"Gonzalez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
GALICIA
Mestre. É especialista en medios audiovisuais. Amais de impartir numerosos cursos de formación desta materia, foi o responsable de Medios Audiovisuais dentro do gabinete de reforma da Consellería de Educación. Participou no deseño da Escola de Imaxe e Son. Entre os seus traballos en vídeo destacan: Macana de dote, che (Obra de Miguel Castelo na que fixo de auxiliar de cámara); Hardo (Obra de Manolo Abad na que fixo traballos de making off); Evolución da lingua; Alcoholismo; Corazón Rojo, cruz latiente; Wenceslao Fernández Flórez e Entropía (Obra gañadora do premio Casa das Ciencias) .
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante. Coñecida como Ana Kiro, comezou a súa traxectoria profesional en Barcelona aos catorce anos participando en concursos de radio. Inicialmente cultivou a canción española e José Guardiola contratouna para actuar por todo Levante. Actuou en distintos festivais musicais e acadou varios premios; fixo, ademais, teatro con Mari Santpere e Belter. En 1969 participou en varios programas de Galas del Sábado para Televisión Española, feito que impulsou a súa carreira musical. Realizou numerosas actuacións por España, Holanda, Suíza, Alemaña e finalmente estableceuse en Galicia. Entre 1996 e 1997 presentou na TVG o programa Toda unha vida e, posteriormente na mesma cadea televisiva, Tardes con Ana. Filla Predilecta de Arzúa, recibiu o Botón de Ouro da Irmandade Galega de Caracas, a Medalla de Ouro Ano Xacobeo da televisión arxentina e o Percebe de prata 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e escritor. Interesado dende moi novo polos temas xacobeos, decidiu percorrer e investigar en profundidade o Camiño de Santiago. Colaborou no xornal El Correo Gallego con artigos que trataban temas relacionados co Camiño e que recompilou para a súa primeira publicación titulada Memorias del Camino a Compostela (1996). Publicou tamén Caminos del fin del mundo (2000), onde analiza as rutas de peregrinación que parten de Portugal e Fisterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico. Publicou numerosos artigos na prensa e as obras Estudios acerca del régimen y administración de España en Ultramar (1896) e Cartas pastorales y otras exhortaciones (1898). Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deportista e xornalista. Coñecido como Handicap, destacou como impulsor de novas modalidades e como organizador de eventos deportivos. Iniciou a súa andaina profesional como árbitro de fútbol, actividade na que acadou a categoría internacional. Redactor de Faro de Vigo, dende 1909, fundou e dirixiu outras publicacións deportivas, como Vida Deportiva e Sprint, e colaborou na sección “Notas Deportivas” da revista Nós. Desempeñou funcións directivas na Federación Galega de Fútbol (1921-1922) e dirixiu, con Ruete e Berraondo, a selección española de fútbol. Promoveu a fundación do Real Club Celta de Vigo, creado en agosto de 1923 a partir da fusión dos equipos Real Fortuna e Real Vigo Sporting. Publicou Gestas españolas en la Olimpiada de Amberes (1921) e La Olimpiada de París (1924). No exterior do estadio de Balaídos consérvase, a carón da rúa co seu nome, un monumento na súa memoria. Recibiu numerosos premios xornalísticos e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Coñecido como Chané, xunto con outros compositores galegos contemporáneos, vinculados á creación da canción sobre textos en galego ou ao movemento orfeónico, como Pascual Veiga, Xoán Montes ou Xosé Baldomir, pode considerarse un dos representantes máis sobranceiros e a primeira manifestación relevante do nacionalismo musical galego durante o período da I Restauración (1876-1931). Primeiro formouse musicalmente co seu pai, coñecido concertista de guitarra, e completou os seus estudios durante o servizo militar con Bernardo Noriega. En 1889 fíxose cargo da cátedra de Canto Individual e Colectivo dentro da Academia de Belas Artes da Coruña, cidade na que desenvolveu boa parte da súa vida activa en estreita relación co vizoso movemento orfeonístico coruñes. En 1880 comezou o seu éxito como compositor e director de música para orfeón, primeiro co Orfeón Coruñés, e a partir de 1882 con El Eco, agrupación coa que acadou importantes triunfos en Madrid (1883 e 1892), Barcelona...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico e pintor. Iniciou a súa actividade artística a mediados dos anos setenta ao presentarse aos primeiros certames da Bienal de Arte de Pontevedra e a outras convocatorias galegas e nacionais. Na década dos noventa alternou as súas exposicións entre Galicia e Portugal. A súa obra caracterízase por unha proposta estilística impresionista. En 1975 obtivo o premio de carteis da festa da Peregrina de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cóengo, historiador, poeta e orador político. Vinculado ao movemento rexionalista, participou nos Xogos Florais de Tui (1891) nos que pronunciou o seu Sermón rexionalista. Foi un colaborador habitual de El Eco del Miño e La Integridad de Tui. Entre outras obras escribiu La defensa de La Coruña en 1589 (1903) ou Las guerras feudales en Galicia: Pedro Madruga y D. Diego de Muros (1923). Foi socio correspondente da Liga Galega da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Ourense (1922-1940) e escritor, irmán de Antonio Cerviño González. Licenciouse en Dereito Canónico e doutorouse en Teoloxía. Foi catedrático de Teoloxía e Teoloxía Dogmática no seminario de Tui dende 1884, fiscal do tribunal eclesiástico de Tui e cóengo maxistral da catedral de Tui, ata que foi nomeado bispo de Ourense en marzo de 1921. A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República española. Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey, nunha polémica que mantivo con Indalecio Armesto en El Eco del Miño. Así mesmo, foi autor do panexírico polo tudense frei Rosendo Salvado e Rotea, bispo de Nova Nursia (Australia) en La Integridad de Tui. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la Santa Iglesia Catedral de Tui en el Adviento de 1898 (1898) e Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en xerencia hospitalaria pola Escuela Nacional de Sanidad. Foi director xerente do Hospital Juan Canalejo da Coruña, xerente do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e exerceu como profesor de xestión hospitalaria do Centro Universitario de Salud Pública da Universidad Autónoma de Madrid. Iniciou a súa actividade política nos anos setenta como militante da Asamblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a Asamblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990, e deputado do Parlamento galego, polo PSdeG-PSOE, na cuarta lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Iniciou a súa carreira política en 1968. Foi membro da executiva confederal da UGT (1976-1986), da comisión executiva federal do PSOE (1981), secretario xeral do PSOE de Andalucía (1994) e deputado socialista por Cádiz entre 1977 e 1990. Exerceu como ministro de Traballo e Seguridade Social (1986-1990) e impulsou, entre outros, o proxecto da Carta Europea dos Dereitos Sociais Fundamentais dos Traballadores e favoreceu a aprobación da Reforma da Financiación da Seguridade Social e a Lei de Prestacións non Contributivas. Dende o 27 de xullo de 1990 é presidente da Junta de Andalucía, cargo no que foi reelixido en 1994 e 1998. Tamén en 1990 foi nomeado vicepresidente da Asemblea de Rexións de Europa, na que preside a Comisión III, encargada das relacións Norte-Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Remeiro olímpico. Proclamouse campión de España en 12 ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de Roma 1960 na especialidade de catro con temoneiro. Unha vez retirado, converteuse en xuíz-árbitro e como tal participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista, filla do pintor Manuel Colmeiro. Residiu en Arxentina (1941-1955), onde comezou a súa formación. En 1948 ingresou na Escuela Nacional de Cerámica de Bos Aires para realizar estudios técnicos e pedagóxicos co obxectivo de obter o título de profesora na especialidade de materiais cerámicos como expresión plástica. En 1954 realizou a súa primeira exposición en Bos Aires. En 1955 regresou a España e realizou unha exposición na desaparecida Sala Velázquez, en Vigo. Posteriormente, instalouse en Madrid, onde recibiu dúas bolsas da Fundació Joan March (1964 e 1968). A súa obra caracterízase pola experimentación con materiais refractarios e óxidos, con carburos silicios e pola aplicación das cores. As súas pezas, de gran formato, incorporan o espazo como un elemento máis das mesmas. Evolucionou dende unhas primeiras pezas inspiradas na artesanía tradicional ata a abstracción. Ademais de realizar exposicións en Galicia e España, celebrou mostras en Bruxelas, A Haia e Londres (1972), entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e fotógrafo. Coñecido como Bene, foi un dos membros fundadores da Agrupación Fotográfica Gallega no ano 1946. A diferenza da maioría dos fotógrafos integrantes deste tipo de asociacións, case todos afeccionados, dedicábase á fotografía profesional, labor que compaxinaba co de xornalista. A súa obra está marcada por un fondo sentimento relixioso, na que tenta recoller elementos que resultan imposibles. Traballou en El Pueblo Gallego entre os anos 1937 e 1952, ano no que ingresou en Faro de Vigo. Internacionalmente realizou reportaxes en Portugal, Arxentina, Alemaña e no Sáhara. Participou na I Fotobienal celebrada en Vigo en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e escritor. Estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo. Colaborador da radio e da prensa galega (El Pueblo Gallego e Faro de Vigo) e hispanoamericana (Galicia e Hispano-brasileira), escribiu e ilustrou Unha lenda de San Amaro (1930), Cousas novas (1960) e Cando Colás foi á lúa (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Comezou a dedicarse á pintura en Madrid, onde foi copista do Museo del Prado. Dese xeito aprendeu as diversas técnicas pitóricas -óleo, acuarela, debuxo- e as escultóricas. En 1912 participou por vez primeira nunha exposición colectiva organizada polo Centro Gallego de Madrid, con 30 pinturas e 50 apuntamentos. Regresou a Ferrol e comezou a pintar as paisaxes da comarca ferrolá, ao tempo que deu a coñecer a súa obra por Galicia, León, Madrid, Barcelona e Sudamérica. En 1923 tivo lugar na Coruña a súa primeira mostra individual. As súas obras caracterízanse pola limitación dos espacios e pola contraposición dos planos ao tempo que captan o ambiente, a luz e as cores da paisaxe galega, un tanto idealizada. O seu debuxo é firme, feito directamente co pincel, e a mancha de cor enérxica. Das súas numerosas paisaxes pódense destacar Vista de Valdoviño, Paisaxe con ermida e A tarde no val. Cultivou tamén a figuración e realizou autorretratos que raian a caricatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Cánones (1814) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático e decano desta facultade. Exerceu como deputado nas Cortes de 1823 e xubilouse dos seus cargos universitarios en 1866.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (1995) coa tese Aproximación diacrónica e sincrónica ao estudo das sibilantes en galego. Profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (desde 1995), foi bolseiro investigador do Instituto da Lingua Galega (1984-1985), da Escola de Tradutors i d’Intèrprets da Universitat Autónoma de Barcelona (1991) e da Comisión Europea para as linguas menos estendidas. Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas (Cáceres), que obtivo o I Premio do Certamen de Jóvenes Investigadores (1993). Especialista na fala do val do río Eljas (Cáceres), publicou, entre outros, os artigos “Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas” (1998), “Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o ‘galego’ do Val do Río Ellas (Cáceres)” (1999), “Toponimia galega no Val do Río Ellas” (1999), “Tipoloxía...
VER O DETALLE DO TERMO