Cedeira
Cedeira
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe no topónimo homónimo. Este nome de lugar procede do latín cetaria ‘lugar onde abundan as baleas’. Como apelido documéntase no s XV: “Ferrnãdo de Çedeyra notario” (doc ano 1472 en P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 594).