Cabaret

Cabaret
[IMAX]

Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1972. Foi dirixida por Bob Fosse e interpretada por Liza Minnelli, Michael York e Helmut Griem. Trátase dun musical ambientado no Berlín de 1931, no que se desenvolve unha historia de amor entre un profesor de inglés e unha muller que quere triunfar no mundo do espectáculo. Nos números musicais critícase a situación política que se está a vivir en Alemaña antes da chegada dos nazis.