"CY" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 139.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos escuálidos ao que pertence o corocho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de raposos presente en América do Sur dende o Pleistoceno e que na actualidade está representado pola especie C. thous, que vive nos medios forestais que van dende Colombia ao N de Arxentina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas ao que pertencen o ciprés de Formosa, o ciprés de Hinoki, o ciprés de Lawson, o ciprés de Nootka, o ciprés de Nova Inglaterra e o ciprés de Sawara.
-
PERSOEIRO
Bailarina e actriz cinematográfica. Debutou en 1943 e protagonizou diversas longametraxes como Singing in the Rain (Cantando debaixo da chuvia, 1952), de S. Donen e Gene Kelly, Band Wagon (Melodías de Broadway, 1953), de V. Minnelli, e Silk Stockings (A bela de Moscova, 1957), de R. Mamoulian.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos cucúlidos ao que pertence o cuco satinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos de cogomelos grosos, con láminas decorrentes ou inclinadas cara a abaixo, de cor clara e sombreiro normalmente afundido no centro. En Galicia están presentes as especies: C. caerussata, de cogomelos de cor branca ou crema e sombreiro de ata 5 cm de diámetro, presente en bosques e prados, e tóxica para o home; C. costata, de cogomelos de cor parda clara, coa marxe do sombreiro ondulada, con cheiro a froitas, que vive baixo coníferas e que é comestible; C. dealbata, de cogomelos de cor crema e cheiro a fariña, co sombreiro de ata 3 cm de diámetro -máis ou menos aplanado e coa marxe curvada cara a dentro-, presente en prados, e tóxica para o home; C. gibba, de cogomelos con forma de funil que acada os 8 cm de diámetro, cunha cor que vai dende alaranxada a parda e cheiro a herba seca, que aparece baixo árbores caducifolias e que é comestible; C. nebularis, de cogomelos de ata 16 cm de diámetro, de cor parda e co pé engrosado na base,...
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario inglés. Estudiou en Eton e Oxford, colaborou nas seccións literarias de Times e The Observer e, en 1939, fundou a revista literaria Horizon. Publicou a novela The Rock Pool (A charca da rocha, 1935) e numerosos ensaios, entre os que destacan Enemies of the Promise (Inimigos da promesa, 1938) e The Unquiet Grave (A sepultura inqueda, 1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das bolbiáceas, de cogomelos de cor parda, co chapeu delgado con forma acampanada cónica e laminiñas pardas. En Galicia están presentes as especies C. antipus, C. lactea, C. pilosella, C. semiglobata, C. tenera, C. siligenea e C. subovalis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintor grego. Activo durante a época arcaica, considérase o inventor do debuxo ao trazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento da Guerra dos Cen Anos que aconteceu no sur de Crécy-en-Ponthieu (Picardie) o 26 de agosto de 1346. Eduardo III de Inglaterra derrotou a Filipe IV de Francia e como consecuencia Calais pasou a ser propiedade dos británicos entre 1347 e 1458.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas ao que pertence o ciprés de Leyland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola económica inglesa da primeira metade do s XIX que esixía a plena abertura metálica de todos os billetes de banca a fin de que a circulación mixta (de diñeiro e metal) estivese suxeita ás mesmas regras ca a circulación exclusivamente metálica. Intentaban neutralizar os efectos que unha cantidade oscilante de diñeiro ten sobre o seu valor e o nivel de prezos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Rwanda (2.239 km2; 517.550 h [estim 1991]). A capital é Cyangugu (13.400 h [estim 1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros da familia dos licénidos, formado por bolboretas de pequeno tamaño, dunha envergadura de 3 cm. As alas son de cor azul metalizada, co bordo negro e extremo branco, e a parte inferior cincenta con manchas negras bordeadas de branco. En Galicia está presente a especie C. semiargus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos córvidos ao que pertence a pega azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos arborescentes, propio dos bosques tropicais do contorno do Pacífico, de ata 12 m de altura e con frondes que acadan os 4 m de lonxitude. A especie C. arborea, orixinaria do centro e sur do continente americano, cultívase como ornamental en parques e xardíns de países con climas cálidos e húmidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das nidulariáceas, formado por cogomelos con forma de cunca, de ata 15 mm de diámetro e de cor acastañada. No interior das súas copiñas teñen as esporas empaquetadas a xeito de pequenas lentellas; mentres maduran están protexidas por unha membrana, que logo cae, de maneira que quedan expostas ao impacto das pingas de chuvia que fan que saian disparadas para espallarse. O fungo desenvólvese sobre madeira e follas en descomposición. En Galicia están presentes as especies C. olla e C. striatus.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico polaco. Foi coñecido polos filmes Popiol i diament (Cinzas e diamantes, 1958) e Rekopis znaleziony w Saragossie (O manuscrito atopado en Zaragoza, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO