición de, aínda que o seu uso é moi pouco frecuente (Ex: Esa muller, a filla da cal estudia filoloxía, é profesora no instituto Santa Irene). Cando aparece precedido dun cuantificador e da preposición de retoma un substantivo anterior ó que se refire o cuantificador (Ex: A película está protagonizada por cinco actores, algúns dos cales están hoxe na presentación que se ofrece á prensa). Emprégase sen artigo na correlación cal...cal relativa a cousas ou a persoas (Ex: Cal un colar cal unha pulseira, os agasallos foron chegando). Tampouco leva artigo cando vai en cláusulas relativas que funcionan como atributo de ser, case sempre antepostas ó verbo e xeralmente equivalente a quen (Ex: Cal/quen é perfecta para desenvolver ese traballo é a filla de Xián da Barreira).
-
adx e pron int
Forma interrogativa que identifica algo ou alguén de entre todos os que hai. Pode ir tanto acompañando un substantivo coma só e admite a variación de número. (
Ex: Cal xoguete queres?, Cales prefires dos que hai?, Cal delas te chamou?, E el con cal foi?). Tamén se usa cal con artigo, sempre con variación de xénero e número, cando se pregunta pola identidade de algo ou de alguén a quen fixo referencia o interlocutor (Ex: -Comprei o novo libro de Anxo Angueira. -O cal?, - A miña veciña era a filla de Sabela. -A cal? A Xoana ou a Uxía?). OBS: Cando cal introduce unha interrogativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Pregúntalle cál quere).
-
adx e pron excl
Forma exclamativa, con valor principalmente admirativo, que tamén pode expresar outros matices. Cal, cales, como admiración ou exclamación de estrañeza, refírese sempre aos obxectos ou aos seres individualizándoos (
Ex: Cal película fuches ver!). OBS: Cando cal introduce unha exclamativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Cál non sería o meu susto ó verlle a cara tan deformada).
-
Parte profunda do suco que fai o arado ao romper na terra.
Sinónimos
Citas
- Tivemos que reparar a cal do muíño porque estaba picada. Están a construír unha cal para abastecer de auga as casas da aldea.
Frases feitas
-
Cal non. Con iso e con todo.
-
2 Do modo exacto ou de seu. Ex: Presteilles o traxe e devolvéronmo tal cal. Sempre actúa tal cal.
-
Ser tal para cal. Parecerse moito dúas persoas, sobre todo no malo ou negativo. Ex: Se un é irreponsable o outro non se queda atrás, son tal para cal.
-
Tal cal 1 Que non é moi bo no que respecta á calidade ou á cantidade. Ex: A novela é así tal cal, non lle podes pedir máis.