couce
(< lat calce ‘talón’)
-
s
m
-
Movemento de determinados animais, especialmente o cabalo, o burro ou a vaca, que consiste en erguer e lanzar violentamente cara a atrás as patas posteriores.
Ex: O cabalo brincaba dando couces e ninguén se achegaba a el.
-
Golpe causado cun movemento violento cara a atrás das patas posteriores de certos animais. Na tradición oral recóllense ditos como: “O couce da égoa non fai mal ao poldro. O couce da égoa non fire o cabalo”.
Ex: Recibiu un couce da burra cando lle foi dar de comer.
Sinónimos: patada, patada. -
Golpe que dá unha persoa co pé.
Ex: Deulle catro couces antes de o botar á rúa.
Sinónimos: patada, patada.
-
-
s
m
-
Parte máis grosa e máis próxima ao chan dunha árbore.
Ex: A vella oliveira xa estaba oca polo couce.
Sinónimos: pé. -
Extremo máis groso dun pau ou doutra cousa semellante.
Ex: Agarrou a vara polo couce e comezou a arrebolar as peras.
-
-
s
m
Parte dunha planta ou dunha árbore que permanece unida á raíz despois de cortala.
Ex: O verdor do campo de millo desaparecera e só quedaban os couces xa secos e dourados.
Sinónimos: cachopa, cachopo, canoto, carocha, cepa, cepeira, cepo. -
s
m
Parella de animais de tiro que axuda a puxar pola carga do carro cando se abordela.
Ex: O couce da xugada abafaba polo esforzo de subir a costa coa carga.
-
s
m
Parte esquerda dunha embarcación.
Sinónimos: babor, babor. -
s
Termo da xerga das palilleiras que designa o remate ou extremo do encaixe.
Frases feitas
-
Andar a couces con alguén ou con algu-nha cousa. Tratar mal algo ou a alguén.
-
2 Perder o tempo.
-
Dar couces contra as paredes. Desesperarse ante algunha cousa imposible.
-
Dar couces contra un aguillón. 1 Ir alguén contra si mesmo.
-
Darlle unha persoa un couce como unha burra (a alguén). Aplícase cando unha persoa fai algo con maldade cara a outra que non o esperaba.
-
Estar a lúa no couce. Estar a lúa ao final do devalo.
-
Soltar un couce. Contestar ofensivamente.
Refráns
- Couce da egua non fai mal ao poldro.
- Nin couce de poldro nin rascadura dun pe con outro.
- O couce da egua non fere o cabalo.
- O que moito coucea, moito rabea.