caso

caso

(< lat casu)

  1. s m
    1. Calquera situación ou circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.

      Ex: Sempre lle recomendou obrar segundo o caso. En moitos casos é mellor estar calado. 

      Sinónimos: circunstancia.
    2. Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.

      Ex: Cando ían pola rúa, presenciaron un caso que os deixou coa boca aberta. Vouvos contar un caso que me aconteceu cando andei pola China. 

      Sinónimos: acontecemento, suceso.
    3. Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.

      Ex: Nunca vira un caso tan claro de cinismo como o do delicuente. Na asociación temos casos claros de maltrato ós animais. 

    4. Cuestión ou asunto determinado.

      Ex: O caso é resolver o problema. 

  2. s m [PATOL]
    1. Cada manifestación particular dunha enfermidade. OBS: Tamén se emprega a expresión caso clínico.

      Ex: A súa doenza é un caso raro de tuberculose. 

    2. Cada un dos enfermos que sofre unha doenza determinada.

      Ex: Detectáronse dezaseis casos de salmonela. 

  3. s m [DER]

    Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.

    Ex: Perdeu o caso por falta de probas. 

    Sinónimos: preito.
  4. s m

    Feito investigado pola policía para tentar esclarecelo.

    Ex: A policía anda pescudando para tentar esclarecer o caso do asasinato múltiple. 

  5. s m [LING]

    Procedemento polo que unha lingua manifesta a función sintáctica que un constituínte nominal ten dentro da frase. A noción de caso transmitiuse a través dos gramáticos antigos que o consideraban como a categoría primordial do substantivo fronte ao verbo que non o admitía. Este termo procede do lat CASUS que se traduciu do grego πτῶσιV (‘caída’). No indoeuropeo diferenciábase o caso directo, que incluía o nominativo (suxeito), e os casos oblicuos, que incluían o xenitivo (complemento afectado parcialmente pola acción do verbo), dativo (complemento indirecto), acusativo (complemento directo), ablativo (lugar de onde ou punto de partida), locativo (lugar onde) e instrumental (por ou con qué se realiza a acción do verbo). Aínda así, non todas as linguas indoeuropeas posuían o mesmo número de casos: o grego clásico só tiña cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo), mentres que o grego moderno perdeu o dativo; o latín tiña seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo); o sánscrito ten os mesmos seis casos e mais o instrumental e o locativo. As linguas deste tronco fundiron algúns casos por sincretismo, e algunhas, como as románicas -entre elas o galego-, substituíron a declinación casual (annōrum) por relacións preposicionais que seguen a marcar a función sintáctica (dos anos); polo tanto, produciuse o paso dunha lingua fundamentalmente sintética (o latín) a linguas fundamentalmente analíticas (as románicas). Aínda así, algúns gramáticos seguen a falar de casos nesas linguas: casos adverbais, que expresan a relación do substantivo cun verbo, e casos adnominais, que expresan relación cun substantivo ou pronome. Diacronicamente, o latín, substrato das linguas románicas, foi perdendo os casos; dende moi antigo o latín vulgar utilizou as preposicións nas construcións con acusativo e o dativo foi substituído sistematicamente pola preposición ad. Desta maneira no latín vulgar só había dous casos, nominativo e acusativo, que só se distinguían de maneira estable no plural da primeira (lat v MENS-AE, MENS-AS) e na segunda declinación (lat v DOMIN-I, DOMIN-OS). Non obstante , algunhas linguas modernas seguen a manter restos dos casos: o romanés conserva o dativo-xenitivo (doamne < lat DOMINAE) e o vocativo (doamne < lat DOMINE); o ruso moderno ten nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, vocativo, instrumental e preposicional; o checo ten nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo, locativo e instrumental; en alemán hai nominativo, xenitivo, dativo e acusativo; o inglés ten un só caso, xenitivo, denominado saxón; e en linguas como o galego existen restos de xenitivo nalgunhas expresións como forum iudicum e nalgunhas palabras como os nomes dos días da semana (martes, mércores, etc), do vocativo consérvanse algúns nomes propios como Santiuse

    1. Acción ou feito concreto, real ou fiticio, arredor do cal xorden dúbidas sobre o comportamento que a persoa ten que adoptar conforme os principios de moralidade que profesa.

      Ex: Confesou un caso de consciencia. 

    2. Situación que suscita na mente dunha persoa un deber moral.

      Ex: É caso de conciencia axudar a ese pobre moribundo. 

  6. [DER]

    Acontecemento imprevisible, ou previsto pero inevitable, que produce danos materiais ou corporais. Cando o acontecemento é previsto pero inevitable chámase tamén caso de forza maior. Tanto o caso fortuíto como o de forza maior utilízanse conxuntamente para xustificar a ausencia de responsabilidade.

  7. [DER]

    Pecados dos que non se pode ser absolto por un confesor ordinario.

Frases feitas

  • Caso perdido. Persoa ou situación que non ten remedio e da que non se pode tirar ningún proveito. Ex: É un caso perdido, pasa todo o día estomballado no sofá.

  • En último caso. Se non hai outro remedio.

  • Poñer/pór por caso. Dar como exemplo ou supoñer.

  • 1 De todas as maneiras. Non sei se chegarei moi cedo; en todo caso, pregúntalle polo problema ao meu axudante.

  • 2 Se acaso, se hai algunha dúbida. Non teño ningún libro específico sobre o tema; en todo caso, un artigo de principios de século.

  • Dado o caso. Suposto un feito determinado.

  • En calquera caso. Déanse as circunstancias que se dean, de todas as formas.

  • En caso de (que). Expresión hipotética que se di cando se supón que vai acontecer o que se expresa.

  • En ningún caso. En ningunha circunstancia.

  • En todo caso.

  • En todos os casos. En calquera circunstancia.

  • Estar no meu/teu/seu, etc, caso. Estar na mesma situación, real ou hipotética, que outra persoa.

  • Facer caso de/facer de caso que. Imaxinar ou recordar algo. Neste momento non fago caso de que o prenderan na guerra.

  • Facer caso omiso. Non ter en conta o que outros aconsellan.

  • Facer caso. Prestar atención ou ter en conta o que di outra persoa. Ex: Nunca lle fixo caso e así lle vai.

  • Facer tanto caso como ao vento. Non prestar ningunha atención ao que di outra persoa.

  • Falar ao caso. Dicir algo interesante respecto dun asunto do que se está a falar.

  • Ir ao caso. Centrarse nunha cuestión determinada.

  • Non haber caso. Non haber queixa.

  • Non ser do caso. Non vir a conto.

  • O caso é que. O que pasa é que, a verdade é que. Faríao, pero o caso é que non teño tempo.

  • Ser do caso/vir ao caso. Estar relacionado cun asunto determinado que se está a tratar e ser importante ou oportuno.

  • Ser un caso. Aplicado a unha persoa, ser distinta das demais, sobre todo polos seus defectos. Ex: Es un caso, sempre te esqueces de todo."