"Caín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide principal das follas de coca, que conteñen do 0,5 ao 1,5% da substancia, de sabor amargo. En forma básica, tal e como aparece na planta, é insoluble en auga pero soluble en alcol, éter e aceites. O uso máis habitual é en forma de clorhidrato, un po branco soluble en auga, de dobre acción: de tipo tóxico sobre o sistema nervioso central e predominantemente anestésica sobre o periférico. Úsase moito en medicina e cirurxía para producir anestesia local nas mucosas. O seu consumo habitual crea unha forma de dependencia chamada cocainomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa tímida, covarde ou de pouco ánimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación crónica por cocaína. É unha das toxicomanías máis deteriorantes, tanto sobre o psiquismo como sobre a parte orgánica, na que aparece un estado de caquexia. Chega a provocar cadros semellantes aos do delirium tremens, aínda que predominan as alucinacións táctiles e auditivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición á cocaína provocada polo seu consumo habitual. Considérase que a partir de 0,3 cg a intoxicación con cocaína pode ser perigosa. A fase aguda ou de embriaguez ten tres períodos: de euforia (con sensación de malestar se non se está acostumado), de alucinacións (táctiles, auditivas e visuais) e de somnolencia. Os efectos posteriores son longos e molestos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sofre adicción á cocaína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘home’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘muíño’.
-
GALICIA
Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina cun grupo amina que funde a 68-69°C, insoluble en auga e soluble en alcohol e éter. Emprégase en medicina como anestésico local e para o tratamento das arritmias ventriculares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido de masas francés fundado o 26 de novembro de 1944, formado por organizacións de tradición socialdemócrata e vinculado ao mundo católico. Obtivo un grande éxito electoral en 1945 e suspendeu oficialmente as súas actividades en 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se coñece comercialmente a procaína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Coñecido como Juan Rulfo, integrouse no grupo de escritores que crearon un universo propio, Comala, para convertelo en escenario onde se desenvolven as súas historias. Na súa obra reflicte as dificultades da súa infancia, especialmente as loitas relixiosas da ‘guerra de los cristeros’ e o falecemento dos seus pais, pero tamén se manifesta o seu carácter sensible e romántico. Apaixonado da literatura clásica, está considerado como un dos representantes do realismo máxico. Os seus personaxes, que se moven en escenarios rurais de México, representan e reflicten o tipismo do lugar, cos seus grandes problemas, o atraso, a miseria, o caciquismo, onde a presenza da morte, a violencia, a degradación e a sexualidade son unha constante. Todas estas preocupacións reflectiunas tamén no seu arquivo fotográfico, composto por máis de 6.000 negativos. Da súa obra destacan a colección de pequenos relatos El llano en llamas (1953), centrada na vida dos labregos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anestésico local sintético introducido en 1906. Foi empregado como anestésico, como retardante da excreción da penicilina e en xeriatría. OBS: Coñécese comercialmente como novocaína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).
-
PERSOEIRO
Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990), Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lidocaína.