Banda de Música Municipal de Noia

Banda de Música Municipal de Noia

Agrupación musical fundada no ano 1984 baixo a iniciativa de Miguel Fernández Pestonit e cun amplo número de compoñentes da antiga Banda de Música de Noia, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Caamaño. A continuación tomou a batuta Adonis Ferreiro García, o seu director na actualidade. Conta cun cadro de 40 compoñentes aproximadamente, e acadou o III Premio nun Certame de Bandas realizado na vila de Cangas. Realizou numerosas actuacións dentro de Galicia e no estranxeiro (Bos Aires, Portugal, etc).