Cabaret Voltaire
Cabaret Voltaire
[ESPECT]
Célebre sala de cabaré aberta en Zúric por Hugo Ball e Emmy Hennings o día 5 de febreiro de 1916. A partir dese momento sucederíanse novos encontros de artistas nos que se realizaban as máis diversas accións, normalmente coordinadas por Tristan Tzara e Marcel Janco, Hugo Ball, Jean Arpe, Richard Huelsenbeck. Por aquela sala pasaron políticos do relevo de Lenin ou coreógrafos famosos como Rudof von Laban. Foi o espazo onde naceu e se desenvolveu o movemento Dadá. Pechou as súas portas a finais de xuño do mesmo ano.