casamento
(< 1 casar)
-
s
m
Acción e efecto de unir dúas persoas en matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “Algo terá o casamento cando o bendicen. Casamento malo logo é concertado. Casamento por interés, o contento dura un mes. Casamento sinxelo; nin el leva capa, nin ela mantelo. O casamento é bo de facer, mais quen o ha de soster, moito ten que saber. O casamento i o caldo, en quente e pelando. O casamento parece cousa do vento: canto ás veces máis se trata, máis logo se desbarata”.
Sinónimos: casoiro, casorio. - s m
-
s
m
[HIST]
Paga que os patróns nobres lles esixían aos mosteiros cando casaba unha das súas fillas e que se destinaba para o dote ou para o mantemento do novo matrimonio.
-
casamento de conciencia
Compromiso que adquiren os noivos de unirse despois de dar a súa palabra.
-
casamento de troque
Unión de dous irmáns dunha familia con dúas irmás doutra, ou a unión dun home e dunha muller pertencentes a unha familia, cunha muller e un home doutra. Por este compromiso, ao saír da casa paterna, renunciaban reciprocamente á herdanza dos seus pais para adquirir a dos sogros.
-
casamento na casa
[DER]
Convenio ou pacto feito en capítulos matrimoniais.
-
Sociedade familiar creada por medio dun pacto de comunidade de bens entre dous matrimonios, un deles sen fillos, unidos entre eles por vínculos de parentesco, e que establece unha relación de sucesión comunitaria.
Frases feitas
-
Non ha perder casamento por iso. Falta de pouca importancia que non rebaixa a estimanza cara a alguén.