apéndice

apéndice

(< lat appendĭce)

  1. s m

    Cousa unida, xuntada a outra da que é como unha parte accesoria, subsidaria, como unha prolongación.

  2. [ANAT]
    1. s m

      Proxección do corpo dun animal, que queda unida a unha parte máis robusta do corpo. Adoita ter forma alongada, aínda que é distinta segundo a función que realiza. Moitos animais teñen un número par e en posición simétrica, bilateralmente: nos artrópodos e anélidos acostuma haber un par en cada segmento (antenas, patas, etc).

      Confrontacións: rabo, rabo.
    2. apéndice caudal

      Prolongación da columna vertebral en forma de cauda.

    3. apéndice vermiforme

      Apéndice intestinal da maioría dos primates e dos rilladores, situado ao fondo do intestino cego do que constitúe unha prolongación de forma tubular e sinosa, pechado no seu extremo distal. Pola súa situación chámase tamén apéndice cecal. No home non ten ningunha función específica destacable. Ten de 4 a 8 mm de diámetro e uns 8 cm de lonxitude. Se se converte en foco dunha infección bacteriana, provoca a apendicite.

  3. s m [BIBLIOG]

    Parte que se engade ao final dunha obra.

    Ex: Engadiuse un apéndice ao libro que se publicou a semana pasada.

    Confrontacións: complemento, suplemento.