"Ōita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • Grupo de teatro afeccionado creado en 1973 en Valadares, vinculado ao Centro Cultural e Artístico desa parroquia do concello de Vigo. Nos seus inicios foi dirixido por Teodoro Piñeiro, quen desenvolveu unha intensa actividade nos anos setenta e oitenta, coa escenificación dunha chea de espectáculos, entre os que destacan Estebiño, O cantar dos cantares, O cabodano ou A casa de Bernarda Alba. Desenvolveu un intenso labor no apartado da animación e a dinamización teatral e organizou múltiples actividades de promoción do teatro. Nos anos noventa a dirección do grupo pasou a Raúl Alonso Rodríguez e Manuel Dasilva Díaz, responsables de espectáculos como Antígona, Os peixes vermellos ou A comedia do emprego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen escoita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oír algo con moita atención. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen escoita, mal de si ouza. Quen escoita, o seu mal oe. Escoita ben á vella, e rite do seu consello. Co moito escoitar e co pouco falar, boa fama podes ganar. Escoita e pensa antes de falar, se non queres errar e queres acertar”.

    2. Oír ou percibir algo ou a alguén polo oído.

    3. Atender a un aviso, rogo, argumento ou consello de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible para o home. Denomínase froita fresca a que se pode consumir de xeito directo, sen preparación, e preferiblemente pouco despois da colleita. Distínguense, entre outras, os cítricos, a froita de carabuña e a froita de semente. Considérase froita seca, ou froitos secos, as abelás, noces, castañas, améndoas, cacahuetes, e os figos, uvas pasas e dátiles deshidratados. Os compoñentes principais da froita fresca son a auga (85-95% do peso) e os hidratos de carbono, como a glicosa, frutosa e a sacarosa (3-5% do peso). A celulosa e outros compoñentes da fibra alimentaria están nas membranas. Moitos froitos conteñen glicósidos polifenólicos máis ou menos específicos; son importantes os ácidos órganicos (cítrico, málico, tartárico) que diminúen, ao igual que as pectinas, durante a maduración. Os aceites esenciais que conteñen as froitas contribúen ás súas condicións organolécticas como o sabor e o olor. En xeral, o valor enerxético da froita fresca é baixo (20-90 kcal/100 g); o...

    2. Froita que se recolle na estación ou temporada en que madura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político editado a partir de decembro de 1974. Subtitulouse “Voceiro da organización galega do Movimento Comunista de España”. A partir de febreiro de 1976 (nº 13) modificou o seu subtítulo polo de “Voceiro do Comité Nacional do Movemento Comunista de Galicia”. Inicialmente tivo que distribuírse de forma clandestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión do N de Italia que facía fronteira coa antiga Galia.

    2. Conxunto lingüístico dialectal do N de Italia que se caracteriza por posuír trazos propios do galorrománico e do italorrománico. Forman parte deste grupo o lombardo, piemontés, emiliano e ligur.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Enfrontamento violento, con ou sen armas, entre dous ou máis individuos para impor cada un a súa forza física sobre os demais.

      2. loita biolóxica

        Control de poboacións de organismos prexudiciais que se basea na potenciación dos inimigos naturais da especie ou na interferencia do seu ciclo biolóxico. Destacan os insectos entomófagos, organismos parasitos (virus, fungos e bacterias) e a atracción mediante feromonas sexuais cara a unha trampa como mecanismos na loita contra pragas de insectos.  OBS: Tamén se denomina control biolóxico.

      3. loita integrada

        Control de pragas e enfermidades mediante a combinación da loita biolóxica e da loita química. OBS: Tamén se denomina control integrado.

      4. loita pola existencia

        Proceso de selección natural que comporta unha contenda entre os individuos dunha determinada especie co fin de conseguir alimento, parella ou vivenda, de maneira que conduce á supervivencia dos máis aptos. Este concepto, introducido seguramente por A. R. Wallace, deixou de ter un significado evolutivo, dado que o medio natural selecciona aqueles individuos que teñen unha descendencia máis numerosa e non os gañadores dunha loita cruenta.

      5. loita preventiva

        Sistema de loita contra pragas e enfermidades das plantas. Fai uso das medidas de control antes da aparición dos parasitos ou de que estes acaden proporcións difíciles de combinar.

      6. loita química

        Sistema de control das pragas e enfermidades contaxiosas das plantas coa concorrencia exclusiva de praguicidas químicos.

      1. Combate sen armas entre dous contendentes en que gaña aquel que derruba ao adversario segundo unhas regras determinadas.

      2. loita grecorromana

        loita grecorromana.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Sarria a partir de febreiro de 1933 baixo o subtítulo “Órgano do Centro Republicano de Sarria”. Fundado por Vicente Páramo, José Sánchez Arias e Antonio Páramo, acadou gran difusión entre a poboación campesiña, xa que defendía os intereses agrarios e os postulados de A. Castelao, A. Villar Ponte ou A. Bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual editada en La Habana entre decembro de 1939 e agosto de 1940. Editada baixo o subtítulo “Órgano de Hermandad Gallega”, tivo como director a Xerardo Álvarez Gallego. De carácter galeguista, defendeu a democratización da Hermandad Gallega en Cuba. Incluíu contos, poemas e ilustracións de A. Castelao e M. Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual de información xeral editada en México a partir de xaneiro de 1943. Cesou no mesmo ano. Impresa por F. Mendoza e dirixida por Luís Soto, subtitulouse “Segunda época do Boletín Galego de Informazón. Editado pola Comisión Galega do PC de Hespaña”. Tratouse do primeiro xornal de tendencia comunista escrito integramente en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Bos Aires a partir de 1959 baixo o subtítulo “Movimento Galego de Liberdade Nacional”. De tendencia nacionalista e escrito en galego, defendeu a necesidade dunha acción política encamiñada a facer desaparecer o réxime franquista, para poder construír o Estado Galego e acadar o pleno desenvolvemento xeográfico, histórico e económico de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado na Coruña a comezos de 1974. De tendencia obreirista, subtitulouse “Periódico das Comisións Obreiras da Coruña” e foi unha publicación de carácter reivindicativo e informativo. Empregou maioritariamente o castelán excepto nas consignas, que se escribiron en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo de Comisións Obreiras editado na Coruña a finais de 1974. Incluíu contidos políticos, que tiñan como obxectivo a defensa do sector que simpatizaba co Movemento Comunista de Galicia dentro do sindicato. Ademais, facíase un chamamento para o agrupamento dos traballadores e a loita contra o poder franquista, co gallo da conmemoración do 1º de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen loita.

    2. Que manifesta unha actitude de loita.

    3. Persoa que practica a loita como deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfrontarse dous ou máis individuos empregando a forza.

    2. Enfrontarse dúas ou máis forzas ou tendencias contrarias por conseguir algo.

    3. Esforzarse por conseguir ou superar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Setúbal, Portugal (53.240 h [1982]), situada no esteiro do Tejo. A súa economía baséase na produción de froitas e verduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de tempo que dura unha noite.

    2. Festa ou diversión que dura toda a noite.

    3. Feito de pasar unha persoa a noite en vela sen poder durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avenoiteira cinsenta.

    2. avenoiteira papuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Kyūshū, Xapón (433.401 h [1997]), situada na costa nordés da illa. Posúe minas de prata e estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO