"Anzo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 84.
-
-
GALICIA
Concello da comarca homónima situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia )43° 16’ 7’’ de latitude N e 8° 12’ 7’’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Bergondo (comarca da Coruña) e de Paderne, ao L de novo con Paderne e tamén con Coirós e Oza dos Ríos, ao S outra vez con Oza dos Ríos e con Abegondo (comarca da Coruña), concello que marca os seus límites occidentais. Abrangue unha superficie de 24,2 km 2 cunha poboación de 13.328 h (2007), distribuídos entre a capital, Betanzos, e as parroquias de Brabío, Piadela, Pontellas, Requián, San Pedro das Viñas e Tiobre. Atópase a 24 km ao SL da cidade da Coruña e a 57 km de Santiago de Compostela. A capital do concello é a cidade de Betanzos. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Climatoloxía
O territorio municipal está baixo o dominio climático oceánico temperado, caracterizado por un réxime térmico... -
GALICIA
Comarca do NO da Comunidade Autónoma de Galicia, situada no interior do Golfo Ártabro. Esténdese aproximadamente entre os 43°05’ aos 43° 20’ de latitude N e os 7° 30’ aos 8° 25’ lonxitude O. Limita ao N coa ría de Betanzos e coa comarca do Eume, (en concreto cos concellos de Pontedeume e Monfero), ao L coa comarca da Terra Chá (concello de Guitiriz), ao S coas comarcas de Ordes, Arzúa e Terra de Melide, e ao O coa comarca da Coruña (concellos de Abegondo e Bergondo). Abrangue unha superficie de 676,49 km2nos que acolle poboación total de 39.348 h, distribuídos nos concellos de Aranga (120,18 km2; 2.448 h), Betanzos (24,25 km2; 12.296 h), Cesuras (79,61 km2; 2.733 h), Coirós (33,63 km2;1.553 h), Curtis (116,6 km2; 4.523 h), Irixoa (68,23 km2;1.768 h), Miño (32,52 km2; 4.870 h), Oza dos Ríos (71,92 km2; 3.240 h), Paderne (39,93 km2;2.758 h), Vilarmaior (30,37 km2; 1.412...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. A etimoloxía deste nome de lugar é escura. con todo , como apelido xa se atesta dende o s XII: “Petrus Tinosus de Betanzos” (doc ano 1199 en P. García de Loscertales Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 243.
-
Liñaxe que se estableceu en Baión, Vilagarcía de Arousa. Ás veces, os brasóns desta caste téñense confundido cos dos Andrade, probablemente por pertencer Nuño Freire de Andrade á fortaleza de Betanzos. Seica foi Gonzalo Díaz de Betanzos o primeiro en abandonar o apelido de Andrade e empregar o de Betanzos. As súas armas levan: en campo de azul, sete veneras de ouro, en tres paos de dous, tres e dous; bordo de prata, con oito aspas de goles. Algunha variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, ondeadas. Outros levan: en campo de ouro, tres leóns rampantes de goles, ben ordenados. Hai quen reseña outro escudo: en campo de sinople, un uz de ouro. Tamén se recolle un escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo sobre rochas da mesma cor; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engulida en cabezas de dragantes de sinople, perfiladas de ouro; bordo de prata coa lenda “Ave María Gratia Plena”.
-
-
SEMANARIOS
Semanario de carácter liberal aparecido na vila de Paderne (Betanzos) o 14 de maio de 1914. Deixouse de publicar aproximadamente o 7 de xuño dese mesmo ano. Trátase dunha publicación continuadora do tamén semanario Betanzos Liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación do Centro de Betanzos de Bos Aires. Naceu nesa cidade o 1 de agosto de 1931, e aínda hoxe se publica. De periodicidade trimestral, desde 1974 aparece todos os meses de agosto de cada ano. As actividades do Centro, a vida do colectivo de betanceiros da Arxentina, os temas referidos a Betanzos e, en menor medida, a cultura galega, son os seus contidos. Bilingüe, aínda que domina o castelán, tiña unha extensión de entre 30 e 60 páxinas. A partir da década dos sesenta definiuse por unha clara tendencia antifascista e democrática que aínda mantiña nos anos oitenta do século XX. Ademais de reproducir textos clásicos de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal ou Castelao, nas súas páxinas aparecen poemas e artigos asinados por Manuel Barreiro, Avelino Díaz, Álvaro Cebreiro, Eladio Rodríguez, Ramón de Valenzuela, José Otero Espasandín ou Federico García Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal gratuíto de periodicidade mensual editado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), distribuído en Betanzos e na comarca das Mariñas. Apareceu o 1.11.1992 e ten unha tirada de 15.000 exemplares. Galeguizou a súa cabeceira no ano 1997 e escribíronse en galego a maior parte das súas informacións (90%). Conta con máis de vinte colaboradores entre xornalistas, historiadores, fotógrafos, debuxantes e filólogos. Entre as súas seccións, amais dalgúns artigos de opinión, destacan: “Praza do Campo”, con información local, “Información xuvenil”, “Tendencias”, coas últimas novidades discográficas, “Verbas”, coas novas achegas da literatura galega, “Deportes”, “Motor”, “Saúde”, “Historia” e “Asociado”, na que se inclúe unha entrevista con algún comerciante da vila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en novembro de 1913 como substituta dunha anterior chamada Nueva Era. Pretendía ser o órgano do Bando liberal-caciquista, de tendencia prietista. Tiña como subtítulo “Órgano do partido democrático”. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a chamarse Betanzos, un cambio de título motivado por problemas de índole político-administrativa. Editada na capital da bisbarra de Bergantiños, desde o terceiro número publicábase en Paderne, concello lindante co de Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de radio emitido dende Bos Aires todos os domingos a través da emisora CLAS FM no 102.7 do dial. Producido por Gerardo Martínez Santiago, vicepresidente do Centro Betanzos na Arxentina, presentado por Noemí Martínez en colaboración con Patricia e Mariano Dans e María Victoria Blanco Eiras.
-
GALICIA
Franciscano. Dende 1542 participou na evanxelización de América Central. Debido ao coñecemento que tiña das linguas indíxenas (guatemalteco, cachiquil, utlateco e tzutucil), publicou un catecismo bilingüe (español-cachiquil) e un vocabulario en lingua guatemalteca, do que non se conserva ningún exemplar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial do Reino de Galicia no Antigo Réxime, que tiña a súa capital na cidade de Betanzos. Abranguía o treito litoral que se estende entre o porto de Fontán, na ría de Sada (actual concello de Sada) e o río de Esteiro, entre a ría de Ortigueira e Estaca de Bares, prolongándose polo interior ata Sobrado (Sobrado dos Monxes). Tiña como límites orientais as serras da Coriscada, da Faladoira, da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe. Como provincia do Antigo Réxime, non tiña máis competencias que as de servir como marco territorial de representación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sector litoral do L do golfo Ártabro formado na desembocadura dos ríos Mendo e Mandeo, ao pé da cidade de Betanzos. Esténdese entre as puntas Camoureda, ao L, e de San Amadio, ao O. Ao N destas puntas ábrese á ría de Ares. Ao S da ponte de Pedrido, entre as parroquias de Viñas (concello de Paderne) e Moruxo (Bergondo), a ría foise enchendo de depósitos fluviais ata constituír unha área de marismas que dificultan a navegación, practicable tan só por lanchas de pouco calado, o que provocou o esmorecemento da actividade portuaria na cidade de Betanzos, próspera ata o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi fundado en 1292 e reedificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo en 1387. Construído na segunda metade do s XIV, responde ao modelo de planta de igrexa mendicante en forma de cruz latina, de nave única e cuberta en madeira, cruceiro con capelas funerarias e cabeceira con tres ábsidas abovedadas. No interior destacan a concepción espacial e os relevos escultóricos da capela maior. Conserva un gran número de sepulcros entre os que destaca o de Andrade o Bo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29 de setembro de 1919.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Roque de Betanzos.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Betanzos. Foi patrocinada por Fernán Pérez de Andrade o Mozo no s XV, seguindo as trazas de gótico tardío. Presenta unha planta basilical de tres naves separadas por piares, con cuberta de madeira cun artesoado do s XIX, e tres ábsidas poligonais cubertas con bóvedas de crucería. No muro S engadíronse catro capelas entre as que destaca a do arcediago, a de san Pedro e a de san Pablo, fundada por Pedro de Ben, que conta cun retablo atribuído a Cornielles de Holanda. No interior hai diversas esculturas funerarias. A portada principal está organizada con arquivoltas vexetais e animais, cun dosel coa figura de Cristo e co tímpano adicado ao Apóstolo Santiago. A torre foi derrubada en 1900. A porta S ou Porta Santa conserva un tímpano encastrado. Por esta porta entraban os peregrinos que se dirixían ao santuario dos Remedios ou do Camiño en Tiobre e os que desembarcaban nalgún dos portos da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aventureiro que participou na conquista de Perú acompañando a Pizarro. Realizou a tradución da Suma y narración de los incas que los indios llamaron Capaceuna (1551), onde se reflicten numerosos costumes bolivianos e peruanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Vila de Cruces do que soamente se conserva a igrexa románica da segunda metade do s XII, hoxe pertencente á parroquia. Fundado no s X polo conde Gonzalo e pola súa dona Tareixa, foi mosteiro masculino e posteriormente feminino. En 1115 dona Urraca doouno á igrexa de Santiago, e logo pertenceu ao mosteiro de San Paio de Antealtares. A igrexa é de planta basilical con tres naves con cuberta de madeira e tres ábsidas semicirculares, pechadas en forma de ferradura no arranque. Os tramos das naves están modificados e consérvanse os catro tramos da nave principal e dous das laterais, polo que o seu aspecto actual é de planta de cruz grega. A división das naves realízase mediante piares de sección rectangular e con columnas acaroadas sobre as que se erguen os arcos formeiros, apuntados os máis achegados á cabeceira e semicirculares os demais. A ábsida central, rectangular no interior e de ferradura no exterior, está cuberta por unha bóveda de canón rematada...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma musical dos ss XVI e XVII, baixo a influencia da chanson polifónica francesa. A canzone para teclado e a canzone para conxunto orixinaron, respectivamente, a fuga e a sonata. Exemplo deste tipo de composicións atópanse na obra de Girolamo Frescobaldi (1583-1643) e Giovanni Gabrieli (1553?-1612), entre outros músicos.