"Amia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Afganistán (8.700 h [estim 1988]). Ten interese artístico polos seus mosteiros, coas esculturas xigantescas de Buda, exemplo da arte na ruta da seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Afganistán (17.414 km2; 280.859 h [1982]). A súa capital é Bāmīān.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado da persoa unida matrimonialmente a outras dúas persoas ao mesmo tempo.

    2. Estado de quen se casa cun viúvo ou unha viúva.

    3. Segundas nupcias, unha vez desaparecido o primeiro vínculo matrimonial.

    4. Delito consistente en contraer un segundo ou ulterior matrimonio sen estar legalmente disolto o anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación na que a entrada do tubo polínico no saco embrionario para fecundar o óvulo se realiza pola cálaza, en lugar de facerse polo micrópilo, como é o caso máis corrente. Considérase a calazogamia como unha característica primitiva dentro das anxiospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciou a súa obra, dentro dos canons neoclásicos, con tallas en madeira de estilo barroco como o San Bruno da cartuxa de Montalegre. Viaxou a Roma en 1797 e ingresou na Accademia di San Luca. Coñeceu a Antonio Canova e traballou nos talleres do Vaticano. Neste período realizou o Hércules Farnesio e o Neptuno. Profesor (1815) e director (1819) da sección de escultura da escola da Llotja de Barcelona, foi académico de mérito e escultor de cámara da Real Academia de San Fernando, e membro da Academia de Belles Arts de Barcelona (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fusión dos núcleos dos dous gametos no proceso da fecundación que comporta a reunión das dotacións cromosómicas haploides dos gametos e a formación dunha diploide no cigoto. Prodúcese inmediatamente despois da singamia e consiste no achegamento dos núcleos, a reabsorción da membrana nuclear na zona de contacto, a constitución dun sincarion e a mestura dos cromosomas dos proxenitores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reprodución sexual na que o órgano feminino é un carpogonio con tricóxina, que capta un espermacio, o gameto masculino. O núcleo deste último penetra ata o núcleo do carpogonio, fusiónase con el e produce o cigoto que se separa da tricóxina e esta múrchase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo normal de polinización que ten lugar cando as flores están abertas e reciben o pole doutra flor distinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ceramiais.

    2. Alga da orde das ceramiais.

    3. Orde de algas vermellas, de aparato vexetativo nalgúns casos complexo, caracterizado por presentar os filamentos esporóxenos reducidos a unha única célula. A frutificación está rodeada e protexida por unha cuberta procedente do gametófito. Constitúe un grupo moi homoxéneo, que comprende dende xéneros filamentosos, como Ceramium ou Polysiphonia, ata xéneros con talos semellantes a plantas superiores, como o Delesseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación na que os cigotos se forman por unión de dous gametocitos, que non chegan, ningún dos dous, a producir gametos diferenciais. Denominada tamén conxugación, é típica das algas conxugadas (cigofíceas) e dos fungos da clase dos cigomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autopolinización que ten lugar en flores pechadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director. Titulado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona, iniciou a súa carreira profesional coa Compañía de Teatro Estable de Barcelona, dirixida por Esteve Polls. De volta a Galicia en 1988, traballou como actor de dobraxe ata 1993, ano no que participou no espectáculo A Vía Láctea, producido polo Mago Antón, con dirección de Eduardo Alonso. En 1994 creou a compañía Balea Branca, na que traballou como actor ou director en diversos espectáculos, como O contrabaixo e Notas dun estudante que morreu tolo, estreada no 2000 a partir dun texto de Sebastián Juan Arbó. Amais de intervir noutros espectáculos, como Morte accidental dun anarquista, produción de Teatro do Morcego con dirección de Xan Cejudo, tamén realizou diversos traballos para cine e televisión, coa súa participación en series, como Los jinetes del alba, La huella del crimen, Brigada central ou Pratos combinados. A partir de 1997 coordinou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe franciscano, cronista e bispo de Ourense (1694-1706). Durante o seu bispado, preocupouse pola poboación que estaba a sufrir unha gran carestía de alimentos, reclamando gran aos principais mosteiros da súa diocese. Foi autor de obras como Crónicas de la Orden de San Francisco (1728), Vida de Santa Margarita (1728) e Vida de Santa Isabel, infanta de Aragón y reina de Portugal, espejo de las doncellas casadas y viudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que trata das criptógamas. Subdivídese en ficoloxía, brioloxía, micoloxía, liquenoloxía e pteridoloxía, disciplinas que estudian as algas, as briófitas, os fungos, os liques e os fentos, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das taxodiáceas, ao que pertence a especie C. lanceolata. De ata 30 m de altura, presenta casca agretada, copa ancha de forma piramidal, acículas de ata 7 cm de lonxitude e 7 mm de anchura, lanceoladas de ápice agudo, e bordo denticulado de piñas globosas de ata 5 cm de diámetro dispostas no extremo das pólas. A madeira é moi apreciada para a construción pola súa resistencia. Orixinaria de China, en Galicia está presente como especie ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do latín Damianus, de orixe discutida. Pode proceder de Damia, nome de Bona Dea, deusa romana da fecundidade e da prosperidade, ou de Damía, deusa oriental, aínda que tamén podería presentar a mesma orixe ca Dámaso e, daquela, viría de δάμαστος ‘domador’, e esta do verbo δαμάζω   ‘domar, amansar’. Damián e Cosme (ss III-IV) son santos mártires (303) baixo Diocleciano. A festividade de san Damián celébrase o 26 de setembro (antigamente o 27 de setembro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph de Veuster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Coñeceu a Herbin e Brancuse en París e incrementou o carácter xeométrico da súa obra. A partir dos anos sesenta realizou alusións arquitectónicas entre as que destacan A colina (1976) e Proxecto de San Francisco (1980). Dende 1986 realizou sobre lenzo ou relevo Cosmogonías e Sarcófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián baixo Diocleciano (303). Xunto co seu irmán xemelgo, san Cosme, dedicouse a sandar enfermos e a predicar a fe cristiá. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. A tradición conta que Lisias, o gobernador de Sicilia, para impedir que predicasen mandou que os botasen ao mar, pero unha grande onda devolveunos con vida; logo mandounos queimar vivos, pero as chamas queimaron os verdugos pagáns ata que, finalmente, os decapitou. Na iconografía visten roupas de médico cun bonete ou carapucha na cabeza e levan como atributos persoais instrumentos relacionados coa súa profesión. Os dous irmáns son patróns da profesión médica e farmacéutica, así como dos hospitais. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanse, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc....

    VER O DETALLE DO TERMO