"De Ponte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 43.

  • Xornal que se publicou en Pontevedra no ano 1854 na imprenta de Xosé Antonio Antúnez e Ramón Núñez Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en 1885. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán. En decembro de 1886 deu conta da convocatoria do Congreso Regional Pedagógico de 1887 en Pontevedra, e incluíu as bases e os temas do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade trisemanal aparecida o 20 de outubro de 1868 en Pontevedra. Fusionouse con outros periódicos e pasou a titularse La Democracia, La República Federal e La Democracia Republicana. Levaba por subtítulo “Periódico defensor de las ideas democráticas” e imprimíase nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. No seu equipo de redacción figuraba Nicanor Rey. Entre os seus obxectivos destacaba facer públicas todas as cuestións que non fosen acordes con respecto aos principios da revolución da Gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1836 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Pontevedra. O seu precedente foi a Diputación Provincial de Vigo (1822-1823), que administrou durante o seu período de vixencia o mesmo territorio. O cambio de réxime propiciado polo ascenso ao trono de Isabel II (1833) significou a recuperación da administración provincial. Nesta circunscrición supuxo un traslado da capitalidade que beneficiou a vila de Pontevedra, que sostivo coas cidades de Tui e Vigo unha intensa pugna por acadar esa condición; incluso o goberno chegou a decretar o 26 de maio de 1836 o retorno da capital provincial a Vigo, pero a orde non chegou a executarse. No outono de 1840, co país inmerso nunha confrontación civil, a capital retornou a Vigo durante dúas semanas, prazo que non foi suficiente para consolidar o novo status quo e constituír unha nova deputación, porque, pasado ese tempo, o goberno deu instrucións para restaurar a situación precedente. A Deputación Provincial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política xurdida da escisión do Partido Galeguista (PG), composta por X. García Vidal, X. L. Sánchez, D. Caramés, X. Filgueira Valverde, X. Sesto López e X. Martínez Tiscar, asinantes do manifesto que foi presentado no marco da IV Asamblea do PG, o 20 e 21 de abril de 1935, e que foi publicado en A Nosa Terra o 25 de maio de 1935. Os detonantes da escisión foron a entrada dos galeguistas na estrutura da esquerda democrática para conseguir máis votos, tralo fracaso electoral de 1933, e a loita polo liderado hexemónico do galeguismo. A escisión pontevedresa soamente foi seguida por un sector do grupo ourensán (V. Risco, X. Fernández Borrajo, X. A. Varela) e un pequeno grupo na Coruña, liderado por M. Banet Fontenla. O seu programa definiuse pola defensa acérrima do idioma galego, a defensa dos valores espirituais de Galicia, vinculada á defensa do espírito cristián, a idea da democracia política fronte a marxismo e fascismo, a defensa do cooperativismo fronte ao socialismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en xuño de 1879 en Pontevedra e que cesou a súa edición en outubro do mesmo ano. Subtitulado “Periódico de intereses generales, noticias y anuncios”, foi editado e dirixido por Claudio Cuveiro. Foi o substituto de El Anunciador e cando rematou de publicarse converteuse en El Avisador. En 1881 viviu unha segunda etapa moi breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado a partir do 1 de agosto de 1887 en Pontevedra. Subtitulado “Periódico liberal”, tivo os seus antecedentes máis directos en El Diario (1882) e Diario de Pontevedra (1879). Dirixido por Andrés Landín e posteriormente polo seu fillo Prudencio Landín, seguía a liña ideolóxica marcada por Uxío Montero Ríos, con escasa información, anticlerical, contrario ao tradicionalismo e ao galeguismo. No eido literario, cómpre salientar a aparición dalgúns contos como o titulado “Ruth”, de Corina Agüero. No ano 1899 subtitulouse “Decano de la prensa de esta capital”. Coa morte de Montero Ríos en 1912, pasou a estar tutelado por Eduardo Vicenti. A partir de 1922 pasou a mans de Evaristo Paredes, quen o dirixiu ata febreiro de 1939, data na que desapareceu por mor dun expediente informativo do ministerio do Interior. Despois dun longo período, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, co apoio de Xosé Luís Olmedo, Xoán Santos, Enrique Moldes e Emilio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza situada en Vilarello (Cervantes), á beira do río Cancelada, sobre un outeiro rochoso de difícil acceso. Construíuse no s XV e pertenceu ao conde de Grajal de Campos, señor de Cervantes. De planta rectangular, conserva no muro sur a torre da homenaxe, tamén rectangular. Os muros son de cachotería de lousa e coroáronse con ameas. A porta de acceso á torre comunica co patio de honra e ten un arco de medio punto. Relaciónase coa lenda da muller cervo que narra a historia dunha doncela que desapareceu do castelo e que foi dada por morta pola súa familia. Un día, o seu irmán matou unha cerva branca e gardou unha das súas patas no seu zurrón e, ao chegar á casa, en lugar da pata atopou unha man de muller cun anel semellante a un dos da súa irmá, entón regresou ao lugar no que deixara a cerva e atopou o corpo da irmá. Cóntase que a doncela se converteu en cervo para ser protexida do bosque. En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Pontevedra a partir do 18 de xullo de 1852 subtitulado “Periódico semanal de anuncios y literatura”. Cesou ao redor de 1878. Dirixido por Luís de la Riega, aparece semanalmente ata o 19 de setembro de 1852. Subtitulouse nos últimos números “Periódico Agrícola, Comercial, Literario y de Anuncios” e incluía novas sobre agricultura, comentarios críticos sobre temas da cidade e artigos literarios. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos irmáns Xosé e Primitivo Vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia monárquica editado en Pontevedra a partir do 16 de marzo de 1869. Cesou probablemente en xuño de 1870 (nº 68). Subtitulado “Periódico liberal independiente”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé A. Antúnez. Contou coa colaboración de Nicanor Rey, Darío Ulloa, Eduardo Quintana, Manuel de Castro e Pedro Barrios. Incluíu artigos de información xeral, novas de sociedade e pasatempos. Malia que o seu lema principal foi “Todo por Galicia, todo para Galicia”, non foi unha publicación galeguista, senón defensora da monarquía constitucional e liberal que ao mesmo tempo que rompía a hexemonía dos periódicos republicanos da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en febreiro de 1878 en Pontevedra co subtítulo de “Periódico de intereses morales y materiales”. Malia que saíu semanalmente, a partir do terceiro número pasou a editarse os xoves e os domingos. Impresa por Xosé Antúnez, estaba dirixida por Augusto de la Peña e contou coa colaboración de Luís Rodríguez Seoane. Incluíu novas, artigos de crítica para a mellora de servicios e comunicacións da cidade, a abolición do imposto especial de mercadorías, a consecución dun hospital provincial e dunha escola náutica, e programas do Entroido e das festas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal aparecida o 15 de xaneiro de 1911. Cesou a súa edición o 15 de maio de 1914 (nº 80). O seu propietario foi Celestino López de Castro e o seu director Fernando Amil Soto. En 1913 tiña unha tiraxe media de 500 exemplares. Definíase como o de maior circulación da cidade. Ademais da información xeral, reproduciu poemas de Rosalía de Castro e de Olegario Teso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en 1845 e que cesou no número oito. O seu director e único redactor foi Xosé B. Armada. Impresa, de xeito irregular, nos obradoiros tipográficos da Viúva de Pintos, tratábase dunha obra por entregas, redactada en verso, que tiña como obxectivo dar a coñecer as interioridades da vida local pontevedresa. Algúns estamentos sociais da cidade tentaron censurar a publicación e o seu responsable decidiu pechala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Pontevedra a partir de 1942. Promovida pola institución da que tomou o nome, o seu obxectivo foi recoller estudos científicos con rigor histórico. Publicada en catro entregas trimestrais que logo se reunían nun tomo, co tempo editouse un só volume de saída anual. Dirixida por X. Filgueira Valverde e por José Carlos Valle Pérez (desde 1987), incluíu investigacións sobre arqueoloxía, numismática, historia, liñaxe, folclore, filoloxía ou literatura, ademais dunha sección de artigos complementarios e outra de documentos descoñecidos. Colaboraron nas súas diferentes edicións algúns escritores e intelectuais galegos de recoñecido prestixio como Bouza Brey, Antonio Fraguas, Marcial Gondar, Clodio González Pérez, López Cuevillas, Losada Diéguez, E. Pardo Bazán, Otero Pedrayo ou Pérez Constanti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra e aberto ao público en 1929. Instalado inicialmente no pazo Castro Monteagudo, posteriormente pasou a ocupar outros catro edificios: o García Flórez (s XVIII), o Sarmiento (s XVIII), o Fernández López e as ruínas de San Domingos (ss XIV-XV). A súa colección acolle restos arqueolóxicos paleolíticos, megalíticos, castrexos e romanos, obxectos navais, ourivaría, gravados, acibeches, pinturas, esculturas, louzas e olaría popular galega. Posúe ademais unha biblioteca especializada. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilachambre (Baralla). O seu cumio acada os 892 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO