"ECL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

    1. Acción e efecto de declarar ou declararse.

      1. Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público (axente da autoridade, oficial do xulgado, xuíz) ou tribunal. Pódese realizar de forma espontánea ou sobre a base das preguntas que poidan formular o xuíz ou as partes. Pódese tomar declaración no proceso de instrución ou en audiencia pública, aínda que se é posible, deberá ratificarse na vista oral.

      2. Exposición, feita normalmente por escrito, das mercadorías suxeitas a pagar, dos dereitos de aduana ou doutros impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.

      3. Acto unilateral realizado por un Estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais. Poden ser, entre outras, declaracións de recoñecemento dunha situación internacional, declaracións de guerra e de neutralidade.

      4. declaración de creba

        Acto resolutorio xudicial que recoñece legalmente que o estado no que está unha empresa é o de sobresemento no pagamento das súas obrigas.

      5. declaración de guerra

        Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.

      6. declaración de herdeiros

        Acto resolutorio do xuíz que ten por obxecto atribuír unha herdanza fixando a titularidade dos chamados a ela por ausencia de designación a cargo do causante.

      7. declaración de inconstitucionalidade

        Sentencia emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución. Nunha norma xurídica con rango de lei interpretada pola xurisprudencia, afectará a esta, se ben as sentencias recaídas non perderán o valor de cousa xulgada. Ademais, agás que no fallo do Tribunal Constitucional se exprese, subsiste a vixencia da lei na parte non afectada pola inconstitucionalidade.

      8. declaración de lesividade

        Constatación, por medio da Administración, de que un acto administrativo infrinxe o ordenamento xurídico ou prexudica o interese xeral. Realízaa a Administración autora dalgún acto que non pode anulalo ou revogalo por si mesma, de modo que se declara o acto como lesivo para o interese público como requisito previo para poder demandar o acto perante a xurisdición contencioso-administrativa. Debe realizarse no prazo de catro anos dende o día seguinte á data na que foi ditado o acto.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado e asinado en Barcelona o 16 de xuño de 1998 polos líderes dos partidos nacionalistas maioritarios das nacionalidades históricas, polo que se establecía unha fronte común cara á reorganización do modelo da estrutura do Estado. Na sinatura desta declaración participaron Xabier Arzallus, como representante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Jordi Pujol, presidente da Generalitat de Catalunya, en representación de Convergencia i Unió (CiU), e Xosé M. Beiras, líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Segundo os asinantes, despois de vinte anos de desenvolvemento no marco da Constitución de 1978 e logo do proceso de descentralización administrativa, precisábase unha nova etapa de ordenación política, dirixida á implantación en España dun modelo de estado confederal definido como un pacto entre países que conservan a súa soberanía e o recoñecemento internacional individualizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento adoptado o 4 de xullo de 1776 en Philadelphia durante o II Congreso continental, no que os delegados das trece colonias británicas de América do N proclamaron a súa independencia e a vontade de constituírse nos Estados Unidos de América. Encargouse da súa redacción un comité formado por Thomas Jefferson, John Adams, Benjamin Franklin, Roger Sherman e Robert R. Livingston, segundo a proposta de Richard Henry Lee. Estaba formada por cinco seccións: un preámbulo; unha proclamación dos dereitos naturais inalienables e do dereito das nacións a elixir un goberno que respecte e defenda estes principios; un conxunto de acusacións contra o monarca Xurxo III de Inglaterra; unha descrición dos intentos das colonias de acadar unha compensación polos agravios sufridos; e a declaración de independencia. A declaración estaba moi influída polas teorías de John Locke, que estableceu o principio de que as persoas necesitan dun goberno para protexeren os seus dereitos inalienables, dos que se incluían...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto galicano redactado por Bossuet, aprobado por unha asemblea eclesiástica (1682) e imposto por Luís XIV ao clero. Establecía a non submisión do rei a ningunha potestade eclesiástica, a superioridade do concilio ante o Papa, o exercicio das liberdades da igrexa galiana e a aprobación das decisións pontificias por parte da Igrexa. Ante a oposición do Papa Inocencio XII, o monarca retirouna. O Emperador Napoleón I restaurouna en 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto votado pola Asemblea Constituínte francesa do 17 ao 26 de agosto de 1789, que se compoñía de 17 artigos e un preámbulo. A súa redacción recollía a influencia da Declaración de Independencia dos EE UU (1776) e do pensamento dos enciclopedistas do s XVIII. Proclamaba a igualdade de todos os homes e os seus dereitos naturais e inalienables: a liberdade individual, de pensamento, de prensa e de credo, limitada no seu exercicio pola liberdade do resto da sociedade; recoñecíase a propiedade privada como dereito inviolable, o dereito á resistencia, a igualdade ante a lei, ante a xustiza e a facenda. Instaurou a liberdade de opinión e estableceu a transferencia da soberanía do rei á nación e a separación de poderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto composto de 35 artigos que precedeu á Constitución francesa de 1793, votada pola Convención o 24 de xuño dese mesmo ano. Era máis progresista e democrática ca a de 1789. Prohibiu a escravitude, proclamou a liberdade económica e recoñeceu os dereitos á educación, ao traballo e á asistencia pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto que precedía á Constitución francesa do ano III (1795). Dun ton moito máis moderado ca as declaracións de 1789 e de 1793, eliminou os dereitos suficientes para poder instaurar unha república censataria e protexer con garantías os intereses da clase dominante. A igualdade de todos os homes quedaba reducida á igualdade ante a lei, confirmaba a liberdade económica e condenaba a escravitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado pola Sociedade das Nacións en 1924 e aprobado polas Nacións Unidas en 1959 co obxectivo de garantir e defender os dereitos da infancia en todo o mundo. Do seu contido destaca o sostemento da necesidade dunha protección especial da infancia, a garantía do seu completo desenvolvemento físico, mental, moral e social, a defensa do neno sen ningún tipo de discriminación, a esixencia da prestación universal dun ensino gratuíto e obrigatorio, e a prohibición de calquera tipo de explotación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de declarar.

      1. Que se mostra abertamente e non de forma encuberta.

      2. Aplícase á persoa que declara abertamente que posúe unha calidade ou actitude determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen declara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen declara, particularmente, o que o fai perante un xuíz ou unha autoridade competente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar alguén publicamente algunha cousa.

      2. Dar a coñecer algo que se mantiña oculto ou que pertencía á intimidade dunha persoa.

      3. Dicir alguén, perante a autoridade competente, todo o que sabe sobre os feitos que se xulgan ou se investigan.

      4. Comunicar pública e oficialmente o inicio dunha acción hostil.

      1. Comunicar á autoridade competente, especialmente nunha alfándega ou nunha situación semellante, os produtos que se transportan para efectuar o pagamento correspondente do seu imposto.

      2. Manifestar a unha autoridade administrativa a natureza e a cantidade da base impoñible e os datos esixidos para o pagamento dun tributo.

    1. Dar a coñecer, pública ou oficialmente, alguén que ten autoridade para facelo, a súa consideración sobre o estado ou a condición de algo ou de alguén.

    2. Expresar alguén o seu estado ou condición.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declara ou explica unha cousa que de por si non está clara.

    2. Aplícase ao xuízo que ten como finalidade obter do xuíz a declaración da existencia dun dereito anterior.

    3. oración enunciativa.

    4. erbo que expresa a enunciación pura e simple dunha aserción, como dicir, contar, declarar ou anunciar, por oposición aos verbos de opinión, que implican que non se asume a aserción que introducen (crer) ou que esta se presenta como unha opinión (pensar).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que explica ou declara algo que estaba dubidoso.

    2. Aplícase ao pronunciamento xudicial que proclama a existencia ou non dunha calidade ou dun dereito, sen conter un mandamento executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á palabra ou ás partes da oración susceptibles de experimentar declinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de declinar.

    2. Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.

      1. Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.

      2. declinación dun astro

        Distancia angular dun astro ao ecuador celeste, medida por un arco do círculo máximo que pasa polo astro e que é perpendicular ao círculo ecuatorial. Constitúe unha das coordenadas do sistema de coordenadas horarias e do de coordenadas ecuatoriais.

      3. declinación magnética

        Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico, isto é, o formado polo plano vertical que contén a dirección do compás e o plano meridiano do punto de situación.

      1. Flexión nominal das linguas empregada para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. Os gramáticos gregos da escola peripatética e estoica concibiron as distintas formas que podía presentar o nome en grego como unha desviación da forma do caso recto, o nominativo. Os latinos chamáronlle a esta desviación dēclīnātiō. Esta idea de desviación estaba directamente relacionada co mesmo termo que empregaban os helenos para o concepto que se coñece como caso, ao que eles lle chamaron πτϖσις (‘caída’), e parece que explicaban a idea de paradigma casual coa metáfora dun xogo de dados: do mesmo xeito que un xogador de dados ten nas súas mans un cubo con seis valores diferentes, dos que só un se fará realidade mediante unha tirada de dados (πτϖσις), o falante dunha lingua é portador dun significante capaz...

      2. Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compás que se une ao círculo dun goniómetro topográfico para orientalo, de xeito que o aparello marque o cero correspondente ao meridiano magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declina ou decae.

    2. Aplícase ao plano ou á parede que presenta unha declinación.

    VER O DETALLE DO TERMO