Cedeira, ría de
Cedeira, ría de
Ría do litoral setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia. Ábrese entre as puntas Falcoeira, ao L, e Chirlateira, ao O. Orixinada pola acción dos ríos Donelle, do Cabo, de San Miguel, Gumil, da Veiga e Condomiñas, sobre unha litoloxía na que se alternan gneises e anfibolitas, a ría segue unha dirección xeral tectónica NO-SL, aínda que os seus fondos se ateigaron de sedimentos aluviais cuaternarios que modificaron o perfil da liña de costa.