"Díaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 214.

  • GALICIA

    Historiador, xeógrafo, filólogo e escritor. De moi novo emigrou a Arxentina, onde se dedicou aos negocios mercantís. En 1911 regresou e instalouse en Madrid. Colaborou, entre outros, nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu desde 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque gallego (“Notas de Baamonde (Lugo)”, 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?”, 1915) en La Voz de Galicia. No Boletín da Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Escribiu a novela El Destino (1897), de ambiente galego, e o conto Al abrigo del ombú (1914). Entre outras obras eruditas, publicou Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira (1902), Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas (1903), Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira (1903 e 1904), Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral (1907), colección de dezaseis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido patronímico formado a partir do nome Didacus, de onde derivou Diego. Outras variantes deste apelido son: Días, Díez, Diéguez, Diegues, Diz, Dis. Na época medieval as variantes, tanto en documentos en latín como en romance, que presentaba eran moitas máis: “Ovecus Didaci” (doc ano 857 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 373), “Gondesindo Diaz” (doc ano 910 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 373), “Petrum Diez” (doc ano [942-977] en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 225), “Vistrario Didat” (doc ano 977 en Santiago Montero Díaz, La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol], 7, 25, 1935, p 58), “Ioannes Diaci” (doc ano 1001 en Manuel Lucas Alvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 457), “Froilani Didazi” (doc ano 1098 en Manuel Lucas Álvarez, El...

    2. Liñaxe que se estableceu na Devesa, en Ribadeo. As súas armas levan un escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, cunha estrela de ouro; segundo e terceiro de prata, cunha árbore de sinople arrincada. Outra variante trae, en campo de azul, tres bandas de prata, acompañadas de dez estrelas de ouro de catro puntas, colocadas catro a cada un dos lados da banda central e as outras dúas por fóra das bandas laterais, unha arriba e outra abaixo. Algúns levan, en campo de azul, un cometa de ouro. Outros ostentan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, unha estrela de ouro, coa cola de abaixo máis longa ca as outras; segundo e terceiro, en campo de goles, cunha torre de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Agrarista. Membro de Solidaridad Gallega, asinou o Manifesto Solidario de 1907 e foi vogal e presidente (1908-1912) da Xunta Solidaria da Coruña. Dende 1908 participou nas campañas propagandísticas e nos mitins campesiños, e colaborou en diversos medios xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e etnógrafo. Colaborou en distintas publicacións, como Faro de Vigo, Vida Gallega, Museo de Pontevedra, Nordés, Castrelos ou Lucerna. Publicou Carta y noticia arqueológica de las islas Cíes (1958), Noticias de prehistoria en torno a Vigo y su ría (1973), con Mª del Carmen Seoane Rodríguez, Ánforas romanas en los caminos del mar (1981), La caracola de piedra (Premio Municipal Antonio Palacios, 1982), En Tui llueve diferente (1986), Noticia del primer horno y alfar de ánforas gallegas (1988), con Manuel Vázquez Vázquez, Noutronte (1994) e Os muíños de Folón (1998), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Redactor xefe da revista Galicia en Madrid, colaborou asiduamente na prensa galega da época. Entre outras obras, publicou La historia y sus héroes (1929), Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier (1932), Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (Premio da Real Academia Galega, 1944) e Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (Premio da Real Academia Galega, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico e pintor, fillo de Isaac Díaz Pardo. Ten o título de deseñador gráfico profesional expedido polo Bureau of European Designers Associations (BEDA). Abandonou os estudios de filosofía e letras para dedicarse ao deseño. Durante a súa estancia no Grupo Sargadelos, foi secretario do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, director de sistemas de comunicación do Seminario de Sargadelos e director artístico de Ediciós do Castro. Colaborou con diversas compañías teatrais, e así en 1973 deseñou o vestiario do Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araújo, para Teatro Circo. Foi tamén deseñador da escenografía de A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro, na montaxe da Escola Dramática Galega en 1979. A súa obra pictórica caracterizouse pola composición xeométrica e esquemática que foi definida como construtivista, e pola investigación plástica que realizou no plano, coordinando e enfrontando formas e cores unidos a unha síntese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro do Partido Liberal, alcalde da cidade de Panamá (1910-1912) e presidente da Asamblea Nacional (1932). Elixido presidente en 1948, ocupou o cargo durante dez meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Alone, estudiou no seminario de Santiago e posteriormente no Instituto Comercial de Santiago e na Escuela Dental. Colaborador en numerosas revistas e xornais da época (La Unión, El Mercurio, Selecta, Corre-Vuela, El Diario Ilustrado e Zig-Zag), fixo unha grande achega á historia da literatura chilena cos seus estudios. Publicou, entre outras obras, La sombra inquieta (1916) e Memorialistas chilenos (1960). Foi membro da Academia Chilena de la Lengua, da Academia Chilena de la Historia e doutor honoris causa pola Universidad de Chile. Recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Ramiro Díaz Baliño. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña da que, posteriormente, foi profesor de modelado e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi delineante maior de vías e obras da deputación coruñesa dende 1920. Realizou obras de temática galega, entre as que destacan O cego, O rezo, Devotiña, A volta da sega e No sermón. Fixo tamén o busto de Xosé Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña, o Sagrado Corazón de Cesuras e participou na decoración, entre outros edificios, do Hotel Finisterre e do Banco de La Coruña e do antigo Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou nos festexos de celebración do primeiro aniversario da Segunda República coa realización de diversas obras. Dende 1912 participou en numerosas exposicións de arte galega, entre as que destacan a Primera Exposición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, irmá de Camilo, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño. Iniciou os seus estudios co seu irmán Camilo e en 1929 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permitiu ampliar estudios en Madrid. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino da Coruña. Na súa obra mostra unha imaxinación leda e chea de cor e de carácter decorativo que lembra as ilustracións dos contos. Posúe un debuxo solto e un rico colorismo, en obras que lembran en certo modo o modernismo, con mulleres convertidas en fadas e paisaxes imaxinadas pola artista, nas que os motivos florais enchen o espacio. As súas creacións, realizadas en pequeno formato, amosan un certo horror vacui. Entre as súas obras destacan Tríptico alegórico de Galicia e Las Hadas del Caracol. Participou, entre outras mostras, na Exposición de Arte Gallego (Santiago de Compostela, 1926), na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas da Real Sociedad Económica de Amigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Indalecio Díaz Baliño. Especializouse na realización en madeira de siluetas de figuras humanas e de paisaxes caracterizadas pola perfección do seu debuxo. Realizou exposicións en diversas vilas galegas e en América do Sur. Participou, entre outras mostras, na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas, organizada pola Real Sociedad Económica de Amigos del País en Santiago de Compostela en 1941. Foi un dos fundadores da Asociación de Artistas da Coruña (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra caracterízase polo ton moralizante e polo coidadoso desenvolvemento da acción. Da súa produción destacan, El sobre en blanco (Premio Fastenrath, 1918), Un beneficio (1920), Pilar Guerra (1920) e El vuelo de la dicha (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid nos obradoiros de D. Vázquez Díaz. Integrouse no movemento vangardista madrileño e relacionouse, entre outros, con B. Palencia, M. Mallo e A. Sánchez. En 1929 viaxou a París onde coñeceu o cubismo. A súa obra mostra unha influencia de Braque e Matisse. Cultivou a paisaxe castelá e os bodegóns, cun predominio dos tons terra nas súas primeiras obras e cun achegamento á abstracción nas últimas. Destacan as súas obras Tierras (1962), Pueblo (1974), Tierra Azul (1982) e Mancha negra (1987). Recibiu o Premio Nacional de Pintura (1958) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1980). Doou o seu legado á Fundación Díaz Caneja de Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tradutor e poeta. Entre 1931 e 1936 cursou estudios de latín e humanidades no seminario de Mondoñedo, onde fixo amizade con Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome. Comezou ademais estudios de teoloxía, que abandonou no segundo curso. Coa Guerra Civil abandonou o seminario para facer o servizo militar e, unha vez rematada a contenda, exerceu ata 1947 como profesor de ensino medio de latín e inglés no colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa. En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras na Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde alternou os labores de docente cos de tradutor. En 1968 obtivo os diplomas de inglés e alemán no Instituto de Idiomas da facultade de Filosofía e Letras de Madrid, e inscribiuse na Asociación Española de Tradutores e Intérpretes, onde apareceu como un dos tradutores españois de maior número de linguas europeas (incluído o éuscaro). No ámbito da tradución destaca o labor que realizou para o ministerio de Gobernación, así como as súas colaboracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. A súa obra caracterizouse polo uso da serialización de obxectos. Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989-1991), no VII premio de pintura L’Oreal en Madrid (1991), na Bienal de Balconadas en Betanzos (1992), no Certame de Pinturas Concello de Cambre (1992-1994-1997), na Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, 1993-1994-1997), na Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira (1997) e no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela 2001). Realizou exposicións individuais en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. Destaca da súa obra Fragmentos (1993-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colonizador. Nomeárono xuíz de residencia e visitador de Nueva Granada en 1544. Axudou a Pedro de la Gasca a pacificar Perú e organizou unha expedición ás montañas de Espírito Santo (1549). Encargado da Audiencia de Santa Fe en 1550, foi destituído nese mesmo ano e volveu a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999 coa tese Problemas de aprendizaje en la interpretación de observaciones de estruturas biológicas con el microscopio. Profesor de didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Santiago de Compostela, é subdirector da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do departamento de didáctica das ciencias da USC dende o 2001. Foi membro do consello de redacción da revista ADAXE. Revista de estudos e experiencias educativas (1984-1997) e, desde 1994, membro do consello asesor de ALAMBIQUE. Didáctica de las ciencias experimentales. É autor de investigacións no campo da didáctica das ciencias experimentais sobre as ideas dos estudiantes e os problemas da aprendizaxe da bioloxía, en que destacan os seus traballos “El concepto de ser vivo en los diferentes niveles educativos: ideas de los alumnos de EGB, BUP y Magisterio” (Adaxe, 1992)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa...

    VER O DETALLE DO TERMO