cepa

cepa

(

  1. s f
    1. Talo da planta da vide da que nacen os bacelos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro”.

      Ex: Cortou as cepas vellas para facer leña.

      Sinónimos: cepeira.
    2. Planta da vide.

      Ex: Este ano as cepas deron moito viño.

      Sinónimos: videira.
  2. s f

    Parte do talo das plantas, especialmente das especies leñosas, que queda unida á raíz despois de cortala.

    Ex: Antes de labrar temos que arrancar as cepas que quedaron dos carballos.

    Sinónimos: cachopa, cachopo, canoto, carocha, cepeira, cepo, couce. Confrontacións: .
  3. s f

    Cada un dos postes ou piares que terman da cámara do hórreo.

    Sinónimos: cepada.
  4. s f

    Pedra redonda do muíño que vai fixa ao chan e colocada debaixo da moa.

  5. s f [ARQUIT]
    1. Machón sobre o que descansan dous arcos.

    2. Parte do machón que sae da terra ata a imposta localizado nos arcos e nas pontes.

  6. s f [XEN]

    Conxunto de individuos que presentan un xenotipo cun ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos da variedade ou poboación á que pertencen.

  7. s f [MICROB]

    Poboación de organismos da mesma especie, especialmente bacterias, que proveñen todos dun mesmo antecesor e, xa que logo, teñen as mesmas características xenotípicas e fenotípicas.

  8. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘castaña’.

Frases feitas

  • De boa cepa. De orixe distinguida ou que presenta boas calidades.

Palabras veciñas

ceo | CEOE | ceolita | cepa | cepada | Cepaea | CEPALC