cepo
(< lat cippu ‘cipo, columna’)
-
s
m
-
Toro de madeira, cortado ao través e disposto de pé, que se emprega para fender leña, para cortar carne ou para outros usos.
Ex: O zapateiro amañaba o calzado arredor do cepo que termaba da bigornia.
Sinónimos: picadeiro, talleiro, tallo. -
Tronco de madeira onde vai colocada e axustada a engra dos cerralleiros e ferreiros, para poderen traballar mellor.
Ex: O ferreiro petaba sobre a engra que descansaba sobre un cepo vello de madeira de castiñeiro.
-
-
s
m
Parte do tronco dunha árbore que queda chantada na terra despois de cortala.
Ex: Os dous cepos que hai na eira son de dúas maceiras que tiramos.
Sinónimos: cachopa, cachopo, canoto, carocha, cepa, cepeira, couce. -
s
m
Anaco grande de madeira que se bota no lume para mantelo aceso durante certo tempo.
Ex: Co cepo que botaches, o lume vai botar toda a noite prendido.
-
s
m
Trampa para cazar animais constituída por un dispositivo que pecha e aprisiona dúas pezas cando o toca a presa.
Ex: Topamos cun cepo aberto no medio do monte.
-
s
m
Pequeno anaco dunha moa que queda na enxiva despois dunha extracción ou caída.
Ex: Rompeu a moa ó caer e só lle quedou un pequeno cepo.
-
s
m
Instrumento de madeira para dar tormento feito de dúas pezas con rebaixes que, ao xuntárense, forman un ou dous buratos onde se aprisionaba o pescozo ou as pernas de alguén.
-
s
m
Aparello co que se aseguran os pés dun reo para impedir que escape.
-
s
m
Xerra de madeira que se emprega nas adegas.
Ex: Déronnos a probar o viño novo nun cepo.
-
s
m
-
Aparello que serve para suxeitar ou prender algunha cousa.
Ex: Antes de furar a lámina de aceiro co trade hai que pórlle un cepo para que non se mova. A policía púxolle un cepo ó coche.
-
Aparello formado esencialmente por dúas madeiras con buratos que serven para apertar dúas táboas encoladas unha contra a outra.
-
Conxunto de dúas trabes que serven para suxeitar outras pezas de madeira.
-
-
s
m
[BOT]
Praga que sofren algúns cultivos de larvas de coleópteros ou lepidópteros que desenvolven a fase larvaria no interior do talo das plantas.
-
s
m
[ETN]
Peza de madeira que se coloca no carro, na parte que une a cabezalla e as chedas, para colocar os fungueiros ou estadullos dianteiros.
-
s
m
[MAR]
-
Na áncora do tipo almirantado ou de cepo, tira de ferro ou peza de madeira colocada perpendicularmente á cana preto do arganeo e ao plano determinado polos brazos, que fai adoptar á áncora a posición máis axeitada para que unha das unllas se crave no fondo. Ten forma de barra curva cunha bóla nun dos extremos que lle dá o peso suficiente para impedir que se enterre no fondo, e pode ser desmontable. As áncoras modernas carecen de cepo e teñen unhas unllas movibles que lles permiten meter a cana polo escobén ata facer tocar as unllas no casco do buque. A súa función é a de obrigar a áncora a dar a volta se a cruz cae plana sobre o fondo. As áncoras de tipo almirantado teñen o cepo desmontable.
-
Pao chantado na cuberta dunha embarcación que se emprega para amarrar o cabo co que se remolca outra embarcación.
-
-
s
m pl
ultos que aparecen na lingua do gando vacún.
Frases feitas
-
Cepo do nodal. Aplícase á persoa grosa e de pouco talle.
-
Cepos quedos. Expresión para indicarlle a alguén que non se mova.
-
Ser como un cepo. Ser pouco espelido.