"De Vigo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Club Celta de Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada o 10 de novembro de 1927 por un grupo de residentes portugueses en Vigo. O seu obxectivo é divulgar a lingua e cultura portuguesas mediante a organización de diversos actos de promoción da música, das artes, do folclore e das relacións entre España e Portugal. Entre os seus proxectos, cómpre destacar a creación da primeira Cámara de Comercio Luso-Española e a organización das Primeiras Xornadas Galaico-Portuguesas. Entre os asistentes aos seus coloquios figuran cineastas, como Ernesto Sousa, autores, como Urbano Tavares Rodrigues, e intérpretes, como Mafalda Arnauth.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter empresarial fundada en 1993. Naceu co obxectivo de reunir os empresarios do Sur de Galicia nun foro empresarial que reafirmase o liderado de Vigo no desenvolvemento industrial de Galicia e do Norte de Portugal, e que promovese a colaboración entre os empresarios e o impulso da cultura empresarial. Entre outras actividades realiza conferencias, mesas redondas e coloquios sobre temas económicos e empresariais. Presidido por José Manuel Fernández Alvariño.
-
SEMANARIOS
Semanario que se publicou por primeira vez en xaneiro de 1894 na cidade de Vigo. Francisco Carraque, o seu fundador e director, só editou 20 números deste periódico na súa imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano colectivo creado entre os anos 1978 e 1979, que agrupou distintas organizacións feministas de Vigo (AGM, ADMG, FIGA e MDM). A organización autónoma das mulleres foi un dos seus sinais de identidade, e as súas actividades recolleron desde a mobilización polos dereitos específicos das mulleres ata a reivindicación pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres na lexislación. No ano 1980, a FIGA desligouse da Coordinadora Feminista, que pasou a converterse nunha soa organización, legalizada no ano 1984. Desde 1981, formou parte da Coordenadora Nacional de Organizacións Feministas de Galicia (CNOF), aínda que mantivo unha dinámica propia. Froito da diversidade das ideas e dos proxectos feministas e políticos das mulleres que a compuñan: diferencias sobre o lugar de traballo institucional, marcos socio-políticos de actuación, orientación das campañas, etc, algunhas integrantes desta organización sumáronse nos anos 1985 e 1986 á formación doutros grupos feministas como Alecrín e Donicela....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1978 polo seu director Joaquín Carvajal en colaboración con Moisés Alonso, organista da catedral de Tui-Vigo. Presentouse en decembro dese mesmo ano na igrexa dos Capuchinos de Vigo. Membro da Federación Coral Galega (FECOGA), foi un dos pioneiros en Galicia en incluír preferentemente no seu repertorio compositores da polifonía dos ss XV, XVI e XVII (cancioneiros de Palacio, Upsala, Guerrero, Morales e Tomás Luis de Victoria), ademais de pezas do s XX e folclore galego. Realizou numerosas actuacións no territorio galego, no norte de Portugal e noutras cidades de España e participou, entre outros eventos, no Certame Internacional de Tolosa e no de Avilés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en abril de 1884 en Vigo e que se definiu como democrático. Cesou o 31 de agosto de 1885 (nº 400) e foi substituído por El Independiente. Fundado e dirixido por Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández, contou cun consello de redacción formado polos propios directores, xunto con Luís A. Mestre e Ángel Bernárdez. Aínda que a maior parte dos seus artigos ían asinados por un “corresponsal”, colaboraron nel Manuel Navarro Murillo, Daniel Balaciart e Héctor F. Varela. Imprimiuse todos os días, agás festivos, nos obradoiros tipográficos de Taboada e Rodríguez. A súa vinculación co republicanismo levoulle a diversos enfrontamentos co bispo de Tui, Fernando Hué, quen condenou a súa edición mediante un decreto de excomuñón asinado en decembro de 1884. Publicou o folletín por entregas La Rosa de Castro, de M. Pedro Napoleón Bonaparte, que se repartía conxuntamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para o goberno, administración e promoción dos intereses da provincia de Vigo, proclamada polas Cortes españolas o 13 de xullo de 1821. Funcionou provisionalmente dende decembro de 1821 ata o 5 de maio de 1822, data na que se celebraron nos 11 partidos da provincia as eleccións para designar os seus membros. A entrada na cidade de Vigo das tropas do xeneral Morillo, que desertara e se unira coa súa guarnición de Lugo ao exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica o 4 de agosto de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano. A Revolución de 1840, secundada pola Milicia Nacional e o Concello de Vigo, supuxo unha segunda e breve restauración da provincia de Vigo (21.10.1840-6.11.1840), pero tampouco se chegou a constituír como acontecera en 1836, cando un decreto gobernamental do 26 de maio (que finalmente non se chegaría...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 24 de maio de 1870 en Vigo. Subtitulouse “Periódico semanal, progresista-democrático”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel, incluíu información xeral e variedades.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario literario aparecido en Vigo a partir do 25 de novembro de 1911. Cesou a súa edición en abril de 1912, con 22 números publicados. Dirixiuno o escritor Avelino Rodríguez Elías. No terreo literario, cómpre salientar algúns relatos costumistas titulados “Cousas da miña terra” e “Cousas da miña aldea”, asinados por Xan de Ningures, pseudónimo empregado polo propio director.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico decano da prensa española editado en Vigo a partir do xoves 3 de novembro de 1853. Fundado polos xuristas Xosé Carvajal Pereira, o seu director, e Xosé Mª Posada, co tempo pasou a ser propiedade do impresor Anxo de Lema e Marina. No seu primeiro consello de redacción figuraban tamén Xoaquín Yáñez, Vicente Coca, Nicolás Taboada Leal e Basilio Besada. A súa impresión levábase a cabo nos obradoiros tipográficos da rúa Oliva, nº 2, nunha prensa construída a man por Xacinto Valenzuela e cun papel fabricado en Lavadores por Antonio López de Neira. Nos seus comezos definíase como un periódico independente, cun marcado acento oficialista, conservador e católico. O seu éxito debeuse á identificación do periódico cos intereses da cidade e destacou polas súas campañas en favor do ferrocarril. Subtitulouse “Periódico mercantil, agrícola e industrial”, era bisemanal, saía todos os xoves e domingos e constaba de catro páxinas de pequeno formato. A súa subscrición mensual era de seis reais....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1996 polo Real Club Celta de Vigo coa colaboración de diversas empresas e persoas individuais. O seu obxectivo principal é fomentar o desenvolvemento deportivo e cultural dos máis novos, promovendo a práctica do deporte. Concede bolsas deportivas a mozos e axudas aos atletas e a actividades deportivas como o alpinismo, o ciclismo e o hóckey. Entre as actividades que organiza destaca a celebración de campus de fútbol destinados aos rapaces no verán. Dende as Aulas de Formación imparte cursos de diversa índole e, xunto coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, organiza un máster en xestión e administración de entidades deportivas, cursos de posgrao para licenciados sobre psicoloxía aplicada ao deporte e á actividade física, e cursos validables con créditos de libre elección. En 1999 creou o Museo Deportivo del Real Club Celta de Vigo, que mostra a historia do club, e o Museo de Arte Deportivo, primeiro en temática deportiva de Galicia e un...
-
DIARIOS
Diario liberal editado a partir de 1 de xullo de 1912 en Vigo. Cesou a súa edición en marzo de 1914. Dirixido por Justo Fernández Herva, incluía información xeral e un apartado literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.