"Cabe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 151.
-
-
Conxunto dos cabelos dunha persoa.
-
Auréola luminosa que rodea o núcleo dun cometa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal, situada ao L de Leo e ao N de Virgo, formada por unhas vinte estrelas, sendo as máis brillantes as de cuarta magnitude.
-
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Destacou principalmente como autor dun ciclo novelístico sobre Poitesme, un reino imaxinario a través do que satiriza a sociedade moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada un dos pelos, propios da especie humana, que nacen na pel do cranio, chamada coiro cabeludo. Os cabelos teñen unha vida de 3 a 5 anos; o seu desenvolvemento completo ten lugar durante a mocidade, e involuciona despois de diversos xeitos: caída (calvicie), polo xeral parcial, despigmentación (cabelos grises, cabelos brancos), etc. O seu crecemento é duns 0,3 mm diarios de media. A forma e a cor dos cabelos son caracteres somatolóxicos que varían no conxunto da humanidade. En canto á forma distínguense distintos tipos de cabelos: liso ou liótrico, característico dos xantodermos; ondulado ou cimatótrico, característico dos leucodermos; e crecho ou ulótrico, característico dos melanodermos. No que respecta á cor, distínguense varias tonalidades básicas -por exemplo moura, castaña, rubia, loura, etc- non ligadas a ningún grupo determinado, aínda que os tons máis claros son propios dos leucodermos; como situacións anómalas individuais, ligadas a outros trazos somáticos, existen...
-
Conxunto dos pelos da cabeza.
-
Especialidade reposteira elaborada con polpa de cabaza e xarope, que se emprega como recheo en moitas especialidades, como as ensaimadas enchidas e a torta de Mondoñedo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas máis frecuentes, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de tres estrelas do mesmo metal, nos baleiros, alternando coas faixas; bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns traen, en campo de ouro, unha banda ondeada branca, e enriba un león rampante vermello. Os que pasaron a Extremadura ostentan, unha torre de prata, e bordo de ouro, con oito estrelas de azul. Outra variante trae, en campo de goles, dous bordóns de prata, e orla de azul con seis cunchas de ouro.
-
-
Que ten moito pelo na cabeza.
-
Pel da cabeza na que nace o pelo.
-
-
-
Acción e efecto de caber.
-
Espacio dun continente ou recipiente en relación co que é capaz de conter.
-
-
-
Relativo ou pertencente á rexión do Cabo ou á Cidade do Cabo.
-
Natural ou habitante de Cidade do Cabo.
-
Reino bioxeográfico constituído polas terras máis austrais do continente africano. Caracterízase por unha flora moi rica, con numerosos endemismos e cunha notable riqueza en plantas esclerófilas, ericoides e suculentas.
-
-
-
Ter alguén ou algunha cousa as dimensións axeitadas para ser introducida ou colocada nun espazo ou para estar contido nalgún lugar.
-
Haber o espazo abondo nun lugar para que alguén ou algunha cousa poida pasalo ou atravesalo.
-
Ser posible algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedades de uvas orixinarias da rexión francesa de Bordeos. Os seus acios son de vida media e de forma irregular, con grans pequenos, esféricos e cheos de sementes, de cor negra e de gusto agre, que maduran a media estación. A variedade cabernet franc, de características moi próximas á uva mencía, produce viños tintos suaves e rosados, levemente acedos e afroitados. A variedade cabernet sauvignon ten un poderoso sabor e aroma e é moi rica en tanino; é a variedade de uva máis cultivada do mundo debido á súa gran calidade, bos rendementos e facilidade de cultivo. Orixina viños cunha grande estrutura que requiren avellentamento e, frecuentemente, a mestura con outras variedades de uva. Cultívase en moitas outras rexións vitivinícolas de Norteamérica, Sudáfrica e Europa, destacando, sobre todo, no val do Loire. A AOC (Appellation d’Origine Contrôlée) Cabernet protexe os viños procedentes das célebres aldeas do Haut Médoc bordelés: Saint Stèphe, Saint Julien, Margaux e Pauillac....
-
-
PERSOEIRO
Trobador catalán en lingua provenzal. Participou na Batalla de Las Navas de Tolosa. Segundo a lenda, á que contribuíron autores como Boccaccio ou Stendhal, estivo namorado de Saurimonda, muller de Ramon de Castell-Rosselló; o marido, celoso, matouno e deulle o seu corazón como manxar á dona, quen, ao sabelo, se suicidou. Consérvanse nove cansós súas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor románico anónimo. Caracterízase polo pregamento das vestiduras, pola forma das mans e, sobre todo, pola expresión das cabezas, de onde emerxen os ollos, marcados con dous golpes do trépano baixo o arco das cellas. Da súa autoría destaca o tímpano da igrexa de Cabestany, no Rossellón. Tamén desenvolveu a súa actividade por Catalunya, Navarra e Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.
-
Peza da sela do cabalo na que o xinete apoia os pés.
-
Corda que se une pola parte superior ás dúas cangallas interiores do xugo.
-
Correa longa coa que os zapateiros aseguran os zapatos sobre os xeonllos.
-
Tolete fixado na proa da dorna do que se amarra, mediante un cazulete, a poia inferior da vela.
-
-
-
Corda resistente e longa que se usa, especialmente, para atar a carga do carro e impedir que se espalle.
-
Corda que se usa para pendurar o porco despois de morto.
-
Correa ou corda que se ata á cabeza das bestas para poder guialas.
-
Boi manso que guía os touros bravos.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor francés. Iniciando a súa traxectoria política no carbonarismo, estudiou axiña as experiencias de Owen, que sintetizou nun comunismo integral, difundido a través de Voyage en Icarie (Viaxe a Icaria, 1839). Opúxose aos réximes de Carlos X e Luís Filipe de Orleans e foi perseguido, polo que se exiliou no Reino Unido de 1834 a 1839. Trala revolución de 1848 marchou aos EE UU con diversos grupos de seguidores (icarianos), cos que fundou dúas comunidades utópicas, unha en Texas e outra en Illinois, que fracasaron por disensións internas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Parte superior do corpo do ser humano e anterior e superior doutros animais, que contén os principais órganos dos sentidos e os centros nerviosos. A cabeza dos vertebrados comprende dúas partes fundamentais: o cranio, unha cavidade ósea que contén o encéfalo e está situado nun lugar superior e posterior; e a cara, na que se atopa o inicio dos condutos respiratorio e dixestivo e gran parte dos órganos dos sentidos, situada nun lugar inferior e anterior.
-
Zona da cabeza das persoas excluíndo a cara.
-
-
Facultade ou capacidade humana que é sede do pensamento, do intelecto, do talento ou do xuízo.
-
-
Cada persoa individual membro dun colectivo.
-
Cada animal membro dun rabaño considerado individualmente.
-
por cabeza
Indica a parte que lle corresponde a cada individuo cando se reparte algunha cousa.
-
-
-
Lugar preferente ou central.
-
...
-
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que sobresaían pola súa cabeza, probablemente polo seu gran tamaño. Procede da forma do latín vulgar capitia ‘cabeza’. Documéntase no s XII: “Martinus Cabeza” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 400).
-
Liñaxe castelá moi estendida polas provincias de León, Asturias e Santander, e bastante frecuente en Galicia. As súas armas levan escudo acuartelado: o primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro; o segundo e terceiro cuartel, en campo de goles.
-
-
PUNTA
Punta do litoral da península do Grove, na parroquia e concello homónimos, na beira meridional da ría de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. En 1887, logo de acadar o título de doutor, comezou a súa carreira docente como profesor de dereito mercantil e internacional na Universidade de Santiago de Compostela, na que ocuparía as cátedras de Dereito Internacional dende 1903 e a de Dereito Canónico dende 1919. Como investigador realizou diversos traballos sobre materia xurídica, entre os que destacan El sistema de la personalidad en derecho (1903) e varios traballos sobre Díaz de Rábago e Saavedra Fajardo. Así mesmo, estudiou a actividade universitaria de Ramón de la Sagra e Domingo Fontán, e reuniu numerosos datos para a Historia de la Universidad de Santiago, editados postumamente por Enrique Fernández-Villamil en 1946; ademais escribiu o primeiro estudo xurídico escrito en galego, “A insinanza do direito román na Universidá de Sant-Yago hastra o plan de estudos de 1772” (1927). O prestixio acadado como especialista en dereito internacional foille recoñecido pola Carnegie Institution e polo...
VER O DETALLE DO TERMO